Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de octubre de 2011

O Traczion Catro asombrou na I Ruta 4x4 de Cuntis da pasada fin de semana. Fotos e video do evento.

O pasado domingo o Club Traczion 4 estivo en Cuntis celebrando alí a súa 1ª Ruta 4x4. Dita ruta celebrouse segundo o horario previsto e asistiron un 42 vehiculos.

Hai que sinalar a asistencia do Club Calavera 4x4, que foron dos máis numerosos. Tamén asistiron o Club Venados de Guitiríz que esta dirixido por Jose Cabanas, que tamén participou, sendo unha das persoas mais coñecidas organizando eventos e rutas 4x4, xunto con outro participante na ruta chamado Oswaldo Couto Ares. Ámbolos dous son moi coñecidos a nivel da Península Ibérica.

O desenrolo da ruta foi normal, a pesares da calor, deixoulles un bo sabor de boca, pois nos propios camiños encontráronse con buratos e pedras que movera a auga, facendo o recorrido difícil no que en alguns momentos fixo que se utilizase o "winch" en zoas que non eran especiais.

Nas especias ( zoas de paso con alta dificultade) só algúns 4x4 dos mais prepados técnicamente lograron superar, sempre respetando o medio natural. Asi, xente como os Patrol GR de "Chatarreiro" e Roi, o Patrol GR de Cabanas foron dos primeiros en superalas.

Tamén o Toyota de Fran de Lugo, o Toyota de Rolando( membro de Traczion)o Vitara de Oubiña( membro de Traczion) e o espectacular Jeep de Piñeiro, lograron superar os obstaculos e conseguir disfrutar dun día de ruta turistica na que non hai competicion.

Os membros de Traczion Catro mostraron tamén o seu agradecemento "a tódolas Comunidades de Montes, e tamén o Concello de Cuntis. Tamén a tódolos bares e pubs de Cuntis e á Deputacion de Pontevedra pola sua colaboracion e implicación co deporte de motor na nosa provincia"














No hay comentarios:

Publicar un comentario