A DEPUTACIÓN DESTINA 20 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS NUN PLAN DE ACTUACIÓNS URXENTES PARA PALIAR OS DANOS DO TEMPORAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 21 de febrero de 2014

A DEPUTACIÓN DESTINA 20 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS NUN PLAN DE ACTUACIÓNS URXENTES PARA PALIAR OS DANOS DO TEMPORAL


Trátase de 2 liñas de subvencións para a contratación de operarios e para investimentos en infraestruturas e servizos municipais

·        Está prevista a contratación de 800 operarios, aos que a Deputación Provincial cubrirá todos os custes salariais, incluída a Seguridade Social
·        Rafael Louzán reunirase coa xefa provincial de Costas para cooperar nun plan destinado a paliar os danos rexistrados nas infraestruturas costeiras
A Deputación de Pontevedra activou, na súa Xunta de Goberno desta mañá, un plan de actuacións urxentes para que os concellos poidan facer fronte de inmediato, entre outras actuacións, ao deterioro que as infraestruturas municipais sufriron como consecuencia dos sucesivos temporais e dos máis de dous meses de mal tempo que se están a rexistrar na provincia.
O presidente da Deputación informou en rolda de prensa que a Administración provincial destinará 20 millóns de euros a dúas liñas de axudas e subvencións aos concellos para que poidan contratar operarios e realizar investimentos na mellora de infraestruturas.
Destes 20 millóns de euros, 15 irán destinados a axudas para a realización de obras prioritarias e co obxectivo de dar resposta á imperiosa necesidade que nestes momentos teñen os municipios de reparar os danos que o mal tempo ocasionou en infraestruturas e servizos básicos.
Os concellos disporán de 30 días desde a publicación das bases deste plan para solicitar acollerse a el.
En canto aos 5 millóns restantes, serán para a contratación de 800 operarios, aos que a Deputación Provincial lle cubrirá o custe salarial completo, incluída a Seguridade Social.
A distribución dos operarios realizarase en función da poboación do municipio e os concellos deberán destinalos á realización de tarefas necesarias para o bo funcionamento dos servizos ou que sexan fundamentais para a mellora da calidade de vida dos veciños.
Rafael Louzán recalcou que se trata dunha medida coa que se quere dar resposta a unha demanda que os gobernos municipais lle están trasladando á Deputación nas últimas semanas, ante o deterioro de moitas infraestruturas e servizos municipais.
Así mesmo, o presidente da Deputación anunciou a próxima activación dun plan de actuacións no litoral, para a recuperación de espazos danados polo mal tempo na costa da provincia, e que se concretará nunha xuntanza que coa xefa provincial de Costas do Estado que terá lugar o vindeiro martes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario