Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 18 de octubre de 2011

Traczion Catro organiza a I Ruta 4x4 en Cuntis os días 22 e 23 de outubro.

O clube de 4x4 Traczion Catro en colaboración con Concello de Cuntis organiza a I Ruta 4x4  os días 22 e 23 de outubro.

Alí o sábado terán a súa habitual ruta polos montes donde seguro que nos van a brindar con fotos magníficas indo polos camiños (hai que recordar que este clube utiliza pistas e camiños do monte, xa que no seu ideario defenden claramente o monte e preservar o ecosistema).

Xa o domingo e ó lado do campo da canteira, farán unha exhibición de 4x4 que comenzara as 11 ata as 14, donde ademáis poderemos admirar estes todoterreos preparados para actuar polas zonas máis complicadas.

Haberá unha pequena cantina na que venderan refrescos, snacks, empanadillas , empanada e moitas racións de churrascos e chourizos. Xa pola tarde haberá novamente outra exhibición dende as 16 da tarde e ata que os asistentes aguanten.

En palabras de Rober Santos "Sabemos ke a choiva e necesaria, por eso si o domingo chove... Animadevos a vir , xa que montaremos unha carpa ali para poder comer o abrigo. Só o publico pode soster isto, xa ke non gañamos nin cobramos nada. E para o voso divertemento".

Santos coméntanos  que "Tamen decirvos que ese dia contaremos co reestreno do Jeep Wrangler Proto de Piñeiro(o famoso coche chamado AquaAzul), un coche valorado en máis de 120.000 euros que el mesmo mellorou, e leva con el dende abril. E un coche que conta coa brutal potencia de 510 cv, cun motor de 6,3 litros doado dun HUMMER, estando mellorado e totalmente reconstruido.Tamén temos que pensar que Roberto Piñeiro é un piloto con poucos anos de 4x4, pero seguro que non defraudara os asistentes."

Dende aquí desexámoslle a Rober Santos e a todo o seu clube moita sorte e xa estamos agardando ese reportaxe do Traczion Catro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario