§ En total, foron 25.200 luvas, 36.200
máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza
§ Unha partida que se suma á enviada a semana
pasada, cando se entregaron un total de 68.190 unidades de material de
protección con destino a estes mesmos centros
A Xunta de Galicia vén de enviar 64.773
unidades de material de protección a 65 centros sociais da área territorial de
Pontevedra. En conxunto, foron 25.200 luvas, 36.200
máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así
como diverso material de limpeza e desinfección como xel hidroalcohólico
ou garrafas de desinfectante.
Asemade, deste último envío queda pendente a entrega de 2.100 calzas e
700 gorros.
Unha partida que se suma á enviada a pasada semana, cando entregáronse
un total de 68.190 unidades de material de protección con destino a estes mesmos
centros. Deste xeito, repartíronse 24.800 luvas, 39.850 máscaras cirúrxicas,
así como batas, mandís e gorros, xunto a botes de xel hidroalcohólico e
garrafas de desinfectante.
A
Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre
estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso,
foi
inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario