A conselleira de Infraestruturas e Vivenda,
Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo cos decanos das agrupacións
profesionais das principais cidades galegas
§
Os
letrados comprométense a distribuír entre os colexiados a información sobre as
medidas postas en marcha polo Goberno galego para apoiar ás familias en risco
de perder o seu fogar
§
O
Executivo autonómico continúa coa rolda de contactos iniciada para recabar a
implicación dos distintos sectores sociais e conseguir que as solucións cheguen
aos afectados polos desafiuzamentos
A Xunta e os colexios de avogados de
Galicia colaborarán para poñer as medidas autonómicas de loita contra os
desafiuzamentos á disposición daqueles que o precisan. Así o acordaron a
conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e os decanos das
agrupacións profesionais das principais cidades galegas na reunión que
mantiveron esta mañá en Santiago e na que tamén participou o director do
Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.
Na xuntanza,
os decanos dos colexios de avogados comprometéronse a distribuír entre os
colexiados a información sobre as medidas postas en marcha polo Goberno galego
para apoiar ás familias en risco de perder o seu fogar.
A xuntanza cos decanos dos colexios de avogados encádrase na rolda de contactos
que se está a levar a cabo desde o Goberno galego cos distintos axentes sociais,
para recabar a súa implicación, facilitar a información e conseguir que as
solucións existentes cheguen aos afectados por desafiuzamentos.
Para a responsable de Vivenda do Executivo autonómico, esta reunión é
unha das máis importantes das que se están a manter neste eido, posto que este colectivo
atópase no seu día a día con familias que están en risco de perder a súa
vivenda habitual.
O Goberno galego ten impulsado distintas medidas encamiñadas a dar cobertura
a familias en dificultades, como o Programa de Realoxo de Afectados por
Execucións Hipotecarias, que permitiu atender ao 100% das familias que se
dirixiron á Xunta e cumprían os requisitos.
A conselleira detallou, así mesmo, os acordos asinados con tres
entidades financeiras, entre ela a maior de Galicia, que se comprometeron coa
Xunta a non executar máis desafiuzamentos; e, ao mesmo tempo, puxeron á
disposición do Goberno galego vivendas baleiras para ceder a familias con
necesidades de apoio.
En total, salientou, Ethel Vázquez, entre esas entidades financeiras e a
Sareb puxeron á disposición da Xunta 240 vivendas baleiras para aloxar a
persoas en dificultades a cambio dun alugueiro social.
Ademais, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda
referiuse ao Bono de Alugueiro Social, que ofrece apoio urxente ás familias en
risco de perder o fogar por non poder pagar o aluguer a través dunha axuda de 150
€/mes durante 2 anos e unha achega adicional de 450 €, para aboar cantidades
pendentes ou contribuír á formalización dun novo contrato
No hay comentarios:
Publicar un comentario