§
Esta
programación, que se desenvolverá especialmente ao longo da época estival,
comezará polo San Xoán coruñés
§
Na cita
coruñesa prevese poder recoller 12.000 quilos de vidro en varios areais da
cidade e evitar a imaxe do pasado ano con 190 toneladas de lixo nas praias
coruñesas tras a Festa do San Xoán
§
Ao longo deste
verán estas accións visitarán once festivais musicais e varias festas e feiras
gastronómicas, como a Festa do Albariño de Cambados ou o San Froilán de Lugo
§
A conselleira
de Medio Ambiente, Beatriz Mato, adianta que o seu departamento traballa nunha
Guía de eventos sustentables, que se presentará a finais deste ano, co que se
pretenden implantar hábitos de produción e consumo responsables, por parte das
empresas, administracións, patrocinadores, voluntarios e do público en xeral
A Xunta de Galicia apoiarase nos distintos
eventos festivos que se celebrarán en Galicia para concienciar aos galegos na
necesidade de reciclar e manter condutas respectuosas co medio ambiente. Así o
indicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio,
Beatriz Mato, na presentación en rolda de prensa dunha campaña de eventos sostibles. Estas
acción desenvolveranse ao longo do verán
en Galicia e comezarán polo San Xoán coruñés, tras o que se visitarán once
festivais musicais e cinco festas e feiras de grande sona, como a Festa do
Albariño en Cambados ou o San Froilán de Lugo.
Esta
presenza activa nos festexos e citas máis importantes que se celebran en
Galicia, na que colaboran os distintos municipios, Ecoembes e Ecovidrio, está
baseada nos criterios fixados pola división de Sustentabilidade das Nacións
Unidas, que consideran que un evento de baixo impacto ambiental ten que
organizarse tendo en conta diversos aspectos, como reducir ao mínimo as
emisións de gases de efecto invernadoiro, como o CO2, e o consumo de recursos naturais,
e buscando o beneficio para a comunidade local desde o punto de vista social,
ambiental e económico durante e ao finalizar o evento.
A
conselleira indicou que outros tres obxectivos, que xa se fixan para o San Xoán
coruñés, son protexer a biodiversiade e os recursos hídricos, aéreos e solo;
sensibilizar aos participantes e evitar a produción de residuos e reutilizar ou
reciclar os residuos xerados.
Para acadar
este obxectivo, na noite do venres porase en marcha a acción Rasca e gaña con
Ecovidrio, de tal xeito que as persoas que depositen vidro nos 15 iglús que se
ubicarán nos areais de Riazor e Orzán (11) e nas praias do Matadero, San Amaro,
Lapas e Oza poderán obter un dos máis de 6.000 premios que se repartirán esa
noite (entradas gratuítas ao Aquapark de Cerceda, bicicletas, miniiglús e
mochilas).
Esta acción
permitirá recoller 12.000 quilos, cantidade á que hai que sumar todo o vidro
que se deposite nos que están colocados permanentemente na contorna das praias
polo que se poderían acadar os 20.000 quilos (20 toneladas).
Beatriz Mato
recordou que a festa do ano pasado deixou nas praias da Coruña 190 toneladas de
lixo e unha imaxe pouco desexable, sobre todo tendo en conta que se trata dunha
Festa de Interese Turístico Internacional; polo que hai que actuar non só pola
imaxe que se da ao exterior, senón tamén “polo benestar da cidadanía e das
praias que son un agasallo da natureza que debemos coidar”, aclarou. Para
incidir nesta eiva, varios monitores realizarán desde as oito da tarde tarefas
informativas sobre os beneficios de reciclar e indicando a localización dos
contedores de vidro.
Festas
sustentables
A
conselleira de Medio Ambiente adiantou que este tipo de accións, nas que conta
coa colaboración de Ecovidrio, tamén estarán presentes noutros dezaseis eventos
por medio de ecopatrullas, que informarán aos asistentes dos pequenos xestos
que teñen que poñer en marcha para gozar dos eventos e ser respectuosos co
medio ambiente.
Así,
visitaranse os festivais musicais que se celebrarán ata setembro, como Atlántic
Fest, Sinsal, PortAmérica, Revenidas, SonRías Baixas, Vive Nigrán, O
Marisquiño, Cultura Quente, Festa Cidade Europa do Viño, Festival da Luz e as
festas e feiras, como a Feira do Viño de Valdeorras, Festa do Pulpo do
Carballiño, Festa do Albariño en Cambados, Festa do Marisco no Grove e o San
Froilán en Lugo.
A entidade
Ecoembes tamén se unirá a moitos destes eventos sustentables e colocará
pequenos contedores para segregar o lixo en envases lixeiros (cor amarela) e
papel e cartón (contedor azul).
Asemade,
Medio Ambiente mantén activa a campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben.
Reciclaremos mellor, que celebrará case 100 accións en eventos onde hai unha
asistencia masiva, como a Festa do Pulpo do Carballiño ou o Festival Silleda-Rock.
Con esta acción tamén se pretende incrementar as taxas de reciclado na
Comunidade e propiciar unha xestión máis sostible dos residuos domésticos por
parte dos cidadáns.
Guía de
sustentabilidade
Beatriz Mato
avanzou que o seu departamento está a traballar nunha Guía de eventos
sustentables, que se poderá presentar a finais deste ano. Con este documento
búscase implantar hábitos de produción e consumo responsables, tanto por parte
das empresas implicadas, como doutras administracións, patrocinadores, voluntarios
e do público en xeral.
A
organización de acontecementos festivos é un momento propicio para incorporar
estratexias vinculadas á economía circular e fomentar a responsabilidade social
e ambiental en xeral, polo que se diferenciarán categorías: festas e feiras
gastronómicas, festivais e outros eventos culturais e de ocio, eventos
deportivos e congresos e outros encontros de traballo de grande afluencia, así
como reunións de traballo cun número máis reducido de asistentes.
A guía
incluirá ferramentas prácticas para a planificación e organización, execución,
avaliación dos resultados obtidos e comunicación para mellorar os aspectos como
a xestión de residuos, dado que os eventos xeran grandes cantidades de residuos
(plástico, vidro, papel, materia orgánica e aceites de cocina) é imprescindible
aforrar recursos, de aí que os residuos constitúan unha peza fundamental na
guía. Incluiranse medidas para mercar as cantidades adecuadas, vaixelas
reutilizables, optar por envases de gran tamaño e con menos envase, facilitar a
compostaxe (prevención), para comprar material aproveitable para outros
eventos... (reutilización) e para instalar colectores para cada fracción,
colocación de cinceiros, sinaléctica (separación).
Tamén se
pretende mellorar o uso da auga e enerxía, fomentando medidas tan sinxela como
o aproveitamento das horas de luz e os espazos abertos e con sombra; a
mobilidade; a alimentación, optar por alimentos de produción local, de comercio
xusto e con certificación ecolóxica, que contribuirá a reducir o impacto do
evento e creará un efecto arrastre nas empresas proverdoras e a poboación, a
protección do entorno, evitar as zonas protexidas e as épocas máis sensibles,
delimitar ben as zonas as que se pode acceder, protexer fisicamente a flora e a
fauna; a avaliación de emisións e compensación do impacto
No hay comentarios:
Publicar un comentario