A conselleira de Infraestruturas e Vivenda,
Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé
Manuel Cores Tourís, informou hoxe sobre os novos contratos de transporte na
provincia, que garantirán a continuidade de todos os servizos actuais e os
reforzan na maioría dos casos
§ Vázquez
Mourelle explica que se integrará o 6% do transporte escolar no de uso xeral, o
que posibilita que os escolares teñen blindada a atención ás súas necesidades e
a mellora do servizo ao ter o acompañante garantido
§ Subliña
que esta integración tamén beneficia aos empresarios, que teñen uns ingresos mínimos
garantidos sen necesidade de que nin Administración nin os usuarios teñan que
gastar máis
§ Precisa
que cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase do Plan,
increméntanse en máis dun 10% os km. que percorrerán os autobuses do servizo
xeral, superando amplamente os 4.500.000 km/ano
§
A Xunta comezou esta semana a información pública de 42
contratos de transporte, 10 en Pontevedra, colgados na web da consellería para
presentar alegacións e que as empresas mostren interese por ser prestatarias de
servizos
§
Establécese unha tarifa comarcal de 1,40 euros para os
viaxeiros do transporte regular e
garántese o equilibrio económico dos contratos
§
O obxectivo deste plan é racionalizar a oferta, de forma
que no lugar e momento en que faga falta, haxa un vehículo para prestar o
servizo, aproveitando as sinerxías que ofrece o transporte escolar no rural
A conselleira de Infraestruturas e
Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra,
Xosé Manuel Cores Tourís, salientou hoxe
nunha rolda de prensa que a primeira fase do novo Plan de Transporte Público de
Galicia permitirá duplicar o número de paradas de autobús nas zonas implicadas
neste inicio da reordenación na provincia pontevedresa, dispoñendo dunhas 1.200
nos oito contratos zonais.
Vázquez Mourelle explicou que nesta primeira
fase integrarase o 6% do transporte escolar no de uso xeral, o que posibilita
que os escolares teñen blindada a atención ás súas necesidades e a mellora do servizo
ao ter o acompañante garantido.
Subliñou que esta integración tamén beneficia
aos empresarios, que teñen uns ingresos mínimos garantidos sen necesidade de
que nin Administración nin os usuarios teñan que gastar máis. Neste sentido,
precisou que cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase
do Plan de Transporte Público increméntanse en máis dun 10% os km. que percorrerán
os autobuses do servizo xeral, superando amplamente os 4.500.000 km/ano.
Novos
contratos
A Xunta comezou esta semana a información
pública dos novos 42 contratos de explotación do transporte en Galicia, dos que
10 se corresponden coa provincia de Pontevedra. Estes documentos están colgados
na páxina web da consellería para que nos vindeiros días calquera persoa poida
presentar as achegas que consideren oportunas e as empresas de transporte mostren
o seu interese por ser as prestatarias do servizo. No seguinte enlace pódese
ampliar a información: http://civ.xunta.gal/tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros
A titular de Infraestruturas salientou que unha
vez rematado este proceso estudaranse as alegacións para, ao longo do mes de
xuño, aprobar os proxectos definitivos e iniciar a súa contratación de cara a
que en agosto se comece a implantación dos novos servizos.
Nestes contratos establécese que para unha
zona territorial de Galicia concreta, cómpre definir as liñas, rutas, horarios
e paradas ás que estará obrigado o contratista. Defínense aquí xa os
transportes escolares que se integrarán no transporte xeral, priorizando a prestación
do adecuado servizo aos centros escolares. Isto empezará a ser efectivo co inicio do curso e con sistemas para que
funcione fóra do período lectivo mediante unha reserva do servizo.
Tamén se especifican o número de vehículos
necesarios para levar a cabo a concesión, establecendo unha media de 13
autobuses por contrato para adecualos á realidade do sector, moi atomizado con
pequenas e medianas empresas de transportes. Deste xeito, resultará doado que
case calquera empresa, en solitario ou en UTE con outra, teña capacidade para
optar a eles.
Os anteproxectos recollen tamén as tarifas
base que se resumen nun prezo por billete de transporte escolar que pagará a
Administración directamente ao transportista e un prezo por billete para usuario
non escolar que pode ser, en función dos km, e unha tarifa única para toda
Galicia de 1,40 euros para os viaxeiros de curto percorrido.
Aproveitar
sinerxías
O obxectivo fundamental do Plan é que o
transporte chegue ata onde non chegaba, aproveitando as sinerxías, para mellorar
servizos e coordinar horarios entre autobuses e coas necesidades veciñais e ter
unha especial consideración cos veciños do rural.
Estes contratos inician o necesario proceso de
modernización e optimización do transporte público iniciando, nalgúns lugares,
un aproveitamento dos asentos baleiros dos autobuses escolares e que xa, nesta
primeira fase, configurará unha mellora palpable en moitos concellos de
Galicia, especialmente no rural.
Con este nova plan preténdese garantir os
servizos; racionalizar a oferta, de forma que no lugar e no momento en que
estea acreditado que fai falta, haxa o tipo de vehículo necesario para prestar o
servizo de transporte público; e aproveitar as sinerxías, especialmente as que
ofrece o transporte escolar no rural.
Traballo
exhaustivo e participado
A conselleira explicou que no marco desta
primeira fase, a Xunta dividiu o territorio en seis zonas e adxudicou seis
contratos a consultoras especialistas na materia que realizaron un exhaustivo
análise da realidade do transporte público en cada municipio, tomando nota das
demandas e das carencias.
Configurouse tamén un panel de expertos en
transportes, que veñen realizando un labor de coordinación dos diferentes
estudos de xeito que en ningún momento se perda a perspectiva global. Ademais
mantivéronse reunións con todos os concellos e enviáronselle 279 enquisas, con169
respondidas.
Ethel Vázquez puxo o acento no nivel de
exhaustividade deste traballo de estudo e planificación concentrado en tan
curto período de tempo. Precisou que para avaliar estes anteproxectos foi
preciso achegarse a practicamente 200 concellos para analizar o transporte que
hai na actualidade, o que se necesita e o mellor xeito de atender esas
necesidades, tendo en conta factores tan dispares como o día de feira, de
subministro do sintrom no centro de
saúde ou a ubicación do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario