Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 26 de octubre de 2011

Bases do Concurso "Noite dos calacús" que o Concello de Barro organiza o 31 de outubro no Pazo da Crega

O Concello de Barro ven de programar unha actividade máis para o lecer dos veciños do concello, e na noite do día 31 de outubro a partires das 19 horas, celebrarase no Pazo da Crega en San Antoniño, a "Noite dos Calacús".

Haberá por unha banda o "Concurso e Exposición do "calacú" no que poderán participar todol@s veciñ@s e na que se premiarán os "calacús" máis orixinais.

Dende o Concello de Barro, anímase ós veciñ@s a participar e a mostrar a súa creatividade nunha vella tradición galega.

No mesmo evento o Concello de Barro agasallará ós asistentes coa desgustación de viño novo e un magosto de castañas para todos.

Esta actividade enmárcase dentro dun programa cultural e lúdico que o Concello de Barro está a desenrolar dende o verán, coa posta en marcha da Escola de Tenis, os cursos de inglés ou informática para mozos, ou a colaboración na II Feira Medieval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario