No 2013 Barro non solicitou ningún. A DEPUTACIÓN GARÁNTELLE AOS CONCELLOS ADHERIDOS AO ORAL MÁIS DE 53 MILLÓNS DE EUROS EN ANTICIPOS PARA 2014 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 28 de febrero de 2014

No 2013 Barro non solicitou ningún. A DEPUTACIÓN GARÁNTELLE AOS CONCELLOS ADHERIDOS AO ORAL MÁIS DE 53 MILLÓNS DE EUROS EN ANTICIPOS PARA 2014



Louzán asinou esta mañá a póliza de crédito coa que a Administración provincial se asegura liquidez para o pagamento destas achegas
  • No 2014, Barro terá dispoñibles para solicitar 386.598,50

·       Esta achega realizarase en cotas mensuais e o seu obxectivo é facilitarlle aos municipios liquidez inmediata para servizos e investimentos
·       A maiores destes anticipos, os concellos poderán pedir cantidades adicionais para cubrir necesidades urxentes
·       Os concellos da comarca de Pontevedra percibirán 4,3 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra garántelle aos concellos da provincia adheridos ao ORAL anticipos por un importe de máis de 53 millóns de euros, que se distribúen en contías mensuais ata o mes de outubro; dos cales 4,3 millóns serán para os 7 concellos da área de Pontevedra.
O presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, asinou esta mañá co director do Banco Santander en Pontevedra, Enrique Daniel Facal Da Costa, unha póliza de crédito por un importe de 12 millóns de euros.
Con esta póliza a Deputación dispón dunha garantía adicional para que, en caso de que por cuestións sobrevidas teña nalgún momento falta de liquidez, os Concellos terán garantido de igual forma o pagamento puntual destes adiantos.
A contía solicitada este ano é substancialmente inferior á de 2013, cando ascendeu a 30 millóns de euros. Esta redución obedece á boa situación de tesourería da Deputación que, grazas a unha boa xestión económica, dispón da liquidez suficiente para ter a seguridade de que poderá abordar con recursos propios a maioría destes adiantos.
A contía solicitada este ano é substancialmente inferior á de 2013, cando ascendeu a 30 millóns de euros. Esta redución obedece á boa situación de tesourería da Deputación que, grazas a unha boa xestión económica, dispón da liquidez suficiente para ter a seguridade de que poderá abordar con recursos propios a maioría destes adiantos.
Rafael Louzán destacou as “condicións favorables” da operación co Santander, que se presentou ao concurso público xunto con outras 6 entidades e ofreceu as condicións máis vantaxosas. O crédito terá vixencia ata o 31 de decembro deste ano e establece un tipo de interese do 1,99% sobre o Euribor. Este interese só se aplicará a aquelas cantidades efectivamente dispostas, non tendo custe algún a parte do crédito que non se utilice.
Garantirlle liquidez aos concellos
A contía que os concellos recibirán en concepto de adianto da recadación dos impostos que o ORAL realiza nos concellos que teñen delegada esta competencia, sitúase no contorno dos 5 millóns de euros mensuais.
O obxectivo é facilitarlle aos municipios liquidez para o seu funcionamento diario, permitindo a prestación de servizos e a realización de investimentos.
Ademais destas contías previamente establecidas e que perciben todos os concellos adheridos ao ORAL en función do seu volume de recadación, a Deputación ofrécelle a posibilidade de solicitar outros anticipos a maiores para facer fronte a situacións de falta de liquidez puntuais que lle poidan xurdir ao longo do ano.
Neste sentido, en 2013 foron 10 os concellos que se acolleron a esta posibilidade, así como a Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Desta forma, a achega realizada pola Deputación en concepto de anticipos adicionais ascendeu a 5.178.356,26 euros que, sumados aos 51.307.429,98 euros achegados mes a mes, fan un total de 56,4 millóns de euros.
Na área de Pontevedra, os 7 concellos adheridos ao ORAL percibiron en 2013 un total de 4.657.834,14 euros, dos cales só 506.896,59 euros foron en anticipos adicionais, solicitados polos concellos de A Lama e Pontecaldelas.

ANTICIPOS AOS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA
ANTICIPOS 2013
PREFIXADOS
SOLICITADOS
BARRO
267.906,60
0,00
CAMPO LAMEIRO
203.314,04
0,00
COTOBADE
271.414,51
0,00
LAMA (A)
227.082,06
385.775,53
POIO
2.339.720,16
0,00
PONTE-CALDELAS
565.632,18
121.121,06
VILABOA
275.868,00
0,00
TOTAL
4.150.937,55
506.896,59

CONCELLOS
ANTICIPOS 2014
BARRO
386.598,50
CAMPO LAMEIRO
199.488,31
COTOBADE
304.141,40
LAMA (A)
247.872,02
POIO
2.370.515,31
PONTE-CALDELAS
577.173,08
VILABOA
303.208,40
TOTAL
4.388.997,02

No hay comentarios:

Publicar un comentario