§
O Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns
deste material de protección que será repartido a través das confederacións de
empresarios, colexios profesionais e clusters
A Xunta de Galicia, a través da Delegación
territorial de Pontevedra e da Delegación territorial de Vigo, están a realizar
un reparto de 332.000 mascarillas entre as pequenas e medianas empresas da
provincia.
En total, o
Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste
material de protección que será repartido a través das confederacións de
empresarios, colexios profesionais e clusters.
Con
esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás empresas
de cara a colaborar para que o persoal que volveu aos seus postos de traballos
poidan contar co material necesario para garantir a súa seguridade sanitaria.
Cabe destacar que o material está a ser facilitado ao mesmo
prezo ao que o adquire a Xunta. Esta medida está sendo moi valorada polo
beneficiarios ante a
imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material
de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado .
Este material vense a sumar ao que xa se está a enviar, dende
fai semanas tanto a concellos como a residencias e entidades sociais.
Este sistema de distribución foi un dos puntos
aprobados o luns, 13 de abril, no seo da quinta reunión do Centro de
Coordinación Operativa (Cecop), onde se indicou que o Goberno galego
subministrará máscaras ás empresas e os autónomos que o soliciten. Este reparto
de material de protección está chegando a sectores como o alimentario e as
distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra
e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call
center, autónomos e comerciantes.
O reparto
estase realizando desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal),
que é a que se ocupa de tódolos envíos de material que non ten que ver con
centros médicos e hospitalarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario