§     
A Consellería de Cultura e
Educación e Turismo de Galicia impulsan esta carteleira xunto con 81 municipios
da rutas xacobeas e co patrocinio de Gadis, no marco da celebración do VIII Centenario
da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
§     
 O delegado territorial da Xunta de Galicia, o director da Agadic e
o xerente do Xacobeo presentaron hoxe as actividades desta segunda edición do
programa na provincia de Pontevedra 
A Xunta de Galicia desenvolve ata
finais de setembro o programa 'Cultura no Camiño 2014', que na provincia de Pontevedra
conta coa participación de 22 concellos para ofrecerlle ao público un total de
88 concertos e representacións escénicas. A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia organizan esta segunda edición do
circuíto, en colaboración con 81 municipios das diferentes rutas xacobeas en
Galicia e co patrocinio de Gadis, como parte das actividades conmemorativas do
VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. 
A programación en Pontevedra foi presentada
hoxe polo delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís; o
director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil; e o
xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. Este ano a provincia incrementou
notablemente a súa representación nesta iniciativa respecto da primeira edición,
celebrada durante o mes de outubro de 2013 coa participación de 14 municipios
que acolleron 23 citas escénicas e musicais. 
Cinco
meses de programación
O delegado territorial da Xunta ofreceu as
cifras de ‘Cultura no Camiño 2014’ na provincia, onde arrancou o pasado 19 de
abril e se prolongará ata o 27 de setembro. Durante estes cinco meses de
actividade, un total de 61 formacións e artistas actuarán nos 22 municipios pontevedreses
do circuíto para conformar unha ampla e heteroxénea oferta cultural: 37
funcións de teatro de actor, monicreques e narración oral, 23 sesións de maxia,
dez de novo circo, unha de danza e 17 concertos. Ademais, destacou nesta
programación a oferta especialmente dirixida ao público infantil e familiar,
que supón un 60% do total das citas.
Segundo explicou, esta carteleira despregarase
en oito concellos da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla (A Illa de Arousa,
Cambados, Catoira, Meaño, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa),
outros oito do Camiño Portugués (Caldas de Reis, Mos, Pontecesures, Pontevedra,
Portas, Redondela, Soutomaior e Tui), catro do Camiño Portugués-Costa (A
Guarda, Baiona, Nigrán e O Rosal), un da Vía da Prata (Silleda) e outro do
Camiño de Inverno (Rodeiro).
Así mesmo, Cores Tourís fixo fincapé en que a
programación de ‘Cultura no Camiño’ na provincia de Pontevedra contribuirá á
descentralización da oferta cultural e achegará os espectáculos e concertos a
miles de espectadores, tanto aos peregrinos do Camiño Portugués como aos
habitantes das vilas xacobeas, que son parte fundamental da acollida e da imaxe
do noso destino.
Conservación,
mantemento e promoción do Camiño
Na súa intervención, o xerente do Xacobeo
asegurou que as actuacións para a conservación, mantemento e promoción do
Camiño son fundamentais para a súa difusión e para incrementar o valor engadido
da experiencia de ser peregrino en Galicia. “Hoxe estamos ante a presentación
dunha acción promocional que incrementa a vertente cultural da experiencia. Un
programa escénico que ademais está enmarcado na programación do VIII Centenario
da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela”, afirmou.
Sánchez Bargiela lembrou, ademais, que o
extenso programa turístico-cultural planificado con motivo desta efeméride
inclúe acontecementos culturais, artísticos e sociais, así como actuacións
relacionadas coa divulgación e coa investigación, así coma iniciativas
relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.
Pola súa banda, o director da Agadic incidiu no
esforzo organizativo e orzamentario de todas as entidades da Administración
autonómica e local implicadas, grazas ao que é posible repetir esta experiecia
por segundo ano consecutivo, así como duplicar o número de concellos inscritos
e mesmo triplicar as actuacións celebradas durante a súa anterior edición.
Neste mesmo sentido, agradeceu tamén a participación de Gadis no proxecto como
empresa patrocinadora.
Financiamento
O financiamento deste programa realízase de
xeito compartido entre a Xunta de Galicia e as administracións locais implicadas
seguindo criterios de poboación. Así, para municipios de máis de 20.000
habitantes, a Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia achegan o
40 por cento dos cachés dos espectáculos, mentres que nos concellos de menos de
20.000 habitantes, a Administración autonómica asume a metade dos custos.
Jacobo Sutil ofreceu, ademais, os datos xerais
de ‘Cultura no Camiño’ que, cun total de 81 municipios galegos inscritos en
2014, supón a vertebración dun extenso circuíto de distribución de producións
escénicas e musicais galegas a través das localidades situados nas diferentes
rutas xacobeas: Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño
Portugués, Camiño de Inverno, Ruta Xacobea do Mar de Arousa-Río Ulla, Camiño
Primitivo, Camiño do Norte e Vía da Prata.
As representacións e concertos que se están a
desenvolver nos devanditos concellos pontevedreses forman parte, pois, dunha
ampla carteleira de 322 actuacións protagonizadas por 134 compañías e artistas.
Suman, en total, 159 representacións de teatro e danza, 74 de maxia, 60
actuacións musicais e 29 de novo circo.
En canto ao resto das provincias, na da Coruña
31 concellos acollen 116 actuacións, na de Lugo, 18 municipios levan aos
escenarios un total de 80 representacións; e na de Ourense, 10 municipios
ofrecen 38 concertos e funcións escénicas.
A programación actualizada pode consultarse na
sección de axenda da páxina web da Agadic: http://www.agadic.info/Axenda
CULTURA
NO CAMIÑO 2014 NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR 
 | 
  
   
DATA 
 | 
  
   
HORA 
 | 
  
   
ESPECTÁCULO 
 | 
 
| 
   
A Guarda 
 | 
  
   
Salón de Actos do Centro Cultural 
 | 
  
   
09/05/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
Talía Teatro: 
Bicos con lingua 
 | 
 
| 
   
A Guarda 
 | 
  
   
Auditorio de San Bieito 
 | 
  
   
29/06/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
Tanxarina: 
Titiricircus 
 | 
 
| 
   
A Guarda 
 | 
  
   
Auditorio de San Bieito 
 | 
  
   
14/08/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Fusionarte: 
Ao ritmo da maxia 
 | 
 
| 
   
A Illa de Arousa 
 | 
  
   
Complexo Sociocultural 
 | 
  
   
25/04/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Magín Blanco: 
A nena e o grilo 
 | 
 
| 
   
A Illa de Arousa 
 | 
  
   
Complexo Sociocultural 
 | 
  
   
19/07/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Tanxarina: 
Os narigudos 
 | 
 
| 
   
A Illa de Arousa 
 | 
  
   
Complexo Sociocultural 
 | 
  
   
23/07/2014 
 | 
  
   
21:30 
 | 
  
   
Malvela: 
Raianas 
 | 
 
| 
   
Baiona 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
12/07/2014 
 | 
  
   
23:00 
 | 
  
   
Os Contos de Joselín 
 | 
 
| 
   
Baiona 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
15/07/2014 
 | 
  
   
23:00 
 | 
  
   
Mago Rafa: 
Momentos máxicos 
 | 
 
| 
   
Baiona 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
18/07/2014 
 | 
  
   
23:00 
 | 
  
   
Orquestra Os Modernos 
 | 
 
| 
   
Caldas de Reis 
 | 
  
   
Praza das Palmeiras 
 | 
  
   
04/07/2014 
 | 
  
   
23:00 
 | 
  
   
Troula Animación: 
Errantes 
 | 
 
| 
   
Caldas de Reis 
 | 
  
   
Praza do Camiño 
 | 
  
   
05/07/2014 
 | 
  
   
23:00 
 | 
  
   
Vai: 
Vai Quinteto 
 | 
 
| 
   
Caldas de Reis 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
18/07/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
A Panadaría: 
Pan! Pan! 
 | 
 
| 
   
Cambados 
 | 
  
   
Pazo Torrado 
 | 
  
   
31/05/2014 
 | 
  
   
17:20 
 | 
  
   
Animar-T: 
A historia de Martín 
 | 
 
| 
   
Cambados 
 | 
  
   
Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns 
 | 
  
   
27/06/2014 
 | 
  
   
21:23 
 | 
  
   
María do Ceo: 
Fado con outro acento 
 | 
 
| 
   
Cambados 
 | 
  
   
Pazo de Torrado (xardíns) 
 | 
  
   
29/08/2014 
 | 
  
   
20:22 
 | 
  
   
Mamá Cabra: 
Patatín Patatán 
 | 
 
| 
   
Catoira 
 | 
  
   
Edificio Multiusos 
 | 
  
   
07/06/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Migallas Teatro: 
Merenda con pan de millo 
 | 
 
| 
   
Catoira 
 | 
  
   
Recinto das Torres de Oeste 
 | 
  
   
03/08/2014 
 | 
  
   
1:00 
 | 
  
   
Troula Animación: 
Errantes 
 | 
 
| 
   
Catoira 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
03/08/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Cé Orquestra Pantasma: 
Home orquestra 
 | 
 
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR 
 | 
  
   
DATA 
 | 
  
   
HORA 
 | 
  
   
ESPECTÁCULO 
 | 
 
| 
   
Meaño 
 | 
  
   
Casa da Cultura 
 | 
  
   
12/05/2014 
 | 
  
   
12:00 
 | 
  
   
A Tropa de Trapo: 
Antía, Wamba e o regato pequeno 
 | 
 
| 
   
Meaño 
 | 
  
   
Centro Social de Dena 
 | 
  
   
14/05/2014 
 | 
  
   
16:50 
 | 
  
   
Artestudio Teatro: 
Feirantes 
 | 
 
| 
   
Meaño 
 | 
  
   
Centro Social de Dena 
 | 
  
   
17/05/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Migallas Teatro: 
Vai ser boa! 
 | 
 
| 
   
Meaño 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
15/07/2014 
 | 
  
   
11:30 
 | 
  
   
Peter Punk: 
Peter Punk 
 | 
 
| 
   
Meaño 
 | 
  
   
Praza do Concello 
 | 
  
   
04/08/2014 
 | 
  
   
11:30 
 | 
  
   
Mago Richard: 
A ferradura máxica 
 | 
 
| 
   
Mos 
 | 
  
   
Multiusos das Pozas de Petelos 
 | 
  
   
01/06/2014 
 | 
  
   
20:21 
 | 
  
   
Malvela: 
Raianas 
 | 
 
| 
   
Mos 
 | 
  
   
Multiusos das Pozas de Petelos 
 | 
  
   
14/06/2014 
 | 
  
   
20:21 
 | 
  
   
Moxenas Musical Galego: 
Homenaxe a Nazario González 
 | 
 
| 
   
Mos 
 | 
  
   
Multiusos das Pozas de Petelos 
 | 
  
   
15/06/2014 
 | 
  
   
20:21 
 | 
  
   
Migallas Teatro: 
Un avó especial 
 | 
 
| 
   
Nigrán 
 | 
  
   
Salón de Actos do Concello 
 | 
  
   
27/04/2014 
 | 
  
   
18:30 
 | 
  
   
EducaTeatro Producións: 
Os tres porquiños 
 | 
 
| 
   
Nigrán 
 | 
  
   
Salón de Actos do Concello 
 | 
  
   
20/06/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Felipe Villar Trío 
 | 
 
| 
   
Nigrán 
 | 
  
   
 Nigrán 
 | 
  
   
04/07/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
Dani García: 
Don Gelati 
 | 
 
| 
   
Nigrán 
 | 
  
   
 Nigrán 
 | 
  
   
10/07/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
Títeres Cascanueces: 
O fillo do panadeiro 
 | 
 
| 
   
Nigrán 
 | 
  
   
 Nigrán 
 | 
  
   
12/08/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
A Xanela do Maxín: 
Titeremusicontos 
 | 
 
| 
   
O Grove 
 | 
  
   
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras 
 | 
  
   
30/08/2014 
 | 
  
   
22:23 
 | 
  
   
Claro que si: 
Queimada folk 
 | 
 
| 
   
O Grove 
 | 
  
   
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras 
 | 
  
   
30/08/2014 
 | 
  
   
23:24 
 | 
  
   
Lorena Lores: 
Galicia meiga 
 | 
 
| 
   
O Grove 
 | 
  
   
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras 
 | 
  
   
31/08/2014 
 | 
  
   
13:14 
 | 
  
   
Brincadeira Grupo de Baile e Música Tradicionais 
 | 
 
| 
   
O Grove 
 | 
  
   
Almacén Vello nas Salgadeiras de Moreiras 
 | 
  
   
31/08/2014 
 | 
  
   
16:18 
 | 
  
   
Carapaus: 
Animación de rúa 
 | 
 
| 
   
O Rosal 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
25/05/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Barafunda: 
Maxia branca (maxia clown) 
 | 
 
| 
   
O Rosal 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
14/06/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Hércules Brass Quinteto de Metais: Os
  superhércules 
 | 
 
| 
   
O Rosal 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
27/09/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Fulano Megano e Citano: 
Viva a crise! 
 | 
 
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR 
 | 
  
   
DATA 
 | 
  
   
HORA 
 | 
  
   
ESPECTÁCULO 
 | 
 
| 
   
Pontecesures 
 | 
  
   
A Plazuela 
 | 
  
   
04/07/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Martín Camiña 
 | 
 
| 
   
Pontecesures 
 | 
  
   
Praza dos Valeiros-Porto 
 | 
  
   
20/08/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Creacións Máxicas Lirolai: Feitizo 
 | 
 
| 
   
Pontecesures 
 | 
  
   
A Plazuela 
 | 
  
   
05/09/2014 
 | 
  
   
12:00 
 | 
  
   
Seisdedos Títeres: 
O paporrubio na granxa 
 | 
 
| 
   
Pontecesures 
 | 
  
   
Centro Social 
 | 
  
   
20/09/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Fulano Megano e Citano: 
Viva a crise! 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Rúas do centro histórico 
 | 
  
   
06/08/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Troula Animación: 
A invasión pirata 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Praza do Teucro 
 | 
  
   
11/08/2014 
 | 
  
   
19:30 
 | 
  
   
Os Tres Tenedores: 
Ensalada de instrumentos 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Praza do Teucro 
 | 
  
   
12/08/2014 
 | 
  
   
19:30 
 | 
  
   
A Tropa de Trapo: 
Antía, Wamba e o regato pequeno 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Praza do Teucro 
 | 
  
   
15/08/2014 
 | 
  
   
19:30 
 | 
  
   
Expresión Produccions: 
Chapuzas a domicilio 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Praza do Teucro 
 | 
  
   
16/08/2014 
 | 
  
   
19:30 
 | 
  
   
Javier Muro - Eventos Mágicos: 
Fantasía máxica 
 | 
 
| 
   
Pontevedra 
 | 
  
   
Praza do Teucro 
 | 
  
   
17/08/2014 
 | 
  
   
19:30 
 | 
  
   
Seisdedos Títeres: 
Cocer e cantar 
 | 
 
| 
   
Portas 
 | 
  
   
Teleclube de Lantaño 
 | 
  
   
27/04/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Ilusionista Pedro Volta: 
Ilusionarte 
 | 
 
| 
   
Portas 
 | 
  
   
Casa da Cultura de Porta de Conde 
 | 
  
   
04/05/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Martin Andersen: 
IlusionArte 
 | 
 
| 
   
Portas 
 | 
  
   
Teleclube Romai 
 | 
  
   
08/06/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
A Illa dos Nenos: 
Chapuzas a domicilio 
 | 
 
| 
   
Portas 
 | 
  
   
Azucreira de Portas 
 | 
  
   
20/07/2014 
 | 
  
   
18:30 
 | 
  
   
Pistacatro Produtora de Soños: 
Petit Cabaré Pistacatro 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
19/06/2014 
 | 
  
   
17:00 
 | 
  
   
Pistacatro Produtora de Soños: 
Up 2 Down 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
19/06/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Peter Punk: 
Peor imposible 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
20/06/2014 
 | 
  
   
17:00 
 | 
  
   
Dani García:Don Gelati 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
20/06/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Barafunda: 
Maxia branca (maxia clown) 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
01/08/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Cayetano Lledó: 
O peregrino máxico 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
01/08/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Culturactiva: 
Pistactiva - Combinado de Circo Galego 
 | 
 
| 
   
Redondela 
 | 
  
   
Xardíns da Alameda 
 | 
  
   
01/08/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Fusionarte:Ao ritmo da maxia 
 | 
 
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR 
 | 
  
   
DATA 
 | 
  
   
HORA 
 | 
  
   
ESPECTÁCULO 
 | 
 
| 
   
Ribadumia 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
19/04/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Teatro Avento: 
Laranxus7 
 | 
 
| 
   
Ribadumia 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
20/04/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Martín Camiña: 
Feitizo 
 | 
 
| 
   
Ribadumia 
 | 
  
   
Auditorio Municipal 
 | 
  
   
04/05/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Luís Zahera: 
Chungo 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
23/05/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Hermanager Producións: 
Kiriocreques 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
27/06/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
A Illa dos Nenos: 
A maleta viaxeira 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
11/07/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Fulano Megano e Citano: 
Viva a crise! 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
25/07/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Dani García: 
Don Gelati 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
22/08/2014 
 | 
  
   
20:00 
 | 
  
   
Malasombra Producións: 
Go on! 
 | 
 
| 
   
Rodeiro 
 | 
  
   
Auditorio Municipal. Casa da Cultura 
 | 
  
   
05/09/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Martin Andersen: 
IlusionArte 
 | 
 
| 
   
Sanxenxo 
 | 
  
   
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I 
 | 
  
   
19/07/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Ilusionista Pedro Volta: 
Ilusionarte 
 | 
 
| 
   
Sanxenxo 
 | 
  
   
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I 
 | 
  
   
24/07/2014 
 | 
  
   
22:30 
 | 
  
   
Avelaíña 
 | 
 
| 
   
Sanxenxo 
 | 
  
   
Praza dos Barcos. Porto Deportivo Juan Carlos I 
 | 
  
   
02/08/2014 
 | 
  
   
22:30 
 | 
  
   
A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo: Sen medo!!! 
 | 
 
| 
   
Silleda 
 | 
  
   
Siador 
 | 
  
   
29/06/2014 
 | 
  
   
20:30 
 | 
  
   
Os Sete Magníficos + 1: 
Dous pallasos en máis apuros 
 | 
 
| 
   
Silleda 
 | 
  
   
Silleda 
 | 
  
   
12/07/2014 
 | 
  
   
18:00 
 | 
  
   
Viravolta Títeres: 
O frautista de Hamelín 
 | 
 
| 
   
Silleda 
 | 
  
   
Bandeira 
 | 
  
   
13/09/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Culturactiva: 
Sede de mal 
 | 
 
| 
   
Soutomaior 
 | 
  
   
Alameda Talo Río 
 | 
  
   
28/06/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
A Illa dos Nenos: 
Maxia no Camiño 
 | 
 
| 
   
Soutomaior 
 | 
  
   
Alameda Talo Río 
 | 
  
   
13/07/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Compañia Asacocirco: 
Casal en risco 
 | 
 
| 
   
Soutomaior 
 | 
  
   
Alameda Talo Río 
 | 
  
   
08/08/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Chrystyan Magic: 
A casiña da maxia na rúa 
 | 
 
| 
   
Soutomaior 
 | 
  
   
Alameda Talo Río 
 | 
  
   
14/08/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Magín Blanco: A nena e o grilo 
 | 
 
| 
   
Soutomaior 
 | 
  
   
Alameda Talo Río 
 | 
  
   
22/08/2014 
 | 
  
   
21:00 
 | 
  
   
Os Tres Tenedores: 
Cocido sinfónico 
 | 
 
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR 
 | 
  
   
DATA 
 | 
  
   
HORA 
 | 
  
   
ESPECTÁCULO 
 | 
 
| 
   
Tui 
 | 
  
   
Paseo da Corredoira 
 | 
  
   
17/05/2014 
 | 
  
   
16:30 
 | 
  
   
Seisdedos Títeres: 
O paporrubio na granxa 
 | 
 
| 
   
Tui 
 | 
  
   
Paseo da Corredoira 
 | 
  
   
17/05/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Roi Sixto: 
Roi O Cagabolas 
 | 
 
| 
   
Tui 
 | 
  
   
Praza do Pracer 
 | 
  
   
14/09/2014 
 | 
  
   
13:00 
 | 
  
   
Baobab Teatro: 
Sesión de contos 
 | 
 
| 
   
Tui 
 | 
  
   
Praza do Pracer 
 | 
  
   
14/09/2014 
 | 
  
   
17:00 
 | 
  
   
Circo Expreso: 
Un día de praia 
 | 
 
| 
   
Tui 
 | 
  
   
Praza do Pracer 
 | 
  
   
14/09/2014 
 | 
  
   
19:00 
 | 
  
   
Pesdelán: 
Concerto baile 
 | 
 
| 
   
Vilanova de Arousa 
 | 
  
   
Praza Xardín Umbrio 
 | 
  
   
05/07/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
A Illa dos Nenos: 
Chapuzas a domicilio 
 | 
 
| 
   
Vilanova de Arousa 
 | 
  
   
Praza do Xardin Umbrio 
 | 
  
   
12/07/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Yuma El Malabarista: 
Yuma El Malabarista 
 | 
 
| 
   
Vilanova de Arousa 
 | 
  
   
Praza do Castro 
 | 
  
   
02/08/2014 
 | 
  
   
22:00 
 | 
  
   
Banda artística de Merza: 
Concerto de música española 
 | 
 
| 
   
Vilanova de Arousa 
 | 
  
   
Praza do Xardín Umbrio 
 | 
  
   
03/08/2014 
 | 
  
   
22:15 
 | 
  
   
Culturactiva: 
Sede de mal 
 | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario