Inclúense obras nas comarcas de Deza, Morrazo,
Pontevedra, Arousa, Caldas, Vigo, Condado-Paradanta e Baixo Miño
A Deputación de Pontevedra adxudicou e licitou,
na súa Xunta de Goberno desta mañá, obras por un importe de 6 millóns de euros.
En total, adxudicáronse 12 obras e
subministracións nos concellos de Cangas (2), Soutomaior, Pazos de Borbén,
Ponte Caldelas (2), O Porriño, Silleda (3), Caldas de Reis e Lalín, por un
importe global próximo ao millón de euros.
Así mesmo, aprobouse o expediente de contratación
para a licitación de outras 13 actuacións en diferentes concellos da provincia,
por un importe superior aos 4 millóns de euros e que se executarán nos concellos
de Barro (2), Cambados, Cangas (2), Lalín, Mondariz, Poio, Valga, Vilagarcía de
Arousa, O Rosal, Ponteareas e Redondela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario