A Deputación de Pontevedra deixa sen axudas á Escola de Música de Barro (EMBA) - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 12 de diciembre de 2018

A Deputación de Pontevedra deixa sen axudas á Escola de Música de Barro (EMBA)



ESCOLAS DE MÚSICA DE PONTEVEDRA, VIGO, DEZA, O CONDADO, BAIXO MIÑO E O SALNÉS ACADAN FINANCIACIÓN PARA PROFESORADO E ACTIVIDADES DOCENTES
A liña de axudas, convocada polo departamento provincial de Cultura e Lingua, está dotada cun orzamento de 80.000 euros
A Xunta do Goberno vén de aprobar a resolución da liña de axudas a escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, e a través da cal se aproban as solicitudes de 14 escolas destas características. Hai que lembrar que esta liña foi convocada polo departamento de Cultura e Lingua co obxecto subvencionar o funcionamento e profesorado, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de musica dependentes de entidades sen ánimo de lucro que tiveran entre os seus obxectivos a formación musical e que estean radicadas na provincia de Pontevedra.
No concello de Pontevedra aprobouse a solicitude da Escola Músico Cultural San Martiño de Salcedo cun importe de 6.414 euros e no Vilaboa a da Asociación Cultura e Musical ‘Escola de Música de Vilaboa’ con 5.790 euros. Na comarca do Deza foi aprobada a solicitude da escola da Banda de Lalín con 3.563 euros. Na comarca de Vigo foron aprobadas 6 solicitudes: a escola da Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, con 6.859; a da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, en Mos, con 7.572 euros; a de Amigos da Música de Salceda de Caselas con 5.968 euros; a da Unión Musical de Coruxo, en Vigo, con 4.008 euros; a da Unión Musical de Valadares de Vigo con 6.236 euros; a da Asociación da Banda Escola de Música de Beade, en Vigo, con 6.414. En O Condado aprobáronse as solicitudes da escola da Banda Xuvenil de Xinzo con 6.681 euros e a da Banda de Música La Unión de Guláns con 4.276 euros, ambas do concello de Ponteareas, e a da escola da Banda de Música de Rubiós, en As Neves, con 5.523 euros. No Baixo Miño aprobouse a solicitude da escola da Agrupación Musical de O Rosal con 6.859 euros, e no Salnés a da Asociación Pro-Escola de Música Concello de Vilanova de Arousa con 3.830 euros.
A partida orzamentaria para esta liña era de 80.000 euros e a súa concesión se realizou en réxime de concorrencia competitiva. Para a adxudicación tivéronse en conta catro criterios: o número de alumnas e alumnos matriculados no curso 2017-2018; o número de docentes; o orzamento da escola de música; e o grao de desenvolvemento artístico na zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario