TALLERES DE PAN E VISITAS ETNOLÓXICAS PARA COLEXIOS EN MUIÑOS DE BAROSA
Visita etnolóxica os muiños da Ría de Barosa
O que pretendemos con esta visita etnolóxica e que os nenos do seu colexio aprendan como funcionan os muiños, a súa historia, como funciona un forno de pedra e os procesos da elaboración do pan.
Ensinaremoslle os distintos tipos de cereais, como o moelos se consigue a fariña, mostrarlle os nenos os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Asimesmo faremos un taller de amasado de pan para que os nenos elaboren cada un o seu propio bolo e por último ensinarlles o forno para que aprendan como a partir da masa e despois do cocido desta conseguimos ter pan.
Esta sería a folla de ruta que propoñemos
- A chegada as fervenzas presentamos os monitores e lles resumimos os nenos o que vamos a facer durante a xornada
- En función do número de nenos que veñan dividímolos en grupos
- Un grupo pasa o interior do muíño e se lle explica como funciona e as partes do mesmo
- Outro grupo pasa a parte do muíño onde esta o forno e se lle explica como funciona
- Outro grupo queda con un monitor fora e faláselle de os tipos de cereais que se cultivan na zona, a historia dos muíños, a importancia que tiveron na sociedade galega etc.
- Vamos rotando os grupos ata que todos participen nas tres actividades.
- A continuación dámoslles de almorzar
- Despois do almorzo facemos o taller de amasado de pan. Un dos nosos monitores que é panadeiro de profesión lles explica os nenos os ingredientes que leva a masa para facer pan. Amasamos diante dos nenos facendo que participen e logo damoslle un pedazo de masa a cada neno para que lle de forma coa supervisión dos nosos monitores.
- Por último damoslle un moletiño de pan a cada neno para que leve para a súa casa de recordo.
O precio de a actividade é de 6€ /neno
A continuación déixolles uns links para que poidan descargar os proxectos
Proxecto de educación infantil - primaria
http://bit.ly/1crtoGo
Proxecto de educación secundaria
http://bit.ly/ObANBq
Aquí lles deixo os links para descargar as unidades didácticas para traballar no colexio con anterioridade a visita
U.D. de infantil
http://bit.ly/1muk0Zo
U.D. de primaria
http://bit.ly/1bmUgJs
U.D. de secundaria
http://bit.ly/MBC7fY
A continuación uns links de unhas cancións e poemas que gravamos para que os nenos escoiten antes de facer a visita
http://bit.ly/1hwoQmw
http://bit.ly/1dOyBsZ
http://bit.ly/1giyUdF
http://bit.ly/1gHDNiK
http://bit.ly/1fAnDE0
http://bit.ly/1dOzMsm
http://bit.ly/1fhVXYe
http://bit.ly/1eTDxIB
http://bit.ly/1fAoapj
http://bit.ly/1jRtFah
http://bit.ly/1c3mGTW
http://bit.ly/1dOB1rH
http://bit.ly/1oTBMnD
Para calquera aclaración poden chamarnos os seguintes teléfonos.
Jorge López 655952805
Sergio Ribeiro 633 504 021
Ou escribirnos os seguintes mails
yoyo@barosa.es
parquedebarosa@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario