Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 8 de junio de 2014

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup.

Excelente ambiente o vivido na xornada de hoxe no campo de O Buelo para presenciar o torneo de fútbol 8.

Coa amenaza da climatoloxía comenzou o campionato, e xa dende ben cedo os equipos comenzaron a facer as delicias de tódolos afeccionados. Na xornada matinal desarrollouse as fases de grupo da categoría Alevín e Benxamín, quedando establecido os equipos clasificados para as semifinais, no caso da categoría maior.

Logo da pausa para zantar chegou o prato forte do día coa posta en escena da categoría Biberón, que sen dúbida foron os que máis ánimo recibiron dende as bancadas, unhas bancadas ateigadas de xente durante toda a tarde. A medida que foron chegando o memento das semifinais, foi gañando en emoción o torneo, deixando para o recordo un sinfín de xogadas de callidade e intervención moi meritorias dos gardametas.
Na categoría Biberon resulto gañador o Caldas C.F., inda que todos os participantes engancharon o público que vibrou sobremaneira coas evolución dos máis pequenos.

Na categoría Alevín, o Portero 2000 chegou a final despois de eliminar o equipo anfitrión nun partido moi disputado. O seu rival na final sería o Portas. Ambos equipos disputaron o encontro máis emocionante do torneo e só no treito final o Portero 2000 foi capaz de desfacer a igualada cun fermoso tanto de vaselina. O Portas puido forzar os penaltis pero cando todo parecía que chegaba o empate o travesaño repeliu o disparo e o Portero 2000 proclamouse campión da categoría.

Na categoría intermedia o Moraña CF proclamouse campión despois de superar o Escola de Fútbol de Barro. Ambos equipos disputaron un torneo fantástico. Destacar o terceiro posto acadado polo Moraña CF B, que pese a ser os máis cativos da categoría competiron de maneira fenomenal.

Noraboa os campión e gracias o todos, equipos, pais, colaboradores e patrocinadores.
Vémonos o vindeiro ano!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario