Xornadas alimón as que depararon ós equipos de fútbol veterano de Barro. Témonos que felicitar en Barro pola implicación no fútbol de veteranos e agardamos que os resultados sexan positivos para todos, especialmente para o Terras de Curro, que leva duas xornadas sufrindo sendas derrotas por 3-1 fronte ó AGNA2 e 1-4 frente ó GODOS CF.
Recordaremos que non hai moito, principios de novembro, eran líderes da táboa no grupo 5, con paso firme e decidido, pero ó mellor a marcha do seu goleador Euklide, ten que ver con ceder 6 puntos e estar situados a 4 da cabeza que volve a liderar o Sanxenxo Veteranos. Moito ánimo para vós, moitos goles e a darnos moitas alegrías!!!
Xa por outra banda o Carballo da Portela, despois de golear 4-1 ó Armenteira, esta xornada pasada deixou 3 puntos diante do Mourente Ventín co resultado de 2-1. A racha gañadora truncouse desta vez, pero o equipo dos veteranos da Portela está nun meritorio 7º posto con 22 puntos e a só 3 puntos do terceiro clasificado, xa que polo de agora o liderato do grupo que lle corresponde ó BODEGON, con 35 puntos, difíclmente alcanzable. Aínda así, aupa ó Carballo!!!
Xa por último o BARRO Veteranos, despois de vir dun empate e ceder puntos diante do Tenorio cun 2-2, esta pasada semán gañou ó MAIKEL Y BES SPORT por 3-0, e aléxase da zona complicada da táboa con 18 puntos e acadar o posto 11º, o que lle fai mirar ós postos máis altos da táboa sen presa, pero sen pausa e deixar algo máis lonxe a zona conflictiva da táboa. Tamén moito ánimo para eles, e veña, mirando ó futuro con goles e sorte!!!
A imaxe desta crónica correspóndelle para darlle folgos ó BARRO CF que é o que máis baixo está nas táboas clasificatorias.
martes, 29 de noviembre de 2011
New
Terras de Curro, perde por segunda vez consecutiva, Carballo da Portela mantense en postos altos e o Barro Veteranos gaña por 3-0
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
veteranos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario