A XUNTA SUBVENCIONARÁ O 95 POR CENTO DO CUSTE DE REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDAS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES AO ABEIRO DO PLAN REHAVITA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 4 de junio de 2017

A XUNTA SUBVENCIONARÁ O 95 POR CENTO DO CUSTE DE REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDAS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES AO ABEIRO DO PLAN REHAVITA






§  As axudas poderán chegar ata 15.000 euros por cada inmoble que cumpra coas coas condicións de dito Plan
§  O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a Orde pola que se establecen as bases do programa e se realiza a convocatoria para 2017
§  As axudas poden destinarse a infravivendas de propiedade privada ou a edificacións de titularidade municipal, pero deben ser solicitadas polos concellos
§  Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo continuará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2017 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario

 A Xunta subvencionará ata o 95 % do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, tal como recolle a Orde que publica esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de infravivenda incluído no Plan RehaVIta: que abrangue rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o ano 2017. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/KG0Tzf.

Estas subvencións do Plan RehaVita están dirixidas a prestar apoio aos municipios galegos de menos de 10.000 habitantes, co fin de que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade

As axudas, dirixidas aos concellos, serán aplicables á rehabilitación de:

·         Infravivendas de propiedade privada, sempre que o propietario sexa un dos integrantes da unidade familiar que habita na mesma e os ingresos familiares sexan inferiores a unha vez o Iprem.
·         Edificacións ou vivendas de propiedade municipal que se rehabiliten destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.

Estas actuacións poden afectar os elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación ou vivenda. Así mesmo, enténdese por infravivenda aquela edificación, empregada como vivenda, que non reúna as mínimas condicións de habitabilidade.

O importe da axuda para cada infravivenda será do 95 por cento do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda. O Concello xestionará a achega do 5 % restante.

Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo continuará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2017 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

A convocatoria para 2017, inclúe unha partida orzamentaria de 500.000 euros, ampliable no caso de que sexa necesario

No hay comentarios:

Publicar un comentario