A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Covsa as obras de saneamento do lugar de Piñeiro, na parroquia de Valiñas, pertencente ao concello de Barro. O traballo tén un investimento de 47.216 euros e está financiado con ao Plan Provincial de Cooperación (PPC).
A intervención tén por obxecto mellorar os servizos públicos en Piñeiro e inclúe unha excavación de 559 metros para colocar un colector de saneamento de PVC de 315 mm. Ademais, construiránse 8 sumidoiros de rexistro para pluviais e outros 6 de fecais.
Para executar a obra, haberá que repoñer 15 metros lineais de calzada con 24 cm de grava e regos, ademais de acondicionar o terreo.
A obra tén un prazo de execución de catro meses e responde a unha demanda veciñal en vista de que, ata agora, os veciños tiñan que utilizar pozos negros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario