Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 28 de febrero de 2014

Último fin de semana das "II Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos e do Cocido en Barro" e #GastroGinBarro



  • Dos locales, Mesón A Eira y Café-Bar Lourdes se unen a las xornadas gastronómicas con la propuesta #GastroGinBarro, con combinados y gin tonic a 2,5€
  • Presentando el ticket de la cena/comida de las xornadas gastronómicas el cliente podrá disfrutar de este precio especial
  • Conscientes de la propuesta #GastroGinBarro, la AC Fervenza da Barosa, recomienda un consumo responsable de alcohol y no conducir si se ha bebido.
  • Las xornadas gastronómicas del #cocido tendrán lugar 28 de Febrero, 1 y 2 de Marzo de 2014 con Cocido, en los Restaurantes Portaliña y BarosaGastro de Barro.
Se completa la oferta para las II Xornadas Gastronómicas en Barro con la propuesta de #GastroGinBarro, donde los locales Mesón A Eira en Agudelo y Café-Bar Lourdes en Barro, ofrecerán los combinados y gin tonic (no premium) a un precio especial de 2,5€ a todos los clientes que hayan comido/cenado en las xornadas gastronómicas y presenten el ticket de las mismas durante los dos fines de semana que se celebran dichas xornadas.
Recordaremos que la Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" en colaboración con el Restaurante Portaliña, situado en el Lg. de Barbeita 6B, Portela, N-550 de Pontevedra-Santiago y el Restaurante BarosaGastro, situado en el Parque da Natureza de Barosa, Barro, han organizado durante el fin de semana del 28 de Febrero, 1 y 2 de Marzo de 2014, las  "II Xornadas Gastronómicas do Cocido". Ambos locales hosteleros elaborarán varias propuestas de platos que incluirán como parte fundamental de los mismos el cocido.
En estas "xornadas gastronómicas", la composición del menú será cerrada y constará de un primer plato, un segundo plato, vino albariño Rias Baixas de la bodega de Barro,"Moraima" o cerveza artesanal de Barro "Saramagal", postre y café. El precio será cerrado con un coste de 14,90€ por persona. Debido a las características de los menús, será obligatoria la reserva de mesa en ambos locales hosteleros, no pudiéndose garantizar dicha degustación en caso de no hacerlo por cuestiones de stock. Los teléfonos donde realizar dichas reservas son: Rte. Portaliña.Portela 629.422983 y Rte. BarosaGastro.Barro 986.090880.
Desde la AC Fervenza da Barosa, conscientes de la propuesta #GastroGinBarro, queremos hacer un llamamiento al consumo responsable de alcohol y no conducir si se ha bebido.

Esta actividad, enmarcada como una extensión de la ruta de tapas @BarrodeTapas, tiene como eje fundamental la promoción de los locales y la hostelería de Barro, la gastronomía local y el turismo de Barro, que forman parte de los principios fundacionales de la Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa".

OMIX de Barro: 15 de Marzo na Biblioteca Municipal, Taller de Ideas. Programa Iniciativa Xove




 
Sabes o que é a Iniciativa Xove?

Son propostas que fan:
- Grupos informales de jóvenes que deseen realizar una iniciativa juvenil
- Asociaciones juveniles y las entidades que le presten servicios a la juventud que carezcan de interés de lucro, y sus respectivas federaciones, siempre que, en el caso de estas últimas, el proyecto que presenten no sea el mismo que el de cada una de las asociaciones/entidades que las conforman.

Esta información é da convocatoria de axudas do ano pasado http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130418/AnuncioCA05-110413-0006_es.html

Se tendes algunha idea que queirades realizar, no Concello de Barro a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado imos realizar un TALLER DE IDEAS, ao que poden vir asociacións, grupos de mozos/as, colectivos interesado en realizar proxectos de participación xuvenil, técnicos e público en xeral.

Mais información e inscripcións na OMIX de Barro.986714806.

Un programa de intercambio une a Barro y Pluvigner


Los alumnos del IES de Barro han recibido a casi un treintena de estudiantes franceses del instituto Goh Lanno de Pluvigner, una pequeña localidad de la Bretaña. Los jóvenes, que son alojados con familias del municipio, conocerán durante su estancia algunos de los lugares más destacados de Galicia.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/28/programa-intercambio-une-barro-y/976222.html

O Barro CF perde onte o partido por 0 a 2 contra o Figueirido na Copa Deputación de Pontevedra


Onte pola tarde xogouse o partido pertencente á Copa Deputación de Pontevedra que enfrontaba á nosa equipa local, o BARRO CF, contra o Figueirido. En dito encontro o resultado saldouse negativamente con 2 goles a favor do Figueirido en ningún pola parte do Barro..

Agardemos mellor sorte para próximos encontros. Aupa Barro!!!!



A DEPUTACIÓN ABRE UN PLAZO DE 20 DÍAS PARA OPTAR A 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDADE, E DE 10 DÍAS PARA 28 BOLSAS PARA DIPLOMADOS E TÉCNICOS DE 24 OFICIÑAS TURÍSTICAS DA PROVINCIA



A Deputación de Pontevedra abreu hoxe un prazo de 20 días hábiles para optar a 25 bolsas de práctica laboral para personas con discapacidade, e de 10 días hábiles para que graduados, diplomados ou técnicos de turismo opten a outras 28 bolsas de turismo.
A primeira convocatoria tén por obxecto a personas con discapacidade titulados universitarios ou de FP, sin experiencia laboral previa. Para optar ás 25 bolsas _cunha duración de 6 meses e remuneradas con 800 € ao mes para os universitarios e con 700 € para os de ciclos superiores de FP_  deben ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, estar empadronado en concellos pontevedreses, non haber sido beneficiarios doutras bolsas da Deputación e non ter experiencia laboral previa.
A selección dos 25 bolseiros terá lugar en dúas fases. A primeira será un concurso e valoración da documentación presentada (expediente académico, cursos de posgrado, tempo de finalización dos estudios e outros) e a segunda, unha entrevista personal onde se comprobará a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que desenvolverán no seu centro de destiño.
Para personas con discapacidade, salen 4 bolsas de ciclo superior de Saúde Ambiental; 3 de Educación Social ou Mestre; 3 de Dereito; 2 nas especialidades de Filoloxía Inglesa ou Galega, Historia, Historia da Arte e Psicoloxía; e 1 bolsa para titulados en Administración e finanzas, Proxectos urbanísticos, topógrafos ou Obra Civil, Artes Gráficas, Traballo Social, Enxenería Industrial, Dereito ou Xornalismo.
Bolsas para oficiñas turísticas de 24 concellos
A convocatoria de 29 bolsas de Turismo é para promover e completar a formación de diplomados, graduados ou técnicos de turismo en oficiñas de turismo provinciais.
En concreto, convocánse 12 bolsas de 6 meses de duración para as oficiñas de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa.
E 16 bolsas de 3 meses de duración para os concellos de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia,  Poio, Pontecaldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
As bolsas están retribuidas con 800 € ao mes para graduados e diplomados e 700 € ao mes para técnicos superiores. A selección dos bolseiros será, ao igual que no caso de personas con discapacidade, mediante concurso e valoración da documentación e posterior entrevista para os que superen o corte.

60 PROFESIONAIS RELACIONADOS COA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA SÚMANSE AO PROGRAMA SANePLAN, CO QUE A DEPUTACIÓN BUSCA MELLORAR O SISTEMA DE SANEAMENTO NA PROVINCIA



Desde esta semana e ata o final de marzo desenvólvense xornadas técnicas para a definición do modelo que se pretende implantar

·       A iniciativa conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e desenvólvese conxuntamente co Instituto Tecnolóxico de Galicia e a rexión italiana da Toscana
Un total de 60 profesionais de diferentes ámbitos relacionados coa xestión integral do ciclo da auga participan durante estes días en seis xornadas técnicas que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para a mellora dos sistemas de saneamento na provincia.
As xornadas forman parte do programa europeo Life SANePLAN, unha iniciativa que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e co que se busca o deseño e implantación dun sistema de información nas redes de saneamento e nas instalacións de depuración que permitan contar con datos fiables e exactos para racionalizar os custes de xestión do saneamento, facilitar o dimensionamento das redes e das instalacións de depuración adecuándoas ás necesidades reais de cada área e momento; diagnosticar a capacidade e funcionamento das redes de saneamento nun momento concreto e valorar cal será o seu comportamento futuro e deseñar os sistemas de saneamento máis axeitados en distintos escenarios (de incremento da poboación, de restricións económicas, de maior ou menor pluviosidade, cambios nos usos do solo….).
Implicación
Para a posta en marcha deste sistema é preciso a implicación de expertos que axuden coas súas achegas á definición do modelo máis axeitado para conseguir un mellor funcionamento dar redes de saneamento e este é, precisamente, o obxectivo das xornadas que comezaron esta semana e que se van desenvolver ata finais de marzo nas sedes da Deputación en pontevedra e Vigo.
En total serán seis xuntanzas técnicas con 12 participantes cada unha e entre os que se atopan representantes políticos da administración local con responsabilidades en materia de augas, técnicos de concellos, Deputación e Xunta de Galicia, expertos das universidades galegas e tamén da empresa privada.
O obxectivo destas reunións é a posta en marcha dunha comunidade de expertos que dea soporte ao proxecto Life SANePLAN e que durante todo o proceso contribúa ao seu desenvolvemento, para poder acadar unha planificación integrada e xestión sostible das infraestruturas de saneamento a través da tecnoloxía de precisión máis innovadora.
Nesta iniciativa participan tamén o Instituto Tecnolóxico de Galicia e unha entidade italiana de xestión ambiental da rexión da Toscana e o desenvolvemento do mesmo pretende, inicialmente e a modo de proxecto piloto, implantar os sistemas de información que se desenvolvan en 4 concellos europeos, dos cales 3 serán en Pontevedra e un da Toscana.
Posteriormente, estenderase  40 entidades españolas e a 10 italianas para, unha vez comprobados os resultados, poder avanzar na súa xeneralización.
É un paso máis no labor que a Deputación está a facer para mellorar a eficiencia dos servizos básicos dos concellos, coa finalidade de aproveitar mellor os recursos e, tamén, lograr unha xestión máis sostible económica e ambientalmente.

No 2013 Barro non solicitou ningún. A DEPUTACIÓN GARÁNTELLE AOS CONCELLOS ADHERIDOS AO ORAL MÁIS DE 53 MILLÓNS DE EUROS EN ANTICIPOS PARA 2014



Louzán asinou esta mañá a póliza de crédito coa que a Administración provincial se asegura liquidez para o pagamento destas achegas
  • No 2014, Barro terá dispoñibles para solicitar 386.598,50

·       Esta achega realizarase en cotas mensuais e o seu obxectivo é facilitarlle aos municipios liquidez inmediata para servizos e investimentos
·       A maiores destes anticipos, os concellos poderán pedir cantidades adicionais para cubrir necesidades urxentes
·       Os concellos da comarca de Pontevedra percibirán 4,3 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra garántelle aos concellos da provincia adheridos ao ORAL anticipos por un importe de máis de 53 millóns de euros, que se distribúen en contías mensuais ata o mes de outubro; dos cales 4,3 millóns serán para os 7 concellos da área de Pontevedra.
O presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, asinou esta mañá co director do Banco Santander en Pontevedra, Enrique Daniel Facal Da Costa, unha póliza de crédito por un importe de 12 millóns de euros.
Con esta póliza a Deputación dispón dunha garantía adicional para que, en caso de que por cuestións sobrevidas teña nalgún momento falta de liquidez, os Concellos terán garantido de igual forma o pagamento puntual destes adiantos.
A contía solicitada este ano é substancialmente inferior á de 2013, cando ascendeu a 30 millóns de euros. Esta redución obedece á boa situación de tesourería da Deputación que, grazas a unha boa xestión económica, dispón da liquidez suficiente para ter a seguridade de que poderá abordar con recursos propios a maioría destes adiantos.
A contía solicitada este ano é substancialmente inferior á de 2013, cando ascendeu a 30 millóns de euros. Esta redución obedece á boa situación de tesourería da Deputación que, grazas a unha boa xestión económica, dispón da liquidez suficiente para ter a seguridade de que poderá abordar con recursos propios a maioría destes adiantos.
Rafael Louzán destacou as “condicións favorables” da operación co Santander, que se presentou ao concurso público xunto con outras 6 entidades e ofreceu as condicións máis vantaxosas. O crédito terá vixencia ata o 31 de decembro deste ano e establece un tipo de interese do 1,99% sobre o Euribor. Este interese só se aplicará a aquelas cantidades efectivamente dispostas, non tendo custe algún a parte do crédito que non se utilice.
Garantirlle liquidez aos concellos
A contía que os concellos recibirán en concepto de adianto da recadación dos impostos que o ORAL realiza nos concellos que teñen delegada esta competencia, sitúase no contorno dos 5 millóns de euros mensuais.
O obxectivo é facilitarlle aos municipios liquidez para o seu funcionamento diario, permitindo a prestación de servizos e a realización de investimentos.
Ademais destas contías previamente establecidas e que perciben todos os concellos adheridos ao ORAL en función do seu volume de recadación, a Deputación ofrécelle a posibilidade de solicitar outros anticipos a maiores para facer fronte a situacións de falta de liquidez puntuais que lle poidan xurdir ao longo do ano.
Neste sentido, en 2013 foron 10 os concellos que se acolleron a esta posibilidade, así como a Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Desta forma, a achega realizada pola Deputación en concepto de anticipos adicionais ascendeu a 5.178.356,26 euros que, sumados aos 51.307.429,98 euros achegados mes a mes, fan un total de 56,4 millóns de euros.
Na área de Pontevedra, os 7 concellos adheridos ao ORAL percibiron en 2013 un total de 4.657.834,14 euros, dos cales só 506.896,59 euros foron en anticipos adicionais, solicitados polos concellos de A Lama e Pontecaldelas.

ANTICIPOS AOS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA
ANTICIPOS 2013
PREFIXADOS
SOLICITADOS
BARRO
267.906,60
0,00
CAMPO LAMEIRO
203.314,04
0,00
COTOBADE
271.414,51
0,00
LAMA (A)
227.082,06
385.775,53
POIO
2.339.720,16
0,00
PONTE-CALDELAS
565.632,18
121.121,06
VILABOA
275.868,00
0,00
TOTAL
4.150.937,55
506.896,59

CONCELLOS
ANTICIPOS 2014
BARRO
386.598,50
CAMPO LAMEIRO
199.488,31
COTOBADE
304.141,40
LAMA (A)
247.872,02
POIO
2.370.515,31
PONTE-CALDELAS
577.173,08
VILABOA
303.208,40
TOTAL
4.388.997,02

jueves, 27 de febrero de 2014

La piloto de Barro, Silvia Rivas, participa en la primera prueba puntuable femenina en la historia,del Campeonato de España de motocross que se celebra en Galicia.



El próximo día 15 de Marzo se celebrará en el circuito de Taboexa, As neves, la primera prueba puntuable para el campeonato de España de Motocross en las categorías: Féminas, Sub 18, 125, Máster 35, Máster 40.

Los entrenamientos comenzarán a las 10:30 horas y las carreras a las 15:00 Horas.

Es la primera vez en la historia del motocross Gallego que se celebra una prueba puntuable para la Copa de España de Féminas..
Enserio, ¿Te lo vas a perder?

Más de 17.000 peregrinos atravesaron la comarca durante el año pasado


Unos 10.000 caminantes eran de nacionalidad extranjera

Los peregrinos que atravesaron la comarca durante el pasado año superaron los 17.000. Un dato que confirma la importancia del camino portugués para el dinamismo de la zona y que confirma a ésta ruta como una de las preferidas para llegar a Santiago. Los datos han sido recogidos por los integrantes de Protección Civil de la agrupación valguesa.
Al tiempo que aportan ayuda y asesoramiento a los caminantes, los integrantes de Protección Civil Valga elaboran un recuento de los mismos, de tal modo que puede decirse que por la comarca, y más exactamente por el punto de control de Protección Civil, pasaron más de 17.000 peregrinos y la mayoría eran extranjeros. De esa cantidad total fueron casi 10.000 los peregrinos llegados de otras nacionalidades, y más concretamente de 65 países diferentes. Los demás, unos 7.300, fueron caminantes españoles, en representación de 17 comunidades.
La importancia del camino portugués queda patente con estos datos. Desde el Concello de Caldas como uno de los principales beneficiados de la ruta, han puesto en marcha una campaña para reforzar este itinerario en colaboración con el país vecino. Algo sobre lo que mañana se dará un nuevo paso con reuniones en Pontevedra y Portugal.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/27/17000-peregrinos-atravesaron-comarca-durante/975379.html

miércoles, 26 de febrero de 2014

COS 20 CONCELLOS ADHERIDOS, O SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA DE LIXO SUBROGARÍA UNS 25 TRABALLADORES E DISPORÍA DE 22 CAMIÓNS



A Deputación traballa na redacción dos pregos técnicos para a posta en marcha do servizo
O servizo provincial de recollida de lixo da Deputación de Pontevedra conta xa cos suficientes concellos adheridos como para a posta en marcha desta modalidade de xestión conxunta, polo que os técnicos da administración provincial están a redactar os pregos técnicos para súa a licitación.
Nestes momentos son 20 os concellos que se adheriron formalmente ao servizo e hai outro grupo que transmitiu o seu interese en sumarse. Con estes datos, as estimacións dos técnicos da Deputación establecen que a posta en marcha do servizo cos 20 concellos xa adheridos suporía a subrogación duns 25 operarios que nestes momentos traballan nos concellos. Así mesmo, disporíase de 22 camións para a recollida do lixo.
O obxectivo da Administración provincial é activar este servizo canto antes para dar resposta ás demandas dos concellos e impulsar unha xestión dos residuos municipais máis acorde coas novas esixencias lexislativas.
Cómpre ter en conta que a lexislación actual establece que en 2020 terase que acadar unha separación para a súa reciclaxe ou reutilización do 50% do total de lixo doméstico ou similar xerado anualmente, reclamando a separación de papel, cartón, vidro e envases lixeiros, que xa se fai actualmente, pero tamén de plásticos, metais e materia orgánica, o que obrigará aos concellos –que son as administracións competentes nesta materia– a facer un enorme esforzo para adaptarse ás novas demandas.
A Deputación de Pontevedra pretende favorecer este tránsito cun servizo no que se potenciarán novas fórmulas de xestión, como a compostaxe -para o cal está prevista a posta en marcha dun plan piloto que distribuirá 1.300 composteiros na provincia, a potenciación da planta de compostaxe da Mancomunidade do Morrazo, e a colaboración coa Xunta de Galicia na implantación de plantas de compost na provincia-. Así  mesmo, están en estudo as posibilidades de aplicar nesta provincia a tecnoloxía de dixestión en autoclave a presión que se está a desenvolver na planta de tratamento de lamas de Touro.

O Museo de Pontevedra acolle diversos actos con motivo da celebración o vindeiro mes de marzo do Día da Muller

O primeiro dos actos terá lugar este venres cun debate sobre a violencia de xénero hoxe, organizado por Mulleres en Igualdade

O Museo de Pontevedra acolle desde este venres, 28 de febreiro, e ata finais de marzo unha serie de actividades con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller.
Entre as actividades programadas destaca o festival Miradas de Mulleres 2014, ao que este ano decidiu sumarse a Deputación de Pontevedra a través do Museo e que ten por obxecto difundir o papel e a relevancia da muller no mundo das artes visuais a través dunha serie de actividades que se realizarán ao longo do mes de marzo.
Trátase dunha iniciativa de Mujeres en las Artes Visuales (MAV), unha asociación interprofesional e de ámbito estatal sen ánimo de lucro formada por 400 profesionais do sector das artes plásticas en España e que foi creado en 2012 pola artista Mareta Espinosa, para poñer en valor a presenza da muller en todos os ámbitos profesionais das artes visuais, desde a creación artística ao comisariado, a crítica, a investigación e a xestión.
Con este obxectivo, a entidade organizadora convida a museos, galerías, centros de arte e universidades a sumárense a este festival con mostras e outras actividades de mulleres artistas durante o mes de marzo, coa finalidade de aglutinar o maior número de exposicións coa muller como centro.
O programa co que o Museo de Pontevedra se suma a esta iniciativa inclúe unha conferencia sobre Muller burguesa e xoiería no século XIX. A democratización do luxo, que será pronunciada por Natalia Fraguas, conservadora do Museo de Pontevedra, o día 6 de marzo ás 20,00 h.
O 12 de marzo terá lugar o recital poético de Dores Tembrás Onde pousar o verso e do 26 ao 28 de marzo desenvolverase un ciclo de conferencias que, baixo o título Mulleres artistas, contará coa participación de Beatriz de San Ildefonso, cun relatorio sobre Mulleres artistas na colección do Museo de Pontevedra, que terá lugar o día 26 de marzo; Elena Colmeiro, que disertará sobre Elena Colmeiro e as artistas da súa xeración, a súa experiencia persoal¸o día 27, para rematar, o 28 de marzo, con Almudena Fernández Fariña falando de A miña obra e as artistas da miña xeración. A miña experiencia persoal.
Todas estas actividades realizaranse no salón de actos do Sexto Edificio ás 20,00 h.
Ademais, o 8 de marzo terá lugar no andar baixo do Sexto Edificio a actividade Con mans de muller. Actividades no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, que incluirá unha demostración de palilleiras das asociacións pontevedresas A Fieitiña e Mar de Fíos; e unha pequena mostra de encaixes tradicionais e creativos. A demostración terá lugar de 11:00 a 13:30 h e de 16:30 a 18:30 h.
Esta actividade completarase cunha mesa redonda sobre o encaixe de palillos, que terá lugar ás 19:00 h. no salón de actos e no que participarán Mariña Regueiro, que tratará sobre o encaixe e a pintura a través dos fondos do Museo; Mario Gallego, que se centrará nas palilleiras de Pontevedra e o papel do home en relación a esta artesanía; Esperanza Marín, que falará acerca do oficio tradicional do encaixe de palillos en mans das mulleres e Ana Rosa Liste que falará do encaixe creativo e da mestura de tradición e modernidade.
Debate sobre violencia de xénero
A estas actividades hai que engadir a que abrirá o programa de actos relacionados coa muller e que será a mesa de debate A violencia de xénero hoxe, que organiza a asociación Mulleres en Igualdade de Pontevedra.
A mesa terá lugar este venres, 28 de febreiro, ás 20,00 horas no Sexto Edificio e contará coa participación de Rosa Campos Briones, directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra; Carmen Fúnez, secretaria xeral da Confederación de Mulleres en Igualdade e senadora por Castela A Mancha; Marta González Vázquez, presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados; Pilar Lagos Alonso, responsable de EMUME; Beatriz Piñeiro Lago, presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Pontevedra e Begoña Rivera Barros, directora do centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero.

CADA FOGAR DA PROVINCIA PODERÍA AFORRARSE 32 EUROS NA FACTURA DE LIXO SE SE DUPLICASE A SEPARACIÓN E RECOLLIDA SELECTIVA

























A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá unha xornada de traballo sobre a xestión dos residuos municipais

·            A provincia de Pontevedra separou en 2013 un total de 23.121 toneladas de papel, cartón, envases e vidro, o que lle permitiu aforrar 5 millóns de euros
·            O director xeral de Ecoembes subliñou o papel fundamental das administracións locais no incremento da reciclaxe de envases, que acadou o 70,3%
Cada fogar da provincia de Pontevedra podería aforrarse 32 euros na  factura de lixo se se duplicase a separación e recollida selectiva. Así o puxo de manifesto esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na inauguración das xornadas Presente y futuro de la gestión de residuos municipales ante el nuevo marco normativo que se desenvolve no Pazo Provincial e na que participan técnicos e responsables municipais de máis dun cento de concellos de España, así como membros dunhas cincuenta empresas, asociacións e entidades relacionadas coa xestión ambiental ou de residuos.
Na súa intervención, Louzán subliñou que a provincia de Pontevedra enviou a Sogama en 2013 un total de 345.000 toneladas de residuos “o que supuxo un custe de 46 millóns de euros”, mentres que “se separaron e reciclaron 23.121 toneladas de papel-cartón, envases e vidro que permitiron un aforro económico superior aos 5 millóns de euros”.
Louzán incidiu en que estes datos son o suficientemente significativos como para apostar por unha mellor xestión dos residuos, dado que “só con duplicar a cifra de residuos enviados á reciclaxe, reduciríamos a factura da xestión nesta provincia en 10 millóns de euros”, e dicir, o custe da recollida e tratamento de lixo reduciríase en case 32 euros por vivenda.
Neste sentido, amosouse confiado en que as xornadas que hoxe reúnen en Pontevedra a 200 persoas relacionadas coa xestión dos residuos permitan “definir liñas de traballo que nos axuden a todos a converter os residuos non nun problema, senón nunha oportunidade” e achegar “solucións que axuden aos concello a facer fronte ás novas exixencias e responsabilidades nesta materia” afondando tamén “nunha unificación de taxas e racionalización do servizo que permita poñer fin ao actual déficit do servizo”.
Este é precisamente un dos obxectivos que a Deputación persegue co servizo conxunto que pretende poñer en marcha e que confía en conseguir por medio do abaratamento dos custes do servizo con medidas de racionalización de recursos e de loxística e avances na separación, reutilización e reciclaxe.
Pola súa banda, o secretario xeral da FEMP, Ángel Fernández, destacou a conveniencia de realizar xornadas como a que se inaugura hoxe, pois “é importante traballar e unir esforzos para que a xestión dos residuos urbanos sexa cada vez máis eficiente”.  Neste punto, incidiu na importancia tamén de realizar campañas de concienciación posto que “a participación cidadá neste ámbito resulta esencial”.
Trátase dun aspecto no que tamén fixo fincapé o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, que informou de que a administración autonómica e Sogama están traballando conxuntamente na intensificación de campañas educativas para promover a reciclaxe.
Ademais, indicou que a Xunta de Galicia está apoiando un tratamento de residuos baseado na redución, a recuperación, a reciclaxe e a valorización enerxética dos mesmos, afirmación que ratificou con datos. Así, subliñou que Sogama aumentou nun 21% a recuperación de envases lixeiros e iniciou un proceso de recuperación de dous novos materiais: o vidrio e o aceiro.
No caso do vidro, afirmou que a nova instalación de Cerceda permitirá incrementar nun 80% a reciclaxe deste material en Galicia, mentres que a separación de aceiro recupera entre 7.700 e 11.000 toneladas.
Cooperación público-privada
Neste camiño, tal e como sinalou o director xeral de Ecoembes, Óscar Martín Riva, ten un papel primordial a cooperación, que permitiu incrementar notablemente a separación de envases nos últimos anos.

O director de Ecoembes destacou, pola súa banda, que España conta cunha taxa do 70,3% de reciclado de envases, unha cifra que a sitúa por riba da media comunitaria e a coloca entre os dez países de Europa con máis reciclado.

E neste camiño, “o papel das Administracións e da FEMP para desenvolver en España un sistema de reciclado de envases domésticos de tanto éxito coma o que temos foi clave”.
Principio de xerarquía
Unha colaboración que tamén destacaron o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares,  e a directora de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Guillermina Yanguas.
Yanguas fixo un chamamento á concienciación social, para conseguir que o vertido de residuos, que hoxe é a opción maioritaria, pase a ser a opción minoritaria, nun principio de xerarquía que converta en prioritaria a recuperación, reciclaxe e valorización dos residuos.
Finalmente, Alfonso Villares referiuse á reforma local, destacando que mantén aos concellos como administracións competentes á hora de prestar este servizo e de xestionar a recogida e tratamento dos RSU, pero “outórganos, dixo, un gran aliado”, en referencia ás deputacións, que poderán asumir este servizo se nos concellos de menos de 20.000 habitantes se estes así o aceptan.
Villares lembrou que a xestión de RSU custa aos concellos galegos 180 millóns de euros, o que representa o 8% dos recursos municipais.

A DEPUTACIÓN E A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL PÚBLICA (EOI) ORGAIZAN UN CURSO SUPERIOR DE DIRECCIÓN DE PROXECTOS PARA FORMAR A NOVOS EMPRENDEDORES E DIRECTIVOS




A Deputación de Pontevedra convocou hoxe un “Curso Superior de Dirección de Proxectos”, que será desenvolvido en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), para capacitar aos participantes nas técnicas directivas e habilidades precisas para xestionar proxectos e para atender aos retos e vantaxes competitivas das organizacións ás que pertenzan.
A finalidade do curso é formar novos emprendedores e directivos para darlles a coñecer todas as habilidades técnicas e persoais para xestionar e dirixir un proxecto multisectorial.
O curso abordará temas como <Dirección de proxectos>, <Métodos numéricos e cadros de persoal na dirección de proxectos>, <Xestión de programas e de portafolio de proxectos> e <Financiamento estruturado: análise de viabilidade, fórmulas de financiamento e oportunidades de inversión>. Os interesados en participar nas clases dispoñen dun prazo de 20 días naturais, a contar dende mañá, para inscribirse.
O curso terá unha duración de 110 horas e o número de prazas será de 50. O 30 % delas (15) teñen como destinatarios aos empregados públicos das Administracións Locais de Pontevedra que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grado, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que se encadren nas seguintes categorías: funcionarios del grupo A; personal laboral dos grupos I e II; e personal eventual titulado superior.
O 40 % das prazas (20) son para desempregados titulados universitarios en Arquitectura e Enxeñería, inscritos como demandantes de emprego e que non foran beneficiarios dunha beca da Deputación nos anos 2013 ou 2014.
E o 30% das prazas (15) restantes serán para técnicos ou directivos das Pemes de Pontevedra e con titulación de Licenciado, Graduado ou Diplomado.
O custe da matrícula para o curso é de 3.600 euros. A Deputación farase cargo do 55% do custe total (1.980 €), a EOI aportará 1.440 € e o alumno participante aportará o 5% restante (180 €).

A XUNTA ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE Á ESCOLA INFANTIL DA REDE DA GALIÑA AZUL EN BARRO




§         A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, presentou onte na cidade de Pontevedra as novidades da convocatoria para o próximo curso
§         As solicitudes poderán presentarse ata o venres 21 de marzo inclusive
§         No baremo para nenos e nenas de novo ingreso increméntase a puntuación otorgada a cada pai e nai por estar en situación laboral de ocupación
§         As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais beneficiaranse da exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil
§         Na provincia de Pontevedra, a oferta actual de prazas 0-3 é de 3.309, un 65,5 por cento máis que en 2009 e na cidade o aumento foi do 127 por cento

O prazo para a presentación de solicitudes nas escolas infantís A Galiña Azul está aberto ata o día 21 de marzo inclusive. Así o anunciou onte na cidade de Pontevedra a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, quen explicou as novidades da convocatoria para o próximo curso.

Na rolda de prensa, a directora xeral estivo acompañada da secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, así como da xefa territorial de Traballo e Benestar de Pontevedra, María Peón.

Os requisitos e procedementos para a solicitude de prazas publicáronse o pasado venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias pode consultarse a través da web www.escolasinfantis.net ou no propio centro, onde se queira matricular ao neno ou nena.

Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo inclusive, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

A oferta total da Xunta para o curso 2014/2015 ascende en toda Galicia a un total de 8.750 prazas en 148 escolas infantís. Na cidade de Pontevedra, a rede autonómica conta cun total de 6 escolas infantís e 487 prazas, o que supón un incremento do 127 por cento con respecto ao ano 2009. Esa oferta inclúe unha escola, a do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, que terá un procedemento de matrícula independente ao estar as prazas reservadas para os fillos de traballadores da Administración autonómica. Na provincia de Pontevedra, a oferta actual de prazas 0-3 é de 3.309, un 65,5 por cento máis que en 2009.

É preciso destacar que a planificación da Consellería de Traballo e Benestar para a área territorial de Pontevedra inclúe actualmente tres novas escolas, que se construirán nos concellos de Tomiño, Marín e Ponteareas con 61,41 e 74 prazas respectivamente.  

Novidades no procedemento
A orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís inclúe algunhas novidades. Así por exemplo, no baremo para nenos e nenas que solicitan praza por primeira vez nunha escola a puntuación otorgada a cada pai e nai en situación laboral de ocupación increméntase, pasando de 5 a 6 puntos. É preciso lembrar que xa o ano pasado este baremo incrementouse nun punto.

Tamén no que respecta ao baremo, outorgaránselle, como novidade, 3 puntos aos beneficiarios dunha Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) que se atopen no tramo de inserción, co fin de dar cumprimento á Lei de Inclusión Social de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro deste ano e co obxectivo fundamental de facilitar a vida laboral e familiar ás persoas perceptoras de RISGA.

Así mesmo, as familias cunha renda pér cápita igual ou inferior aos 7.500 euros anuais beneficiaranse dunha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil.

Destacar tamén que se inclúe o suposto de enfermidade grave para xustificar a necesidade de que un neno ou nena asista á escola infantil en periodos en que os centros permanecen pechados. Ata agora a xustificación desa necesidade era unicamente por motivos laborais.

Fóra de prazo e cheque infantil
Ademais, e ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación admitiranse ata a data anterior á publicación da relación provisional de admitidos (2 de maio) co fin de concretar e unificar prazos en toda Galicia.

A documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitude de praza nas escolas, como xa se fixo o ano pasado co propósito de axilizar a tramitación do mesmo.