O desfile #BarroFashion pecha o Nadal Solidario en Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 17 de diciembre de 2015

O desfile #BarroFashion pecha o Nadal Solidario en Barro



A asociación cultural Amigos da Fervenza da Barosa de Barro organiza a cuarta edición do Nadal Solidario, cunha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros para familias deste municipio.
A campaña desenvólvese durante todas as datas festivas ata despois de Reis, en xaneiro de 2016, e pretende contar coa colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do Concello.
O pasado ano recolléronse 500 quilos e o obxectivo é implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar esta recepción de produtos. Dúas persoas da directiva actuarán como coordinadores da campaña. Todos os alimentos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro para que fagan chegar os alimentos de maneira anónima ás familias necesitadas.
O 16 de xaneiro pecharase esta acción solidaria cun desfile benéfico no que se pretenden recoller alimentos como cacao, azucre ou aceite.

http://pontevedraviva.com/xeral/24666/desfile-barrofashion-solidario-nadal-barro/

No hay comentarios:

Publicar un comentario