XUNTA LICITA AS OBRAS DE MELLORA DE FIRME EN DISTINTAS ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA, O SALNÉS E CALDAS DE REIS, CUN INVESTIMENTO DE 1 MILLÓN DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

miércoles, 29 de abril de 2020

XUNTA LICITA AS OBRAS DE MELLORA DE FIRME EN DISTINTAS ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA, O SALNÉS E CALDAS DE REIS, CUN INVESTIMENTO DE 1 MILLÓN DE EUROS






§  As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de maio e o obxectivo e ter rematadas as obras neste mesmo ano
§  Actuarase nas vías PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio
§  O Goberno galego continúa a reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, ao tempo que impulsa investimentos para favorecer a actividade económica

A Xunta publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis cun investimento de 1 millóns de euros.
As empresas interesadas na actuación, que terán un prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 20 de maio. O obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada  renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e  6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.
Deste xeito, o Goberno galego continúa a súa aposta polo reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao tempo que, ao retomar os procedementos administrativos de licitación e adxudicación das obras, impulsa investimentos para favorecer a actividade económica.
No seguinte plano amósase os tramos das vías autonómicas nos que se efectuarán as actuacións de mellora:

No hay comentarios:

Publicar un comentario