O I Encontro Galaico-Asturiano é un festival de música tradicional onde participaran dúas asociacións galegas e unha asturiana. Arredor de 80 mozos e mozas daranse cita o 5 de novembro, na Rambla de Barcelona (Rambla á altura de Drassanes), ás 18:00 horas, para mostrar os cantos e danzas tradicionais de Galicia e Asturias.
O I Encontro Galaico-Asturiano é unha iniciativa do Centro Galego de Barcelona. A programación é:
-Galicia: Grupo de Gaitas e Baile Os Coribantes de Buchabade e mais os grupos do CGB.
-Asturias: Centro Asturiano de Barcelona.
Despois do festival celebrarase unha troula nas instalacións do CGB. Troula, picapica e castañas 5€.
Os Coribantes
Neste I encontro contaremos ca presenza do Grupo de Gaitas e Baile Os Coribantes de Buchabade (Pontecaldelas-Pontevedra).
Os Coribantes son unha asociación que leva dende o 2005 espallando a cultura galega por diversos lugares da xeografia española e Portugal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario