Anónimo "xogador" a través de Novas de Barro tenta manipular o Barro CF con comentarios de fai dous anos? - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 12 de noviembre de 2011

Anónimo "xogador" a través de Novas de Barro tenta manipular o Barro CF con comentarios de fai dous anos?

Resulta sorprendente ver como unha noticia ten tan pouca credibilidade sobre todo baseándose en comentarios feitos dende un foro de fútbol, e nomes anónimos.

E moi posible que a través de esta noticia se intente manipular a laboura que se está a facer no Barro CF, donde esta tempada se renovou o equipo, un novo adestrador está a encaixar as pezas para lograr bos resultados, pero coma todo, ten os seus prazos, e este é un proxecto dunha tempada.

O máis significativo é que Novas de Barro admita e entre ó xogo dun "anónimo xogador" (obviamente para eles non será, parecen coñecelo ben ó darlle credibilidade), e para fundamentar as súas denuncias, teñan que recurrir a comentarios feitos nun foro de internet donde baixo identidades anónimas, profiren acusacións e insultos cara o Barro CF e a súa directiva.

Na rigurosidade que nos caracteriza, con erros que na medida do posible tentamos subsanar cando se producen, nós non quixemos darlle a posibilidade de utilizar o noso medio para perxudicar un equipo de fútbol de Barro, que xunto cos veteranos e coas categorías inferiores da Escola Municipal de Fútbol, teñen que ser un referente do deporte en Barro. Vaia por diante o noso compromiso ético. Ánimo e moito traballo a todos.

Deixámosvos as fotos do foro e sinalamos cunha raia as datas de ditos comentarios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario