Acaba de rematar o proceso de recuperación da antiga escola de Barro para convertela nun centro social. Esta actuación, que na súa segunda fase contou cun orzamento de 59.985 euros, financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación, xa está rematada, polo que vai ser inaugurada mañá nun evento aberto á veciñanza.
A recuperación do edificio da escola acompañouse co acondicionamento e a construción dun parque infantil dentro do seu recinto para converter ese espazo nun lugar de convivencia veciñal.
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/concello-completa-estrea-rehabilitacion-da-casa-escola-barro/20181121514341013858.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario