Esta clasificación constitúe o paso
previo para poder acceder o próximo ano ás novas bolsas de deporte da institución provincial
A
Deputación de Pontevedra vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as
bases reguladoras para a obtención da categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN)
e deportista promesa (DEPO-PROMESA) da provincia, condición necesaria para
poder optar o próximo ano as novas bolsas a deportistas que estarán baseadas no
principio de igualdade, eixo transversal da acción política do goberno
provincial, co mesmo número para mulleres e homes, así como para persoas con
diversidade funcional. Estas axudas repartiranse entre as e os aspirantes
segundo os resultados deportivos que cada un deles ou delas obtiveran durante
os anos 2017 e 2018.
As
categorías buscan crear unha imaxe de marca provincial para fomentar e
recoñecer ás e aos deportistas ao abeiro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación.
Deste xeito, para a obtención da categoría de DEPO-DAN será preciso levar polo
menos desde o 1 de xaneiro deste ano empadroada ou empadroado na provincia de
Pontevedra ou ter nacido nela, ser maior de 16 anos, acreditar estar en
posesión da cualificación de deportista de alto nivel autonómico ou estatal na
última lista publicada antes da publicación das citadas bases, posuír unha
licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega dunha
modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria, e non
estar cumprindo sanción deportiva firme de carácter moi grave, ou
administrativa en materia deportiva grave ou moi grave, tanto no momento da
solicitude como durante o goce dos beneficios da mesma.
No caso
de querer optar á condición de DEPO-PROMESA, a ou o deportista terá que ter
entre 12 e 16 anos. Dos puntos mencionados no anterior apartado, substitúese o
de ter acreditado a cualificación de deportista de alto nivel por acreditar o
nivel esixido pola Deputación de Pontevedra en base aos criterios de valoración
que se especifican na convocatoria (un mínimo de 25 puntos nunha serie de entre os que se atopan a puntuación obtida nos
distintos campionatos nos que participaron ou se foron convocadas ou convocados
pola selección nacional da súa modalidade deportiva); e engádese o de non estar
inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade
para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das
prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei. As solicitudes
poderán presentarse nos 20 días hábiles a publicación desta convocatoria no
BOPPO, é dicir, até o 4 de xaneiro de 2019, tanto a través da formulario
normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Deputación, así como a través dos
lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común.
Para
participar no proceso será necesario presentar a seguinte documentación: o
modelo de solicitude, ao certificado polo órgano competente de estar en posesión do recoñecemento de
deportista de alto nivel autonómico ou estatal ou certificado da federación
correspondente no que se recollan os criterios de valoración sobre
clasificacións en diferentes probas
deportivas, e o certificado de posesión da licenza federativa expedido pola
federación deportiva autonómica ou nacional correspondente para o ano 2018. A
Deputación consultará os datos incluídos nos documentos elaborados polas
administracións públicos: NIF, certificación de residencia e certificado de
nacemento das persoas solicitantes. En caso de que as persoas interesadas non
queiran que estes datos sexan consultados pola Deputación, deberán presentar
tamén esta documentación xunto a anteriormente citada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario