-
O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está a desenvolver a campaña
de doazón “Nadal 2015”, convidando aos cidadáns a participar
activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención
ao doador.
O CTG e a
Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro,
resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e
doadoras, xa que as necesidades
de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos,
sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda,
debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.
Dificultades engadidas
Neste mes de
decembro, a acumulación de xornadas festivas provoca a deslocalización
dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das
campañas de doazón. Ademais,
as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos
atopamos
e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores
que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o
número de doazóns de sangue.
Para
paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto
visitar ata finais de mes, ao redor de 80 concellos galegos, para acadar
a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor
asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as
unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:
DATA
|
CONCELLOS
|
Martes
15 de decembro
|
Praza Armas
(Ferrol), Acuartelamento Atocha. Cantón Pequeno e Repsol (A Coruña),
Melide, Bembibre (Val do Dubra), Mondoñedo, Sandiás, Sarreaus, Vilar de
Barrio, Oimbra, Cambados, Salceda
de Caselas e Zona Herrería (Pontevedra)
|
Mércores
16 de decembro
|
Cariño,
Coristanco, Repsol (A Coruña), Forte-Camporrapado (Boqueixón), Melide,
Bóveda, Taboada, Rúa do Paseo (Ourense), Barro, Silleda e Rúa Príncipe
(Vigo)
|
Xoves 17 de decembro
|
Monfero, Zona
Ultramar (Ferrol), Porto, Lonxa e Praza Conchiñas (A Coruña), Carnota,
Lestedo (Boqueixón), Murás, Ourol, Monforte, Xinzo de Limia, O Grove e
Zona Balaidos e Zona Residencial
Navia (Vigo)
|
Venres 18 de decembro
|
Perlío (Fene),
Malpica de Bergantiños, Edificio Casa do Mar (A Coruña), Boiro, Serra de
Outes, Monforte, Xinzo de Limia, Nigrán, O Grove e Tui
|
Sábado
19 de decembro
|
Boiro, Meirás, Baio (Zas), Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo e Maisqueauga A.D. Municipais
Barreiros (Vigo)
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera
persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza
nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B
ou C,...). A doazón de sangue
é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu
problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, o CTG dispón da páxina web:
ctg.sergas.es
e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera
dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos
desprazamentos das unidades móbiles:
900 100 828
Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade
lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da
doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a
Fundación Josep Carreras teñen a
disposición das galegas e galegos unha páxina web
http://galicia.medulaosea.org que
facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo
electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán
chamados para a correspondente entrevista por parte
dos profesionais sanitarios.
Poden ser doadores de medula
ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que
poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario