Esta medida forma parte do Plan social
de continxencia aprobado polo Goberno galego para dar resposta á emerxencia
sanitaria
▪
Asígnanse un total de 500.000
novas horas mensuais aos
Concellos de toda Galicia, 122.000 na provincia de Pontevedra, para o coidado a
domicilio das persoas con necesidades asistenciais
▪
O Goberno galego asume o importe
que pagaba
habitualmente o usuario deste servizo, polo
que non suporá ningún gasto para este
Segundo informou hoxe o delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Xunta de
Galicia reforzou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na comarca de Pontevedra, Marín e Bueu con 18.655
horas máis ao mes provincia para a atención das persoas con necesidades
asistenciais. O Goberno galego asume o importe que pagaba
habitualmente o usuario, polo que non suporá ningún gasto para este.
En concreto, o concello de Barro verá
incrementado o número de horas deste servizo ata 1.174 ao mes; Bueu, 1.146; Campo
Lameiro, 573; Cerdedo-Cotobade, 1.404; A Lama, 518; Marín, 2.744; Poio, 2.075; Ponte
Caldelas, 1.020, Pontevedra, 6.471 e Vilaboa, 930 horas.
No conxunto de Galicia, o Goberno galego
reforzará este servizo coa asignación de 500.000 novas
horas de coidado a domicilio ao mes, das cales 122.000 corresponden aos
concellos da provincia de Pontevedra. Unha medida que supón
un investimento de 6 millóns de euros ao mes e estenderase durante o tempo que
dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. O
obxectivo é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias
do Servizo de Axuda no Fogar, pero poidan precisar a atención nesta situación
excepcional.
Neste sentido,
priorizaranse os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de
Recursos, así como as persoas usuarias de centro de día, servizo que desde a
declaración de emerxencia sanitaria permanece pechado. Así mesmo, tamén se
terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e
pendente de ser valorada.
Estas novas horas de
axuda no fogar poranse á disposición dos concellos para asignalas a aqueles
casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais.
Plan de continxencia
A implantación
deste SAF extraordinario é unha das medidas que forman parte do Plan social de
continxencia aprobado polo Consello da Xunta para dar resposta ás consecuencias
que ten a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus nos colectivos de
poboación máis vulnerables, como é o caso das persoas dependentes.
Dentro deste Plan
inclúense outras medidas. A primeira consistiu na posta en marcha, desde a
semana pasada, dun sistema de seguimento telefónico diario para as 14.400
persoas maiores ou con discapacidade que son usuarias dun centro de día ou
ocupacional e que nestes momentos están nas súas casas debido á suspensión da
actividade nestes centros. Ademais, ás persoas que o necesitan repárteselle 900
menús semanais nos seus domicilios.
A segunda medida
foi a entrada en servizo do teléfono social (900 400 800) para complementar o
que xa existe para resolver as dúbidas relacionadas co coronavirus. Neste
teléfono aténdese a persoas con dúbidas básicas da vida cotiá nesta situación,
persoas que necesiten conversa ou acompañamento, persoas que precisen atención
psicolóxica especializada e persoas que estean nunha situación de necesidade ou
especial vulnerabilidade. Desde a súa posta en marcha este teléfono xa atendeu
máis de 700 chamadas.
A terceira das medidas
é a posta en marcha dun un correo
electrónico para a detección rápida de situacións de risco,
atencionsocialemerxencia@xunta.gal, e para resolvelas da man cos servizos
sociais de base. En
cuarto lugar, conxuntamente coa Consellería de Educación, o Goberno galego
aprobou unha axuda económica para as nenas e nenos que dispuñan dunha bolsa de
comedor na súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán
máis de 51.000 fogares galegos.
Así mesmo, fíxose unha exención das cotas das
escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público
(públicos, de iniciativa social e concertados) para a metade do mes de marzo,
que serán compensados, e todo o mes de abril, que non se cobrarán. E por
último, aprobouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás
entidades sociais de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario