Barro recibe 59.000 € da Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 21 de abril de 2020

Barro recibe 59.000 € da Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local




O FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL DA XUNTA LEVA REPARTIDO NO QUE VAI DE ANO ENTRE OS CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA, MARÍN E BUEU MÁIS DE 1,6 MILLÓNS DE EUROS PARA INXECTARLLES LIQUIDEZ 

  • Estes dez concellos recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes
  • O Goberno galego inxecta así un total de 6 millóns de euros para os concellos do ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou hoxe que a Xunta de Galicia  ven de ingresar aos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local (FCL) para contribuír na dotación de liquidez ás facendas locais. Así, o Goberno galego no que vai de ano entregou máis de 1,6 millóns de euros a estes dez concellos que poden destinar a loitar contra o coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.

José Manuel Cores Tourís, subliñou o esforzo que fixo o Executivo autonómico, na liña de apoio aos concellos, para ademais de facer efectivo o ingreso do mes de marzo, axilizar a liquidación correspondente a 2018 para que os gobernos locais poidan ter máis recursos económicos e así facer fronte á crise orixinada polo Covid-19. O delegado territorial engadiu que “neste momento, máis que nunca, é necesario a colaboración institucional e cooperar coas administracións municipais”.

Nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a liquidación de 2018 do FCL, un remanente a maiores do que se lle pagou mensualmente ese ano, ascende a máis de 1,37 millóns de euros, que coincide coa cantidade que corresponde ao mes de marzo de 2020. 

En total no que vai de ano, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local, aos concellos da  Delegación da Xunta de Pontevedra  correspondéronlles algo máis de 6 millóns de euros. Estas achegas autonómicas repártense entre todos os concellos galegos seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, entre eles o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación.


 




José Manuel Cores Tourís apuntou que os investimentos non están condicionados xa que se tratan de fondos non finalistas e respectan a autonomía municipal polo que os alcaldes poden destinar estas partidas a aquilo que consideren máis necesario e urxente.

Neste sentido, o delegado territorial subliñou que o Goberno galego decidiu priorizar o pagamento destas axudas “nun momento no que os concellos necesitan máis liquidez para poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e a seguridade dos seus veciños pola crise do coronavirus”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario