· As obras serán de
tema libre, inéditas, realizadas en calquer material e non superiores a 120
centímetros de alto e 80 de longo e ancho
· A Escola de
Canteiros mostrará 55 pezas no Casal de Ferreirós a partires do vindeiro sábado
O vindeiro día 15 de xuño, domingo, remata o
prazo aberto pola Asociación Cultural Francisco Asorey, de Cambados, para que
artistas xoves, menores de 30 anos, poidan presentar unha obra escultórica da
súa autoría ao I Certame de Escultura convocado pola citada asociación en
colaboración coa Deputación de Pontevedra e outras entidades, e dotado cun
premio de 6.000 euros.
Cada participante no certame _cuias bases
pódense ver en www.franciscoasorey.es_ poderá presentar
unha única obra escultórica, de tema libre, inédita, orixinal e non presentada
a ningún outro certame, mostra ou exposición pública.
Material
e dimensións
As obras poderán estar realizadas en calquer
material _pedra, madeira, escaiola, barro, ferro, aceiro, etc._ e as súas
dimensións non poderán ser superiores a 120 centímetros de alto, 80 de longo e
80 de ancho.
Os interesados en participar no concurso
poderán inscribirse mediante soporte electrónico no enderezo antes citado. A
inscrición deberá conter tres imaxes da peza en formato dixital e un currículo
personal do autor cun máximo de 1.500 caracteres.
O premio do certame será de 6.000 euros e
implica a exposición de traballos do autor perante un mes nunha sala de
exposicións coa posibilidade de venda. Haberá tamén dous accésits.
O xurado estará formado por relevantes
personalidades do mundo artístico e cultural e o fallo faráse público en
Cambados o vindeiro 2 de xullo. A obra premiada pasará a ser propiedade da
Asociación Cultural Francisco Asorey e poderá ser destinada a ornato público en
espazos públicos ou prazas da vila de
Cambados.
A
Escola de Canteiros no Casal de Ferreirós
Doutra banda, o vindeiro 14 de xullo será
inaugurada unha exposición da Escola de Canteiros da Deputación no Casal de
Ferreirós, en Poio. A mostra recollerá traballos de alumnos do periodo escolar
2013-2014 e estará aberta ata o vindeiro 26 de xuño.
En total, mostraránse 55 pezas, das que 29
son escaiolas policromadas e 26 de granito. Estarán distribuidas entre o
exterior, a planta baixa e a alta do Casal de Ferreirós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario