§ As unidades móbiles de ADOS visitarán a presente
semana máis de 30 concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado
abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
convida a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á primeira ponte
festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase
incrementar o volume de doazóns dos tipos A Positivo e Cero Positivo, xa que,
no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades destes
grupos sanguíneos. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade
de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns do grupo Cero Negativo,
popularmente coñecido como doador universal.
Os períodos
vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á
participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de
doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte
dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano,
precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir a axeitada de
compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue, visitarán ao longo da presente semana, máis de 30 concellos
galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento
do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo
coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes
desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Luns 3 de decembro
|
Moeche, Carballo, Santa Cristina
(Oleiros), Sigüeiro (Oroso), Negreira, Lourenzá, Bº Mariñamansa (Ourense),
Caldas de Reis, Moaña e Bº Teis (Vigo)
|
Martes 4 de decembro
|
Mugardos, Carballo, Praza Conchiñas (A
Coruña), Pobra do Caramiñal, Parlamento de Galicia, Ribadeo, A Valenzá
(Barbadás), A Guarda, Meis e Zona O Calvario (Vigo)
|
Mércores 5 de decembro
|
As Pontes, Betanzos, Zas (Baio),
Ribeira, Olveira e Castiñeiras (Ribeira), Viveiro, O Carballiño, Cangas do
Morrazo, Lalín e Zona O Calvario (Vigo)
|
Venres 7 de decembro
|
Praza de España (Ferrol),
Cantón-Obelisco (A Coruña), Zas, Ribeira, Aguiño (Ribeira), Viveiro, Verín.
Arbo, Lalín e Nigrán
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar
sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
(Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A
Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns de 8:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Como
colaborar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18
anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido
enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que
permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a
súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook e
Twitter), unha páxina web: ados.sergas.gal e tamén é posible
chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida
relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das
unidades móbiles: 900 100 828
SAÚDOS
GABINETE DE
COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE
No hay comentarios:
Publicar un comentario