A Xunta de Goberno aprobou as bases dos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas
A Deputación de Pontevedra destina 529.000 euros á organización de 440
actividades formativas dirixidas a asociacións de maiores e de mulleres.
A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras dos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas, no marco do cal se desenvolverán as citadas actividades.
A deputada Marta Iglesias subliñou, na rolda de prensa posterior á Xunta de
Goberno, que se trata de dous programas que están tendo un considerable éxito e
que cada ano aumenta a demanda de participación, tanto por parte das
asociacións que solicitan os cursos como dos participantes nos mesmos. Así, en
na edición de 2013 foron máis de 12.000 as persoas de 500 asociacións de toda a
provincia que as participaron nestes cursos.
O programa Pensa en ti, dirixido
a asociacións de mulleres, contará cun orzamento de 329.000 en el ofertaranse
274 actividades.
Outras 166 ofertaranse no marco do programa Ti Tamén Contas, ao que poden acollerse as asociacións de maiores.
Nos dous
casos, tal e como salientou Marta Iglesias, ademais da súa función formativa,
os cursos teñen un notable “compoñente de socialización”, xa que tratan de
evitar o illamento de moitos maiores e amas de casa, ofrecéndolle no seu
contorno máis próximo actividades que poidan resultar do seu interese e que os
“animen a saír da casa, recuperar amizades, relacionarse cos veciños”.
Nesta liña, a
deputada provincial recalcou que a Administración provincial chega con estes
cursos a parroquias, lugares e concellos da provincia nos que ningunha outra
entidade ofrece actividades.
Os cursos
terán unha duración de 30 horas, repartidas en dúas horas semanais, e abarcan
temáticas que van desde as áreas de manualidades, arte e bricolaxe; cociña,
agricultura e elaboracións artesanais; desenvolvemento persoal e saúde física e
mental; cultura tradicional, música e baile; novas tecnoloxías, cursos de
photoshop e retoque fotográfico; informática práctica; idiomas; actividades
artísticas; xestión administrativa; técnicas de venda; primeiros auxilios….
Unha vez
publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, as asociacións que desexen
solicitar algunha das actividades disporán dun prazo de 30 días para poder
facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario