Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 30 de noviembre de 2011

O parque de Barosa, xeodestino sinalado dentro do 13C - Ría e Terras de Pontevedra

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu, esta mañá, o acto de presentación dos Xeodestinos Turísticos de Galicia, un mapa de 14 xeodestinos para extraer "todo o potencial do destino Galicia", cunha oferta diversificada, que permita incrementar a estancia media dos visitantes. "Cada parte conta para o todo. Cada recuncho desta terra engrandece o destino Galicia e por iso, cómpre que os articulemos ben", destacou Feijóo.

O titular da Xunta avogou por traballar unidos e coordinados para que cada un destes catorce xeodestinos lle poida ofrecer algo ao visitante e lle permita concluír "que non só merece a pena vir á nosa terra, senón tamén quedarse o maior tempo posible para abarcar todas as experiencias que ten ao seu alcance". E salientou que "nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, Galicia completa hoxe o proceso que iniciamos desde o principio da lexislatura para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agora".

Se ben, Galicia actúa, porque o é, como unha Galicia unida, Feijóo afirmou que "iso non significa que teñamos que presentarnos, porque non o somos, como unha Galicia uniforme. Ao contrario, en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades". E engadiu que ningunha desas posibilidades amola, "porque todas serven a unha Galicia que ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turísticas".

"O atractivo da nosa terra repártese entre rías e montes, santuarios e catedrais, camiños e cidades, cruceiros e augas termais, faros e murallas, xardíns e casas rurais, vellos símbolos como a Catedral de Santiago e novos como a Cidade da Cultura. En medio de tantas dificultades, Galicia non pode permitirse o luxo de relegar a un lugar secundario ningunha das moitas posibilidades que poden ofrecer as Rías Altas, a Costa da Morte, as terras de Santiago, a Mariña lucense, Lugo e a Terra Chá, Os Ancares e o Courel, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas, O Ribeiro, as Terras de Ourense e Allariz, de Celanova e da Limia, de Verín e de Viana, de Manzaneda e Trevinca, ou do Deza e Tabeirós".

Ante o perigo de competir entre nós mesmos, o titular do Executivo galego aseverou que escollemos ser un país que se ve capaz de destacar conxuntamente na oferta turística española, europea e internacional. "E, en lugar de estragar as nosas propias forzas, traballamos como unha realidade global que pon en marcha proxectos colectivos. O instrumento que hoxe botamos a andar é unha nova proba diso: promove a Administración –a Xunta, en colaboración cos concellos-; implícase un dos nosos sectores produtivos máis importantes; e involúcrase a sociedade en xeral".

Nos momentos difíciles coma os que se están a vivir, Feijóo subliñou que Galicia ten que moverse como nunca para buscar a mellor localización posible no futuro e salientou que as decisións turísticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espírito de renovación e de concertación.

Por último, Feijóo afirmou que non se pode caer no erro de pensar que os instrumentos cos que conta un dos sectores económicos máis importantes son estáticos. "As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantemente". E, neste sentido, amosouse convencido de que este mapa de xeodestinos vai ser unha guía certamente útil para avanzar nese camiño.


A Xunta anuncia a contratación de prazas para maiores dependentes na área metropolitana 3, da que depende Barro.

A Xunta anuncia a contratación de prazas para maiores dependentes na área metropolitana 3, da que depende Barro. Velaquí deixamos o anuncio.

Calendario de festivos locais no Concello de Barro no ano 2012 e festivos autonómicos.

Ven de ser publicado xa de maneira oficial o calendario dos festivos locais en Galicia, e en virtude de dita resolución no Concello de Barro establécense os dous festivos locais habituais.

Tamén vos achegamos os festivos autonómicos do ano 2012.

martes, 29 de noviembre de 2011

Terras de Curro, perde por segunda vez consecutiva, Carballo da Portela mantense en postos altos e o Barro Veteranos gaña por 3-0

Xornadas alimón as que depararon ós equipos de fútbol veterano de Barro. Témonos que felicitar en Barro pola implicación no fútbol de veteranos e agardamos que os resultados sexan positivos para todos, especialmente para o Terras de Curro, que leva duas xornadas sufrindo sendas derrotas por 3-1 fronte ó AGNA2 e 1-4 frente ó GODOS CF.

Recordaremos que non hai moito, principios de novembro, eran líderes da táboa no grupo 5, con paso firme e decidido, pero ó mellor a marcha do seu goleador Euklide, ten que ver con ceder 6 puntos e estar situados a 4 da cabeza que volve a liderar o Sanxenxo Veteranos. Moito ánimo para vós, moitos goles e a darnos moitas alegrías!!!

Xa por outra banda o Carballo da Portela, despois de golear 4-1 ó Armenteira, esta xornada pasada deixou 3 puntos diante do Mourente Ventín co resultado de 2-1. A racha gañadora truncouse desta vez, pero o equipo dos veteranos da Portela está nun meritorio 7º posto con 22 puntos e a só 3 puntos do terceiro clasificado, xa que polo de agora o liderato do grupo que lle corresponde ó BODEGON, con 35 puntos, difíclmente alcanzable. Aínda así, aupa ó Carballo!!!

Xa por último o BARRO Veteranos, despois de vir dun empate e ceder puntos diante do Tenorio cun 2-2, esta pasada semán gañou ó MAIKEL Y BES SPORT por 3-0, e aléxase da zona complicada da táboa con 18 puntos e acadar o posto 11º, o que lle fai mirar ós postos máis altos da táboa sen presa, pero sen pausa e deixar algo máis lonxe a zona conflictiva da táboa. Tamén moito ánimo para eles, e veña, mirando ó futuro con goles e sorte!!!

A imaxe desta crónica correspóndelle para darlle folgos ó BARRO CF que é o que máis baixo está nas táboas clasificatorias.

AUPA BARRO CF: Iñaki ten Zubiar, entrenador BARRO CF: "El desconocimiento es la via de la ignorancia,la falta de respeto la via de la inconsciencia"

"El desconocimiento es la via de la ignorancia,la falta de respeto la via de la inconsciencia, no es bueno hablar desde el desconocimiento de las cosas, y mucho menos llegar al insulto gratuito. Se desconoce un proyecto y no se sigue un trabajo, pero la cuestión es criticar e insultar." con estas palabras, Iñaki da respuesta a la manipulación que en su día ya publicamos Anónimo "xogador" a través de Novas de Barro tenta manipular o Barro CF con comentarios de fai dous anos?.

Resalta Iñaki ten Zubiar que "Llamar banda a un grupo de personas comprometidas, con la honestidad, trabajo,respeto y todas las artes de la honorabilidad deportiva, es un acto de cobardia suprema y no piensen en sus delicadas mentes que trato más mi defensa que la de ellos, pues vengo del trato y trabajo de cientos de deportistas que han trabajado con la honestidad que hoy lo hacen los componentes del Barro CF"

"Hemos perdido partidos pero les aseguro que ninguno de los contrarios nos ha visto como una banda, y ningun arbitro, tuvo sensaciones de incoherencia del grupo. Siendo de fuera, les digo que , bueno sería por el bien de los deportistas de Galicia, que hubiera verdaderos proyectos de futuro, y no es momento de entrar en filósofias que no se entiendan, pero cualquiera de las planificaciones hacia el individuo, son el consorcio del grupo, que concede a la comunidad, el digno atributo de respeto y solidaridad" sentencia el vasco.

Por último pide "Respeto para directivas, que se atreven a dar pasos de futuro, y calma y disfrute de un deporte que en ninguno de los casos nos puede llevar nunca a la confrontación", en clara referencia al gran trabajo que Vicente Cons está demostrando y con él todo el equipo, esa afición que apoya, y el propio entrenador dejan claro que el proyecto está más vivo que nunca.

AUPA BARRO CF

lunes, 28 de noviembre de 2011

PP de Barro: A Consellería de Sanidade da Xunta garante a continuidade asistencial de todos os galegos, incluíndo aos parados de longa duración e ás persoas sen recursos


NOTA DE PRENSA REMITIDA POLO PP de BARRO.

O convenio de cesión de datos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Sanidade asinouse o 30 de novembro de 2010 e ten por obxecto facilitar á Xunta o acceso ás bases de datos do Ficheiro Xeral de Afiliación

Dende 1989 o INSS retíralles a asistencia sanitaria aos parados que terminan as súas prestacións sociais; e son os propios usuarios os que deben acollerse ás vías de persoa sen recursos para seguir manténdoa.

Galicia adiantouse catro meses á normativa estatal establecendo unha vía para non deixar sen prestación ás persoas que perdan a asistencia sanitaria pola lexislación da Seguridade Social

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asegurou  no Pleno do Parlamento que a Xunta de Galicia garante a continuidade asistencial de todos os galegos –incluíndo aos desempregados de longa duración e ás persoas sen recursos- residentes na Comunidade Autónoma para que en ningún caso se atopen en situación de non cobertura.

“Calquera afirmación noutro sentido é falsa”, indicou, engadindo que esta medida non é nova, xa que dende 1989 o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) retíralles a asistencia sanitaria aos parados que terminan as súas prestacións sociais. Son os propios usuarios os que deben acollerse ás vías de persoa sen recursos (PSR) para seguir manténdoa.

Así mesmo, en relación coas dúbidas que puidera xerar o Ministerio de Traballo, a Consellería destaca que o convenio de cesión de datos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Sanidade asinouse o 30 de novembro de 2010 e ten por obxecto facilitar á Xunta o acceso ás bases de datos do Ficheiro Xeral de Afiliación. Este acordo, que leva por título Convenio de cesión de datos entre la Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre autorización de acceso ao ficheiro xeral de afiliación, atópase no rexistro de convenios da Xunta.

Segundo explicou Farjas no Pleno do Parlamento, a destrución de emprego, sobre todo nos anos 2007 e 2008, fixo que en 2010 empezaran a aflorar miles de casos de desempregados de longa duración en España, e o incremento do paro ata acadar máis de 5 millóns de persoas provocou que esta situación sexa cada vez máis frecuente.

Isto levou a que o 5 de outubro o Goberno estatal aprobase unha modificación legal da Lei de Saúde Pública para que a partir do 1 de xaneiro de 2012 se poña en marcha un procedemento co obxectivo de volverlles dar asistencia sanitaria a estas persoas, e polo que os parados e PSR terán que recoñecerse no sistema para obtela.

Adianto de catro meses sobre a normativa estatal
O que fixo Galicia, afirmou a conselleira, foi adiantarse catro meses a esta medida ao elaborar unha orde (publicada en setembro no DOG) que garante a continuidade asistencial destes colectivos.

“É dicir, desenvolvemos vías para non deixar sen prestación ás persoas que perderan a asistencia sanitaria pola lexislación da Seguridade Social, do Goberno de España. Estamos a actuar de oficio; polo tanto, os usuarios nestas circunstancias non necesitan facer ningunha xestión por este motivo a non ser que, como resto dos casos en xeral, a súa tarxeta teña un problema técnico e a banda magnética se desactiva por calquera motivo. Os cambios só terán que realizarse se os usuarios queren cambiar de médico, cambiou de domicilio, etc... pero como se fai sempre”, explicou.

Neste sentido, Pilar Farjas puxo como exemplo que cada ano máis de 100.000 galegos perden a súa tarxeta sanitaria e continúan tendo en todo momento garantía de asistencia e cobertura, sen preocupacións ou temores de non ser atendidos. “Nestes casos, a mellor recomendación é consultar nos centros de saúde próximos á súa residencia, como se fai sempre –declarou-. Esta é una medida boa, de protección cara os máis débiles, e calquera afirmación en sentido contrario atende a intereses políticos ou que pretenden xerar una inquietude innecesaria.”

“A atención sanitaria é un dereito cidadán, e estou de acordo en que non tería que estar vinculado ao recoñecemento por parte do Instituto de Seguridade Social”, considerou, lembrando que ademais se atopa, en teoría, desvinculada da cotización da seguridade social e finánciase con cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma.

“Sen embargo, é o INSS quen determina o nivel de copago dos cidadáns en materia de prestación farmacéutica, de aí que sexa necesario seguir recorrendo a el –sinalou-. Se esta incongruencia entre o sistema de financiamento e o mantemento do recoñecemento ao dereito á Seguridade Social se mantén hoxe en día é pola inacción do Goberno do Estado, que nada ten feito en oito anos.”

Acceso á asistencia sanitaria
Na súa intervención, a conselleira lamentou que sigan en vigor normativas “anacrónicas” como o Real decreto 1088/1989 mediante o que se establece o acceso á asistencia sanitaria pública aos cidadáns sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social acolléndose á vía de persoas sen recursos económicos suficientes, e que só é de aplicación para os españois.

Así mesmo, a Orde do 13 de novembro de 1989 (que desenvolve o RD 1088/1989) dispón que lle corresponderá ao órgano competente da comunidade autónoma que xestiona a asistencia sanitaria da Seguridade Social a tramitación do expediente de recoñecemento do dereito. De novo, para ter este dereito é necesario posuír a nacionalidade española.

Desde 1992, os servizos de saúde tramitaban de oficio a prestación da asistencia sanitaria destas persoas ante o INSS, que os daba de alta como desempregados con dereito á asistencia sanitaria (Real Decreto-Lei 1/1992). Sen embargo, en 2004 a Tesourería Xeral da Seguridade Social decidiu que estas persoas só poderían ter o dereito á prestación da asistencia sanitaria, a través do Real Decreto 1088/1989, como persoas sen recursos económicos suficientes (como se pode comprobar neste enlace: http://www.seg-social.es/Internet_1/Masinformacion/TramitesyGestiones/AsistenciaSanitaria/index.htm ) .

Polo tanto, concluíu Pilar Farjas, a Orde da Consellería de Sanidade mellora a situación de dous colectivos con risco de exclusión social: o das persoas sen recursos; e o dos desempregados, que non teñen que recorrer a declararse persoas sen recursos ou a darse de alta como beneficiarios de cotizantes.

 


Especial Polígono de Curro: Empresas instaladas y en obras en el Polígono Barro-Meis






Especial Polígono de Curro: Con el Polígono Barro-Meis la Diputación de Pontevedra da respuesta a la demanda de suelo industrial


Especial Polígono de Curro: El IPESPO, un organismo que actúa desde los análisis preliminares hasta la ejecución urbanística

Los deberes de Mariano Rajoy en Pontevedra y su comarca: La circunvalación hasta Curro

Xunta de Galicia: COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE. SEMANA 28 NOVEMBRO Ó 3 DECEMBRO 2011.PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración co Centro de Tranfusión de Galicia, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude.

La Xunta de Galicia incluye los Muiños de Barosa entre 62 rutas senderismo en 3D y geolocalización por el móvil

La Xunta lleva las nuevas tecnologías a 62 rutas homologadas

Muiños de Barosa, todo un espectáculo, es el río que se desploma por la ladera de un monte con una fervenza contundente que parece que va a engullir en su caída los pequeños molinos colgados de su cauce. Y es además una de las 62 rutas de senderismo que la Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, acaba de incluir en un catálogo (Galicia, Sendas para descubrir un país) que recoge únicamente los senderos homologados de la comunidad.

Esto incluye viejas sendas, pistas forestales, caminos reales de la época romana, laberínticas vías entre el bosque de ribera... pero siempre que su señalización cumpla los requerimientos de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, que se ajustan a la normativa internacional.

Pero volvamos al río Barosa. Un mundo de posibilidades se le abren ahora al usuario. En Internet, además de los datos y fotos que aparecen en la guía impresa, puede consultarse un mapa de la ruta en Google Maps, mientras las páginas web especializadas (www.wikiloc.com, www.everytrail.com y www.ikimap.com) permiten consultar, visualizar y descargar la información georreferenciada de las rutas gallegas.

Esta iniciativa pionera brinda asimismo la posibilidad de ver los caminos en formato 3D, conocer los perfiles de altitud, las distancias entre puntos de interés, y sobre todo, descargar toda la información a los móviles inteligentes, lo que equivale a llevar encima información de alta calidad. Así, pasmado ante la fervenza, el caminante podrá consultar qué función cumplían los molinos que tiene a la vista, qué otros atractivos le ofrece el sendero o, simplemente, por dónde serpentea la ruta que le interesa seguir.

Casi 20.000 ejemplares
El recorrido se visualiza y sigue correctamente mediante el teléfono gracias al dispositivo GPS, y esto es de gran utilidad, pues permite salvar problemas derivados de la señalización: el caminante sabe siempre si se está desviando de la ruta marcada. El móvil le dará también los datos de la distancia recorrida, la velocidad media, el tiempo empleado, el perfil de altitud, e incluso la posibilidad de ir siguiendo el camino con apoyo fotográfico.

En una vuelta de tuerca más, la iniciativa de Turgalicia intenta crear una comunidad de senderistas, al permitir al usuario la posibilidad de añadir comentarios propios y consejos para que otros puedan aprovechar sus indicaciones y beneficiarse de esa información. Del catálogo se han editado 18.000 ejemplares, 12.000 en castellano, 3.000 en gallego y otros tantos en inglés. Incluye 62 itinerarios homologados, de los que 58 son senderos de pequeño recorrido (PR-G), con menos de 50 kilómetros, y 4, grandes rutas (GR).

El objetivo último, según responsables de Turgalicia, es «atraer a turistas alemanes, ingleses y franceses, que cuentan en sus países con enormes redes de senderos».

 

sábado, 26 de noviembre de 2011

Los vecinos analizan el nuevo proyecto para la PO-531 en Curro.

El último proyecto de reforma de la carretera PO-531 entre Pontevedra y Curro comenzó ayer a ser sometido a asambleas vecinales en las zonas afectadas. Ayer fue el turno de Curro, en Barro, y la próxima semana habrá una reunión en la parroquia pontevedresa de Alba.

A falta de la opinión de los directamente afectados, la de la plataforma que desde hace varios años viene defendiendo los intereses de los vecinos es positiva con respecto al proyecto presentado por la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que se hizo público a principios de este mes.

El vial reformado tendrá diez rotondas, siete de ellas de nueva construcción, ocho pasos de peatones, once paradas de autobuses en cada sentido y una pasarela peatonal elevada en Campañó.
Tomando como punto de partida el parque de bomberos de Pontevedra, el vial arrancará con cuatro carriles, incluyendo los de incorporación desde la autopista y crea una nueva glorieta más allá de la actual de O Vao. Desde esta rotonda continúa con dos carriles de circulación, uno en cada sentido hasta la glorieta del acceso norte de Poio.

A partir de ahí, volverá a haber cuatro carriles hasta la rotonda de Alba y a partir de ese punto se eliminará uno de los carriles en dirección a Pontevedra. Antes de llegar al nudo de Curro, está previsto construir otras dos nuevas rotondas. Todo el trazado tendrá una mediana para afianzar la seguridad vial.


Corredoira: Se han tenido en cuenta «prácticamente todas las demandas que se hicieron desde el colectivo» a la Xunta.

Manuel Corredoira, portavoz de los afectados, sostiene que se han tenido en cuenta «prácticamente todas las demandas que se hicieron desde el colectivo», que se resumen en la exigencia de humanizar el vial en los puntos por los que atraviesa núcleos habitados en Campañó y A Devesa (Pontevedra) y en Curro.

El proyecto afecta a un tramo de algo más de ocho kilómetros que, según la Xunta, «vanse ver moi mellorados cunha mediana de seguridade, tramos urbáns e semiurbáns, pasos de peóns, carrís de dobre vía e amplas beirarrúas».

Antes de la reunión de anoche en Curro, Corredoira estaba convencido de que los vecinos apoyarán la nueva propuesta de la Xunta. «Una vez que pulsemos la opinión de todos los afectados, si dan el visto bueno, muestro siguiente paso será hacer presión para que la consellería ejecute el proyecto». De momento, tienen el compromiso de que se hará en el 2013.




viernes, 25 de noviembre de 2011

Curro expone este viernes por primera vez el último documento de la PO-531

Técnicamente, nace en Poio (el parque de Bomberos pertenece a este dominio municipal), en su mayor parte, su trazado discurre por terrenos de las parroquias de Pontevedra, pero a estas alturas la reforma de la PO-531 y sus modificaciones han hecho que el tramo de Curro resulte el epicentro del vial.

Así lo demuestra el hecho de que la primera exposición de los detalles del proyecto definitivo (con la salvedad de un par de retoques aún pendientes) se realice en la Casa dos Montes de Curro este viernes, sobre las 21.30 horas.

Eso sí, según el portavoz de la Plataforma de Afectados, habrá reuniones en todas las demás parroquias (Alba, A Devesa y Campañó) y los que sientan curiosidad podrán participar ya en la de esta jornada, que es abierta y a la que están invitados todos los representantes políticos locales.


Los vecinos de Curro conocerán hoy el proyecto definitivo de la carretera de Vilagarcía, PO-531


Están convocados a una asamblea en Curro para analizar el último diseño de la Xunta

Dos décadas después de promoverse por primera vez una mejora de la carretera entre Pontevedra y Vilagarcía (PO-531), los vecinos del tramo comprendido entre la capital y Curro podrán conocer hoy el trazado definitivo elaborado por la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Los afectados están convocados por la plataforma vecinal a una asamblea, que se celebrará a las 21.30 horas en la Casa de Cultura de Curro. En esta reunión se fijarán además otras dos convocatorias, para exponer el proyecto en los centros sociales de A Devesa y Campañó, en próximos días. 

A la espera de conocer el posicionamiento de la asamblea, en principio la plataforma de afectados acepta las últimas modificaciones realizadas por el departamento que dirige Agustín Hernández, y acepta el proyecto cuyo plazo de ejecución fue fijado por el conselleiro en 2013. 


Finalmente la ampliación solo afectará directamente a dos viviendas en Curro y otra en A Devesa, además de una pequeña construcción en Campañó, cuyos propietarios ya manifestaron su conformidad con la expropiación. Queda solo por conocer cómo se modificará el nudo pequeño de Curro, cuyo diseño ya sufrió diversas modificaciones y todavía no se ha definido su trazado final. 


Como principales características, el vial reformado tendrá diez rotondas, siete de ellas de nueva construcción, ocho pasos de peatones, 11 paradas de autobuses en cada sentido y una pasarela peatonal elevada, entre la Avícola y el viaducto de la AP-9. En sus distintos tramos tendrá dos, tres, o cuatro carriles, dependiendo de la tipología urbana del lugar. 


Trazado
El vial parte desde la estación de bomberos con cuatro carriles, incluyendo los de incorporación desde la autopista y crea una nueva glorieta después de la actual de O Vao. Desde esta rotonda continúa con dos carriles de circulación, uno en cada sentido (además de los accesos laterales) hasta la glorieta del acceso de Poio. Desde aquí continúa en primer lugar con cuatro carriles (excepto un pequeño tramo de dos) hasta la rotonda de Alba y la PO-225. Desde aquí la carretera sigue con dos carriles en sentido Vilagarcía y uno hacia Pontevedra hasta el acceso al polígono industrial de Baión. En este tramo se construyen dos nuevas glorietas hasta llegar al nudo de Curro. 


Como otras características, en el tramo urbano de Campañó, al coincidir con una zona urbana se mantiene un único carril en cada dirección, con amplias aceras hasta la rotonda de la vía rápida a Poio. Entre la rotonda de la vía rápida y la de Alba regresan los cuatro carriles, pero esta glorieta se amplía ya que será la conexión con la N-550 hacia Caldas.


En el tramo de A Devesa se mantienen los tres carriles en el proyecto. No obstante, la avenida será humanizada debido al núcleo de población con una medianera de un metro de ancho al estilo de la Avenida de Uruguay de Pontevedra. 


El proyecto mantiene un carril en cada sentido en el trayecto por los núcleos de población de Curro y todo el vial estará humanizado y con un carril en cada sentido a su paso por las poblaciones, salvo en A Devesa que tendrá tres pero en un trazado muy urbano. Se habilitan tres pasos agrícolas en Curro, Campañó y A Devesa. Todo el trazado tendrá una mediana para afianzar la seguridad vial.