Queridos veciños e veciñas:
Ante a falta de iniciativas, e a vista do pasotismo e oscurantismo coa que o grupo de goberno de Barro está a afrontar esta grave crise sanitaria, o Grupo Municipal do Partido Popular de Barro logo de recibir numerosas queixas por parte dos veciños, e co fin de cumprir canto antes coas recomendacións que están a facer as autoridades sanitarias e protexer a veciñanza de novos contaxios, ven de despregar un operativo especial para levar a cabo a desinfección de varios espazos públicos e aldeas do noso concello.
Neste sentido, o Partido popular de Barro quere agradecer a
colaboración prestada de forma desinteresada por empresas e particulares
cualificados do noso concello nestas tarefas de desinfección que se
levaron a cabo no día de onte, así como tamén as aportacións económicas
feitas polos propios concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular
corespondentes as súas retribucións por asistencias a plenos e
comisións.
Dende o PP de Barro preguntámonos onde está a partida destinada pola Deputación Provincial de Pontevedra ao concello de Barro para desinfección, material de protección ou merca de alimentos, dado que a Presidenta da Deputación asegura que o concello de Barro xa a recibiu na súa integridade.
O Grupo Municipal do PP de Barro quere que se lle garanta á veciñanza a “seguridade sanitaria que precisa e merece o noso concello”, e para elo pide o goberno do BNG de Barro que non nos considere como os seus rivais políticos, senón como os seus aliados, porque o pobo de Barro estanos a pedir que xuntos o axudemos a sacalo desta crítica situación.
Por todo elo, queremos volver a tenderlle unha vez máis a man o goberno do BNG de Barro, a pesares de que no la rexeitara en varias ocasións anteriores, para xuntos poder traballar co mesmo fin, e decir, axudar e sacar adiante os veciños de Barro desta grave crise sanitaria e económica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario