A XUNTA ENVÍA 38.572 NOVAS UNIDADES DE PROTECCIÓN AOS CONCELLOS DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 9 de abril de 2020

A XUNTA ENVÍA 38.572 NOVAS UNIDADES DE PROTECCIÓN AOS CONCELLOS DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA




§  Dende o inicio do reparto a sede autonómica pontevedresa repartiu 97.580 luvas, 48.404 máscaras cirúrxicas, 4.697 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección
§  O goberno galego xa enviou ao concello de Pontevedra case 22.900 unidades de material de protección   
§  A administración autonómica reitera que todo o material entregado foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado

A Xunta, a través da delegación territorial de Pontevedra, enviou nun segundo reparto 39.572 novas unidades de material de protección aos concellos dependentes da mesma. En total, foron 14.900 máscaras quirúrxicas, 22.900 guantes e 288 traxes antisalpicaduras.

A día de hoxe, achegáronse aos concellos da área territorial 97.580 luvas, 48.404 máscaras, 439 botes de xel hidroalcohólico, 2.869 traxes antisalpicaduras, 980 batas, 17 garrafas de desinfectante e 392 unidades de lixivia. No reparto, priorizouse inicialmente aos concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos.
No que respecta ao Concello de Pontevedra, ata o de agora enviáronse case 22.900 unidades de material de protección en conxunto. Así, nun primeiro envío foron 5.164 mascarillas, 10.000 guantes e 82 traxes. Ademais, o concello xa recibiu tamén o segundo envío que supón un total de 7.623 unidades de protección, en concreto 5.000 luvas, 41 traxes e 2.500 mascarillas.
O material está sendo destinado aos concellos para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, en Protección Civil e Policía Local, así como outros servizos municipais esenciais, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios.
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida,  Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan. 
    


No hay comentarios:

Publicar un comentario