A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda reuniuse con eles coincidindo coa
entrega de 8 vivendas a familias desafiuzadas ou en risco de exclusión social
§ Sinalar que dous das vivendas entregadas permiten garantir casos postos en coñecemento da Xunta por este colectivo
§ A titular autonómica de Vivenda tamén salientou que os convenios con entidades financeiras e coa Sareb permitiron a cesión de 240 vivendas baleiras que xa se están ocupando con familias necesitadas
A conselleira de Infraestruturas
e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un reunión hoxe cos membros do
colectivo de loita contra a exclusión social “Os Ninguéns”, acompañada do
delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves. Nesta xuntanza,
trasladoulle a necesidade de que as medidas Goberno galego para evitar que as familias en risco de
perder a súa vivenda sexan coñecidas polos colectivos afectados por esta
situación.
A reunión enmárcase
na rolda de contactos que desde a Xunta mantéñense
con distintos axentes sociais. Na reunión,
Ethel Vázquez explicoulles as 10 iniciativas que desde
2012 impulsáronse para dar cobertura ás
familias que se poden atopar nestas situacións de
risco.
Entre estas medidas, a conselleira destacou o Bono
de Alugueiro Social, unha axuda urxente e inmediata para as persoas que corren
risco de perder a súa vivenda en aluguer por non poder pagar a renda e subliñou
a importancia dos convenios coas entidades bancarias e a SAREB, a través dos
que a maior entidade financeira de Galicia comprometeuse a non botar a ninguén
da súa vivenda por non pagar a hipoteca, só a cambio dun aluguer social no que
colabora a Xunta.
A titular autonómica de Vivenda tamén salientou que
os convenios con entidades financeiras e coa Sareb permitiron a cesión de 240
vivendas baleiras que xa se están ocupando con familias necesitadas, 8 delas hoxe mesmo na provincia
de Pontevedra.
Desde o Executivo autonómico, considérase imprescindible
que a información é fundamental, xa que como dixo a Conselleira “de pouco
serven as medidas se non as facemos chegar a quen realmente as necesita e, por
iso, lle estamos a pedir aos distintos colectivos cos que nos reunimos a súa
implicación para que contribúan a divulgar e a transmitir esta información”.
Ethel Vázquez solicitoulles a Os Ninguéns que sigan colaborando coa administración no
asesoramento a estas familias, “porque grazas a que puxeron en coñecemento da
Xunta situacións deste tipo, puidemos ofrecerlle solucións xa a algunhas
familias”.
Por último, Vázquez informou que hoxe mesmo entregáronse
oito vivendas a afectados por execucións hipotecarias, impagos do alugueiro e
outros casos de emerxencia social na provincia de Pontevedra e, concretamente,
3 na cidade de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario