A Deputación de Pontevedra convocou hoxe un “Curso
Superior de Dirección de Proxectos”, que será desenvolvido en colaboración coa
Escola de Organización Industrial (EOI), para capacitar aos participantes nas
técnicas directivas e habilidades precisas para xestionar proxectos e para
atender aos retos e vantaxes competitivas das organizacións ás que pertenzan.
A finalidade do curso é formar novos emprendedores e
directivos para darlles a coñecer todas as habilidades técnicas e persoais para
xestionar e dirixir un proxecto multisectorial.
O curso abordará temas como <Dirección de
proxectos>, <Métodos numéricos e cadros de persoal na dirección de
proxectos>, <Xestión de programas e de portafolio de proxectos> e
<Financiamento estruturado: análise de viabilidade, fórmulas de
financiamento e oportunidades de inversión>. Os interesados en participar
nas clases dispoñen dun prazo de 20 días naturais, a contar dende mañá, para
inscribirse.
O curso terá unha duración de 110 horas e o número de
prazas será de 50. O 30 % delas (15) teñen como destinatarios aos empregados
públicos das Administracións Locais de Pontevedra que estean en posesión do
título de doutor, licenciado, diplomado, grado, arquitecto, enxeñeiro,
arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que se encadren nas seguintes
categorías: funcionarios del grupo A; personal laboral dos grupos I e II; e personal
eventual titulado superior.
O 40 % das prazas (20) son para desempregados titulados
universitarios en Arquitectura e Enxeñería, inscritos como demandantes de
emprego e que non foran beneficiarios dunha beca da Deputación nos anos 2013 ou
2014.
E o 30% das prazas (15) restantes serán para técnicos ou
directivos das Pemes de Pontevedra e con titulación de Licenciado, Graduado ou
Diplomado.
O custe da matrícula para o curso é de 3.600 euros. A
Deputación farase cargo do 55% do custe total (1.980 €), a EOI aportará 1.440 €
e o alumno participante aportará o 5% restante (180 €).
No hay comentarios:
Publicar un comentario