Os socialistas de Barro critican a suba abusiva das taxas do lixo e dos vehículos aprobadas no último pleno do Concello. José Sanmartín, voceiro da agrupación socialista, lamentou que o alcalde durante os últimos anos tivera conxelas estas taxas e que agora de golpe faga un incremento abusivo delas.
“A taxa do lixo sobe dos seis euros que se pagaba ate os 60 euros. E un incremento excesivo. Este aumento téñase que facer os poucos durante estes últimos anos e non todo de golpe”, sinalou Sanmartín.
O voceiro socialista sinalou que na situación actual os concellos necesitan máis recursos económicos, “pero a revisión das taxas debe facerse de xeito progresivo e non de golpe” “porque todos sabemos que a taxa do lixo era moi baixa que non daba nin para pagar o gasoil do camión pero teriamos que preguntarlle o alcalde que fixo
nos últimos anos”.
O que fixo foi acumular unha débeda con Sogama de máis de 62.000 euros, sinala o voceiro de Partido Socialista, e ter unha débeda total do concello en máis de 1,5 millóns de euros cun orzamento de 1,7 millóns.
De feito, a política feita polo alcalde nestes últimos anos, provocou que o 75% do orzamento do concello fora para gastos correntes e so queda un 25% para inversións, “polo que os socialistas votamos en contra da proposta de orzamentos aínda que reconocemos o esforzo feito para ser un dos primeiros concellos en presentar uns orzamentos ”, sinala Sanmartín.
Por outra banda, o voceiro socialista quere destacar o informe do Interventor que destaca a falla de liquidez crónica e estrutural que presentan os orzamentos do concello de Barro e, unha serie de irregularidades. “como é a adopción do reconocemento extraxudicial de créditos dunha forma xeneralizada dende o 2001”. De feito o propio Interventor, sinala Sanmartín, destaca que para o 2012 non se contempla unha partida para as facturas sen consignación “polo que se provoca unha distorsión da xestión económica e da dispoñibilidade de tesourería”.
Outro dos aspectos máis importantes que alerta o informe do Interventor é que os expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito é unha competencia do pleno da corporación e que no caso de Barro “o alcalde só a somete a aprobación das xuntas de goberno”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario