§ Na zona de Pontevedra pódense beneficiar
os propietarios do concello de Marín, adherido ao Programa de Vivendas Baleiras
§ Para solicitar as axudas é necesario que
os concellos aprobasen as bases do programa e as vivendas estean incluídas no
mesmo
Os propietarios de vivendas incluídas no Programa
de Vivendas Baleiras creado pola Xunta de Galicia poderán beneficiarse de
axudas de ata 5.500 euros parta a realización de obras de conservación, mantemento
e rehabilitación das mesmas.
O importe máximo das axudas será de 5.500
euros no caso de vivendas unifamiliares e de 4.000 euros cando se trate de
vivendas emprazadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, tal como
establece a Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 29 de maio e
que regula as bases polas que se rexen estas axudas e a convocatoria para 2017.
Na área de Pontevedra, está adherido ao Programa
de Vivendas Baleiras o Concello de Marín, que xa ten aprobadas as bases do
programa pendentes de publicación, un dos requisitos establecidos para que os propietarios
das vivendas poidan acceder ás axudas.
Poderán beneficiarse destas axudas as
persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias
ou usufrutuarias das vivendas e promoveran
as actuacións subvencionables. As vivendas deberán estar incluídas no Programa
de Vivendas Baleiras e as obras deberán realizarse despois da data de
solicitude de inscrición no mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo
necesario un informe municipal que acredite a necesidade das actuacións para as
cales se solicita a subvención.
Serán subvencionables as seguintes
actuacións:
·
Obras de conservación
e mantemento.
·
Obras de
rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o
correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa
vixente.
·
Axustes na
distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial
da súa configuración.
En 2017, a Consellería de Infraestruturas
e Vivenda destinará 300.000 euros a estas axudas, dos que 200.000 estarán
destinados a vivendas propiedade de particulares, 50.000 euros a vivendas
propiedade de concellos e os outros 50.000 euros a vivendas propiedade de
empresas. O importe da convocatoria poderá ampliarse no caso de ser necesario.
SAÚDOS, GABINETE
DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS
E VIVENDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario