O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a
convocatoria
· As
empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 3 de marzo
· O
importe de licitación das obras é de 67.675 euros no caso de Barro e de 114.391
en Poio
A Deputación de Pontevedra saca a concurso as
obras de urbanización e remate das Rúa Areal, no concello de Barro, e a
pavimentación e mellora de diversos camiños rurais no concello de Poio.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a
convocatoria do concurso público para a contratación das obras, que se fará
polo procedemento aberto.
As empresas interesadas en executar estas obras
poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de marzo.
No caso das obras que se van executar en Poio,
contan cun orzamento de licitación de 114.391,57 euros e un prazo de execución
de 3 meses.
Incluirán a pavimentación e mellora do firme do
varios camiños nos núcleos de Monforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte.
Ademais dos traballos de mellora do firme, as
obras incluirán o abastecemento de auga en Monforte e Cotorela, de forma que se
procederá á canalización de auga con tubo de polietileno, así como á
construción de arquetas de acometida para facilitar a conexión das vivendas á
rede.
No camiño de Outeiro, para facilitar o movemento
natural das augas pluviais, tamén se procederá á construción de cunetas
revestidas e á colocación de pasos salvacunetas.
No caso dos camiños Monforte, Cotorela, Mato e
Outeiro, a mellora do firme incluirá a limpeza e saneo da actual pavimentación,
a dotación dun rego de imprimación e unha nova capa de aglomerado en quente. No
caso do Camiño da Fonte, procederase á pavimentación con formigón, sobre unha
base de saburra artificial.
Finalización
da Rúa Areal
No concello de Barro, as obras que saca a
concurso a Deputación consistirán na
dotación de servizos e beirarrúas e na reparación do pavimento da Rúa Areal,
que na actualidade se atopa parcialmente urbanizada e que se pretende completar
para a súa posta en servizo.
Os traballos, que contan cun orzamento de
67.675,32 euros e un prazo de execución de 2 meses, incluirán a reparación da
calzada, dotándoa dunha capa de saburra artificial compactada, sobre a que se
aplicará un rego de imprimación e unha capa de aglomerado en quente. Así mesmo,
completarase a canalización das redes de pluviais, de abastecemento e
saneamento, así como da rede de telecomunicacións e alumeado público; e
completaranse as beirarrúas da marxe esquerda da rúa, con bordo de granito e
firme de formigón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario