A XUNTA APROBA 109 AXUDAS DE CONCILIACIÓN POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 15 de diciembre de 2018

A XUNTA APROBA 109 AXUDAS DE CONCILIACIÓN POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA










§  O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución das solicitudes que suma un total de 554.000 euros, dos cales 211.919 corresponden a homes ou familias monoparentais pontevedreses

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da orde de axudas destinada a homes traballadores e familias monoparentais que decidan acollerse á redución de xornada para coidar dos seus fillos e fillas. O orzamento, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ascendeu en Galicia a un total de 554.000 euros, un 25% máis que o ano pasado, dos cales, 211.919  euros foron concedidos a solicitantes da provincia de Pontevedra.

En concreto, acolléronse a estas axudas 109 persoas beneficiarias, dos cales 75 eran homes (o 68,8%) e 34 mulleres (o 31,2%).

A Xunta de Galicia recorda que o desequilibrio no reparto dos tempos de reprodución e coidado produce efectos negativos na empregabilidade e promoción persoal de homes e mulleres. Por iso, o obxectivo destas axudas é fomentar a corresponsabilidade, ao mesmo tempo que se favorece a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

A contías das axudas determínanse en función da porcentaxe da redución da xornada e a súa duración, e o número de fillos a cargo da persoa solicitante, oscilando a mínima de 1.700 e a máxima de 3.700 euros.

Foron beneficiarios con estas axudas, os homes ou familias monoparentais que se acolleron á medida de redución da xornada entre o 1 de xuño de 2017 e o 30 de xuño de 2018 e que teñan ao seu coidado unha filla ou fillo menor de 3 anos, ou menor de 12 anos naqueles casos nos que padeza unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Tamén puideron acollerse aquelas persoas que adoptasen a un neno ou nena ou nos casos nos que estea na modalidade de acollemento familiar permanente ou preadoptivo. Nestes supostos, non poderá ter transcorrido máis de 3 anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo deberá ser menor de 12 anos.

Desde 2009 ata 2017 o orzamento global destinado a estas axudas ascendeu a máis de 4,5 millóns de euros -aos que agora se sumarán os 554.000 desta convocatoria- e foron beneficiarios das mesmas máis de 2.000 persoas, dos que o 75% foron homes (1.513) e o 25% mulleres (492)
Para a Xunta, o fomento da corresponsabilidade é unha prioridade nas políticas de igualdade. Neste sentido, cómpre recordar que o Goberno galego aprobou o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, que inclúe un cento medidas concretas. Galicia converteuse así na primeira comunidade autónoma en contar cunha ferramenta de planificación destas características.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario