Os
técnicos sinalan que é preciso aplicar tratamento contra o escaravello nas
patacas se aínda non se levantaron as plantas
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA),
centro dependente da Deputación Provincial, vén de publicar o seu último aviso
fitosanitario, no que advirte do “elevado” perigo de infección das viñas por
Oídio, que se prolongará ata o peche dos acios, e da necesidade de manter unha
boa vixilancia tanto por este patóxeno como polo Mildeu. Durante estes días, e
ante as diferentes previsións meteorolóxicas existentes, a principal recomendación
é a revisión dos viñedos e a renovación do tratamento -só se aparecen novos
síntomas-, así como realizar labores de limpeza da vexetación para procurar
máis aire e luz e protexer os acios.
Segundo indican os técnicos, esta semana obsérvase
un incremento significativo do tamaño dos grans –de ata 3mm- máis acusado
nunhas parcelas que noutras. O ano anterior a estas alturas estábase entrando
na fase do “callado” da uva, aínda que compartindo presenza coa floración e,
sen embargo, a día de hoxe moitos grans presentan unha dimensión incluso maior
da mencionada, xa que, por exemplo, nalgunha
finca de seguimento de Vide (O Condado) o tamaño da uva xa permite que se
toquen os grans entre si.
A situación das parcelas de seguimento con
respecto ao Mildeu permaneceu con ausencia de síntomas nos últimos días salvo
nas partes das plantas que non foran alcanzadas polos funxicidas nos últimos
tratamentos. As diferentes axencias meteorolóxicas non coinciden nas previsións
de choiva para a próxima semana, no réxime e dirección dos ventos e nas
temperaturas previsibles, polo que o principal consello é observar ben aquelas as
fincas que estean próximas a concluír o período de protección.
En canto ao Oídio, desde a floración a viña
atópase nun período sensible á enfermidade que se prolongará ata o peche do
acio, o que se agrava pola climatoloxía reinante estes días. Polo tanto, e
aínda que non se atopan novos síntomas, hai que manter a vixilancia nun nivel
elevado e, se hai que facer unha intervención fronte ao Mildeu, renovar
igualmente o tratamento fronte a este patóxeno.
Outras
plantas e cultivos
Con respecto a outros cultivos, dende Areeiro lembran da necesidade de realizar tratamentos nas maceiras contra as couzas das mazás. Sinalan que dous machos nas trampas é o límite a partir do que se debe tratar e que, en caso de non ter trampas de seguimento, a protección debe ser continua para evitar a presenza de froitos danados. Polo de agora, segue sen haber síntomas de moteado e os síntomas de Oídio están estabilizados, polo que non se require actuación.
Con respecto a outros cultivos, dende Areeiro lembran da necesidade de realizar tratamentos nas maceiras contra as couzas das mazás. Sinalan que dous machos nas trampas é o límite a partir do que se debe tratar e que, en caso de non ter trampas de seguimento, a protección debe ser continua para evitar a presenza de froitos danados. Polo de agora, segue sen haber síntomas de moteado e os síntomas de Oídio están estabilizados, polo que non se require actuación.
No caso da pataca, Areeiro advirte de que o risco de infección é bastante alto
debido á elevada humidade relativa que se rexistra, que supera o 70% de media
en todas as zonas. Por iso, aconséllase manter as plantas protexidas, pero
prestando atención ao prazo de seguridade nos casos en que se estean a levantar
plantas para aproveitar os primeiros tubérculos. En canto ao escaravello, tamén
se están a observar adultos e larvas deste insecto atacando ás plantas en
moitas fincas, nalgúns casos dun xeito moi evidente. A recomendación é que se
aínda non se van levantar as plantas débese aplicar un tratamento.
Finalmente, con respecto ao buxo e aos ataques de Cydalima perspectalis, obsérvanse máis
postas e larvas aínda moi pequenas nas sebes, que continúan mantendo sas as
súas follas, e sen unir polos fíos de seda. “Novamente non aplicaremos
tratamento nas sebes que temos en Areeiro (e continuaremos revisando outras) á
espera de que aparezan síntomas evidentes xa que, segundo o que levamos
mirando, non é en absoluto urxente iniciar as aplicacións”, explica a técnica
Rosa Pérez Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario