A XUNTA DESTINA SEIS NOVAS VIVENDAS PARA ATENDER CASOS DE EMERXENCIA SOCIAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 13 de diciembre de 2015

A XUNTA DESTINA SEIS NOVAS VIVENDAS PARA ATENDER CASOS DE EMERXENCIA SOCIAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA





  • As vivendas adxudicadas atópanse en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Pontecesures
  • Foron adxudicadas a vítimas de violencia de xénero e familias con necesidade urxente de vivenda

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar de forma directa seis novas vivendas na provincia de Pontevedra para destinar a casos considerados de emerxencia social. A Xunta de Galicia avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que reforza as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas.

Dúas das vivendas adxudicadas se corresponden con casos de violencia de xénero e as seguintes a casos de necesidade urxente de vivenda.

Unha das vivendas adxudicadas en Vigo foi cedida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) pola Sareb, mentres que as outras cinco (dúas en Vigo e as tres restantes en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Pontecesures) foron cedidas por Abanca.

Todas as entregas realizáronse en réxime de aluguer social no marco dos respectivos convenios polos que as entidades ceden ao Instituto Galego da Vivenda e Solo inmobles baleiros da súa propiedade para destinalos a aluguer social de afectados por execucións hipotecarias ou impago do alugueiro e para outros casos de emerxencia social.

Os inmobles foron visitados polos interesados antes de iniciar o proceso de adxudicación, para que desen a súa conformidade. Posteriormente, realízanse os arranxos necesarios, no caso de que a vivenda os precise, para que á entrega de chaves se atope nas condicións de habitabilidade óptimas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario