§ O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís recorda á
presidenta da institución provincial a gravidade da crise e pídelle que deixe a
un lado a política de confrontación
§ Insístelle na necesidade de colaboración para achegarl material de
protección á plataforma loxística
§ Recórdalle que a Xunta de Galicia repartirá esta semana 100.000
mascarillas, 15.000 traxes e 50.000 guantes aos concellos de toda a comunidade
autónoma a través de Clonegal
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, instou hoxe á Deputación de Pontevedra a manter a unidade institucional na loita contra
o coronavirus.
“Por segundo día consecutivo asistimos, con sorpresa, ao intento da
institución provincial de romper esta unidade”, explicou Cores Tourís, quen
insistiu na importancia de que a presidenta da Deputación pontevedresa sexa
“dunha vez por todas”consciente da gravidade da crise que estamos a afrontar e
deixe a política de confrontación”.
O delegado territorial pídelle a Carmela Silva que participe na
colaboración entre Xunta de Galicia e Fegamp, que dende a semana pasada
permitiu repartir 22.000 mascarillas, 10.000 traxes e 300.000 luvas ao 80% dos
concellos galegos.
“Dende a administración autonómica pedímoslle que se quere colaborar
achegue material para que se distribúa dende a plataforma loxística, Clonegal,
posta en marcha dende a Xunta e que permitirá repartir a próxima semana 100.000
mascarillas, 15.000 traxes e 50.000 luvas”, continuou o responsable
territorial.
José Manuel Cores Tourís matiza que a crise do coronavirus “non entende
de confrontacións políticas. Os recursos e tempo destinado a contestar á
Deputación de Pontevedra son recursos e tempo que non se dedican ao
verdadeiramente importante”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario