§ Alumnado de entre 3 e 7 anos de 32
concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e
20 de decembro
§ Por undécimo ano consecutivo a rede
CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia
Entre os días 10 e 20 de decembro
1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán
realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de
videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Así, os
escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os
primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio
de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha
duración de media hora en cada localidade.
Por toda Galicia
Nos
seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas
CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz,
Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas,
Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense,
Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía,
Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que
recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un1.478 total de 48 sesións
Ademais dos
alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a
posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior
de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o
alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa
O obxectivo
desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta
cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a
comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán
falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se
atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este
tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas
aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as
posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da
que dispoñen.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT
(Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está
integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de
promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención
aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital
entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade
da información.
Ademais do
Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e
divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e
outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a
maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita
o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e
asesoramento dun axente especializado.
A listaxe
completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
*Xúntase cadro cos horarios de
conexión de cada aula
LUNS
10 DECEMBRO |
||
10:00
|
MUROS
|
EEI
DE MUROS
|
10:30
|
CELANOVA
|
SAGRADO
CORAZÓN
|
11:00
|
MARÍN
|
EEI O GRUPO
|
12:30
|
BARREIROS
|
C.E.I.P.
San Cosme
|
MARTES
11 DECEMBRO |
||
10:00
|
VALGA
|
CRA
VALGA
|
10:30
|
CASTRELO DE MIÑO
|
CEIP
CASTRELO MIÑO
|
11:00
|
BOIRO
|
CEIP
SANTA BAIA
|
11:30
|
BOIRO
|
CEIP
SANTA BAIA
|
12:00
|
VALGA
|
CRA
VALGA
|
MÉRCORES
12 DECEMBRO |
||
10:30
|
BARREIROS
|
C.E.I.P.
San Miguel
|
11:00
|
ARZÚA
|
CEIP
ARZÚA
|
11:30
|
BANDE
|
CAS
BANDE
|
XOVES
13 DECEMBRO |
||
10:00
|
PONTEDEUME
|
CPI ATOCHA
|
10:30
|
PONTEDEUME
|
CPI ATOCHA
|
11:00
|
SARREAUS
|
CPI
de Sarreaus
|
11:30
|
BETANZOS
|
PAI
MENI - Ed. Especial
|
12:00
|
XUNQUEIRA DE AMBIA
|
Colegio
Padre Crespo
|
VENRES
14 DECEMBRO |
||
10:30
|
NEGREIRA
|
FUNDACION
DISCAPACITADOS PSIQUICOS VAL DE BARCALA
|
11:00
|
CELANOVA
|
CURROS
ENRÍQUEZ
|
11:30
|
BETANZOS
|
Escola
Infantil Municipal
|
12:00
|
FERROL
|
CEIP
Recimil
|
12:30
|
ARZÚA
|
NOSA
SRA. ROSARIO
|
13:00
|
NEGREIRA
|
CEIP
O COTO
|
LUNS
17 DECEMBRO |
||||
10:00
|
ORTIGUEIRA
|
CEIP
José Mª Lage
|
||
10:30
|
SANTA COMBA
|
CPR
Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada
|
||
11:00
|
FISTERRA
|
MAR
DE FORA / AREOUTA
|
||
11:30
|
ORTIGUEIRA
|
CEIP
José Mª Lage
|
||
12:00
|
FISTERRA
|
NOSA
SEÑORA DO CARME
|
||
12:30
|
LEIRO
|
C.E.I.P.
Emilia Pardo Bazán
|
||
MARTES
18 DECEMBRO |
||||
10:00
|
OURENSE
|
CEIP
As Mercedes
|
||
10:30
|
CAÑIZA, A
|
CPI
DA CAÑIZA
|
||
11:00
|
ABEGONDO
|
CEIP
SAN MARCOS
|
||
11:30
|
CAÑIZA, A
|
CEIP
DE VALEIXE
|
||
12:00
|
CERCEDA
|
CPI O
CRUCE
|
||
12:30
|
VILAGARCÍA
|
CPR
SAN FRANCISCO
|
||
13:00
|
VILAGARCÍA
|
CEE
VILAGARCIA - disc. Funcional
|
||
|
|
|
||
|
|
|
||
|
||||
MÉRCORES
19 DECEMBRO |
||||
10:30
|
CERCEDA
|
CPI O
CRUCE
|
||
11:00
|
VIMIANZO
|
CEIP
SAN VICENZO
|
||
11:30
|
VICEDO, O
|
CEIP
O VICEDO
|
||
12:00
|
VIMIANZO
|
CEIP
SAN VICENZO
|
||
12:30
|
CATOIRA
|
CPI
PROGRESO DE CATOIRA
|
||
13:00
|
VICEDO, O
|
CEIP
O VICEDO
|
||
XOVES
20 DECEMBRO |
||||
10:00
|
NARÓN
|
A
SOLAINA
|
||
10:30
|
NARÓN
|
A
SOLAINA
|
||
11:00
|
BEARÍZ
|
CEIP
de BEARÍZ
|
||
11:30
|
CARBALLEDO
|
CEIP
XOSE LUIS TABOADA
|
||
12:00
|
CASTRO CALDELAS
|
CEIP
VIRXE DOS REMEDIOS
|
||
12:30
|
QUIROGA
|
CEIP
DE QUIROGA
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario