A XUNTA LEVA ENTREGADAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 358.897 UNIDADES DE MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA FACER FRONTE AO COVID-19 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 27 de abril de 2020

A XUNTA LEVA ENTREGADAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 358.897 UNIDADES DE MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA FACER FRONTE AO COVID-19



§  Segundo informou José Manuel Cores Tourís, no eido da Delegación Territorial de Pontevedra, dende o inicio do reparto repartíronse 212.649 unidades: 127.680 luvas, 79.170 máscaras, 5.799 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección
§  Ata o de agora, a administración autonómica enviou un total de 57.378 unidades de material de protección aos concellos da comarca de Pontevedra, así coma Marín e Bueu

A Xunta de Galicia, a través da delegación territorial de Pontevedra, ven de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da súa área, de xeito que xa se levan entregadas 12.649 unidades, que se levan a 358.897 no caso de toda a provincia de Pontevedra.

Deste xeito, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que ata o de agora, repartíronse, nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta: 127.680 luvas, 79.170 máscaras máscaras, e 5.799 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección. No terceiro envío que se acaba de realizar esta semana, a Delegación Territorial enviou 16.300 luvas, 16.232 máscaras e 506 produtos de limpeza.

No que respecta aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu, ata o de agora enviáronse un total de 57.378 unidades de material de protección: 34.800 luvas; 21.473 máscaras e 1.105 traxes, batas e produtos de desinfección.

O material está sendo destinado aos concellos para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, en Protección Civil e Policía Local, así como outros servizos municipais esenciais, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan       



No hay comentarios:

Publicar un comentario