O CIFP A XUNQUEIRA (PONTEVEDRA) SERÁ O PRIMEIRO QUE OFERTE O CICLO DE PROMOCIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO  A Consellería de Cultura e Educación oferta máis de 9600 prazas en primeiro curso de FP na provincia de Pontevedra Santiago, 20 de xuño de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá nas próximas horas a disposición da cidadanía no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp/ o borrador da oferta de ciclos formativos para o curso 2017/18, a través do que se ofrecen 9.643 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (un incremento de aproximadamente o 0,8%), en 383 ciclos e programas formativos autorizados; entre eles, o primeiro ciclo de Promoción de igualdade de xénero. Delas, 7057 forman parte do réxime ordinario – 2863 en grao medio, 3034 en grao superior e 1160 en FP Básica-, mentres que outras 1579 son do réxime modular para persoas adultas – 724 en grao medio e 855 en grao superior-, 600 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 450 en grao superior-, 227 en FP Dual – 85 en grao medio e 142 en grao superior-, e outras 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa. Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos. Novos ciclos A principal novidade na provincia para o curso que vén é a oferta de tres ciclos de nova creación, nomeadamente os de FP Básica de Mantemento de vivendas (IES Chan do Monte, Marín) e de Actividades domésticas e limpeza de edificios (IES Primeiro de Marzo, Baiona) e o de grao superior en réxime ordinario de Promoción de igualdade de xénero (CIFP A Xunqueira, Pontevedra), o primeiro que se pon en marcha en Galicia. Ademais, implantaranse como novidade nos respectivos centros os ciclos de grao superior en réxime ordinario de Deseño e amoblamento (CIFP A Xunqueira) e o de Sistemas de telecomunicacións e informáticos (IES Escolas Proval, Nigrán). No réxime modular para adultos, en modalidade presencial, o CIFP Manuel Antonio (Vigo) ofertará por primeira vez o de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. Aposta pola FP Dual Asemade, o CIFP Carlos Oroza ofertará unha das tres dobres titulacións dos ciclos superiores en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración, que se imparten por primeira vez en Galicia, en colaboración con Arlea Hotels. Deste xeito, o alumnado poderá obter estes dous títulos en tres cursos académicos en lugar dos catro habituais. Ademais será novo nesta modalidade o ciclo de grao superior de Mecatrónica industrial (IES Fermín Bouza Brey, Vilagarcía de Arousa, con 8 empresas do sector de conservas de produtos do mar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca -ANFACO-CECOPESCA-). No referido ás reedicións (proxectos de FP Dual xa desenvolvidos en anos anteriores, que ofertan de novo prazas en primeiro curso), seráo en grao medio o ciclo de Confección e moda (CIFP Manuel Antonio, Vigo, Sociedad Textil Lonia). En grao superior reeditarase o ciclo de grao superior de Xestión de aloxamentos turísticos (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra, con Arlea Hotels). Modificacións Como é habitual, a oferta de FP fluctúa para adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros. Así o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) deixará de impartir o ciclo de FP Básica de Fabricación e montaxe e Electricidade e electrónica (este último tamén deixa de ofertarse no IES Primeiro de Marzo de Baiona) para incorporar o ciclo de FP Básica de Instalación electrotécnicas e mecánica. No caso dos ciclos de grao medio e superior en réxime ordinario os principais cambios prodúcense no IES Monte da Vila (O Grove), onde se cambia o de Instalacións de telecomunicacións polo de Sistemas microinformáticos e redes, ambos de grao medio; e no IES Ramón Cabanillas (Cambados), que comeza a impartir o superior de Vitivinicultura e deixa de ofertar o medio de Aceites de oliva e viños. Ademais, e polo réxime rotatorio que teñen estes ciclos, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa incorpora o ciclo de grao medio en Operacións subacuáticas e hiperbáricas. No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao superior de Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns no CIFP Manuel Antonio (Vigo) substitúese polo devandito de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, ambos de grao superior. Na modalidade a distancia, deixa de ofertarse no CIFP Manuel Antonio de Vigo o ciclo de grao superior en Laboratorio de análise e de control de calidade, que si se ofrece en presencial. Por outra banda, deixa de ofertarse por falta de alumnado, no réxime modular para adultos presencial o ciclo de grao medio de Instalacións de produción de calor do IES Chan do Monte (Marín) e o de grao superior de Eficiencia enerxética e enO CIFP A XUNQUEIRA (PONTEVEDRA) SERÁ O PRIMEIRO QUE OFERTE O CICLO DE PROMOCIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO erxía solar térmica do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 27 de junio de 2017

O CIFP A XUNQUEIRA (PONTEVEDRA) SERÁ O PRIMEIRO QUE OFERTE O CICLO DE PROMOCIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO  A Consellería de Cultura e Educación oferta máis de 9600 prazas en primeiro curso de FP na provincia de Pontevedra Santiago, 20 de xuño de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá nas próximas horas a disposición da cidadanía no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp/ o borrador da oferta de ciclos formativos para o curso 2017/18, a través do que se ofrecen 9.643 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (un incremento de aproximadamente o 0,8%), en 383 ciclos e programas formativos autorizados; entre eles, o primeiro ciclo de Promoción de igualdade de xénero. Delas, 7057 forman parte do réxime ordinario – 2863 en grao medio, 3034 en grao superior e 1160 en FP Básica-, mentres que outras 1579 son do réxime modular para persoas adultas – 724 en grao medio e 855 en grao superior-, 600 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 450 en grao superior-, 227 en FP Dual – 85 en grao medio e 142 en grao superior-, e outras 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa. Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos. Novos ciclos A principal novidade na provincia para o curso que vén é a oferta de tres ciclos de nova creación, nomeadamente os de FP Básica de Mantemento de vivendas (IES Chan do Monte, Marín) e de Actividades domésticas e limpeza de edificios (IES Primeiro de Marzo, Baiona) e o de grao superior en réxime ordinario de Promoción de igualdade de xénero (CIFP A Xunqueira, Pontevedra), o primeiro que se pon en marcha en Galicia. Ademais, implantaranse como novidade nos respectivos centros os ciclos de grao superior en réxime ordinario de Deseño e amoblamento (CIFP A Xunqueira) e o de Sistemas de telecomunicacións e informáticos (IES Escolas Proval, Nigrán). No réxime modular para adultos, en modalidade presencial, o CIFP Manuel Antonio (Vigo) ofertará por primeira vez o de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. Aposta pola FP Dual Asemade, o CIFP Carlos Oroza ofertará unha das tres dobres titulacións dos ciclos superiores en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración, que se imparten por primeira vez en Galicia, en colaboración con Arlea Hotels. Deste xeito, o alumnado poderá obter estes dous títulos en tres cursos académicos en lugar dos catro habituais. Ademais será novo nesta modalidade o ciclo de grao superior de Mecatrónica industrial (IES Fermín Bouza Brey, Vilagarcía de Arousa, con 8 empresas do sector de conservas de produtos do mar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca -ANFACO-CECOPESCA-). No referido ás reedicións (proxectos de FP Dual xa desenvolvidos en anos anteriores, que ofertan de novo prazas en primeiro curso), seráo en grao medio o ciclo de Confección e moda (CIFP Manuel Antonio, Vigo, Sociedad Textil Lonia). En grao superior reeditarase o ciclo de grao superior de Xestión de aloxamentos turísticos (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra, con Arlea Hotels). Modificacións Como é habitual, a oferta de FP fluctúa para adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros. Así o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) deixará de impartir o ciclo de FP Básica de Fabricación e montaxe e Electricidade e electrónica (este último tamén deixa de ofertarse no IES Primeiro de Marzo de Baiona) para incorporar o ciclo de FP Básica de Instalación electrotécnicas e mecánica. No caso dos ciclos de grao medio e superior en réxime ordinario os principais cambios prodúcense no IES Monte da Vila (O Grove), onde se cambia o de Instalacións de telecomunicacións polo de Sistemas microinformáticos e redes, ambos de grao medio; e no IES Ramón Cabanillas (Cambados), que comeza a impartir o superior de Vitivinicultura e deixa de ofertar o medio de Aceites de oliva e viños. Ademais, e polo réxime rotatorio que teñen estes ciclos, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa incorpora o ciclo de grao medio en Operacións subacuáticas e hiperbáricas. No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao superior de Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns no CIFP Manuel Antonio (Vigo) substitúese polo devandito de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, ambos de grao superior. Na modalidade a distancia, deixa de ofertarse no CIFP Manuel Antonio de Vigo o ciclo de grao superior en Laboratorio de análise e de control de calidade, que si se ofrece en presencial. Por outra banda, deixa de ofertarse por falta de alumnado, no réxime modular para adultos presencial o ciclo de grao medio de Instalacións de produción de calor do IES Chan do Monte (Marín) e o de grao superior de Eficiencia enerxética e enO CIFP A XUNQUEIRA (PONTEVEDRA) SERÁ O PRIMEIRO QUE OFERTE O CICLO DE PROMOCIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO erxía solar térmica do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).





§  A Consellería de Cultura e Educación oferta máis de 9600 prazas en primeiro curso de FP na provincia de Pontevedra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá nas próximas horas a disposición da cidadanía no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp/  o borrador da oferta de ciclos formativos para o curso 2017/18, a través do que se ofrecen 9.643 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (un incremento de aproximadamente o 0,8%), en 383 ciclos e programas formativos autorizados; entre eles, o primeiro ciclo de Promoción de igualdade de xénero. Delas, 7057 forman parte do réxime ordinario – 2863 en grao medio, 3034 en grao superior e 1160 en FP Básica-, mentres que outras 1579 son do réxime modular para persoas adultas – 724 en grao medio e 855 en grao superior-, 600 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 450 en grao superior-,  227 en FP Dual – 85 en grao medio e 142 en grao superior-, e outras 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa.

Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.

Novos ciclos
A principal novidade na provincia para o curso que vén é a oferta de tres ciclos de nova creación, nomeadamente os de FP Básica de Mantemento de vivendas (IES Chan do Monte, Marín) e de Actividades domésticas e limpeza de edificios (IES Primeiro de Marzo, Baiona) e o de grao superior en réxime ordinario de Promoción de igualdade de xénero (CIFP A Xunqueira, Pontevedra), o primeiro que se pon en marcha en Galicia.

Ademais, implantaranse como novidade nos respectivos centros os ciclos de grao superior en réxime ordinario de Deseño e amoblamento (CIFP A Xunqueira) e o de Sistemas de telecomunicacións e informáticos (IES Escolas Proval, Nigrán). No réxime modular para adultos, en modalidade presencial, o CIFP Manuel Antonio (Vigo) ofertará por primeira vez o de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

Aposta pola FP Dual
Asemade, o CIFP Carlos Oroza ofertará unha das tres dobres titulacións dos ciclos superiores en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración, que se imparten por primeira vez en Galicia, en colaboración con Arlea Hotels. Deste xeito, o alumnado poderá obter estes dous títulos en tres cursos académicos en lugar dos catro habituais. Ademais será novo nesta modalidade o ciclo de grao superior de Mecatrónica industrial (IES Fermín Bouza Brey, Vilagarcía de Arousa, con 8 empresas do sector de conservas de produtos do mar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca -ANFACO-CECOPESCA-).

No referido ás reedicións (proxectos de FP Dual xa desenvolvidos en anos anteriores, que ofertan de novo prazas en primeiro curso), seráo en grao medio o ciclo de Confección e moda (CIFP Manuel Antonio, Vigo, Sociedad Textil Lonia). En grao superior reeditarase o ciclo de grao superior de Xestión de aloxamentos turísticos (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra, con Arlea Hotels).

Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP fluctúa para adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros.

Así o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) deixará de impartir o ciclo de FP Básica de Fabricación e montaxe e Electricidade e electrónica (este último tamén deixa de ofertarse no IES Primeiro de Marzo de Baiona) para incorporar o ciclo de FP Básica de Instalación electrotécnicas e mecánica.

No caso dos ciclos de grao medio e superior en réxime ordinario os principais cambios prodúcense no IES Monte da Vila (O Grove), onde se cambia o de Instalacións de telecomunicacións polo de Sistemas microinformáticos e redes, ambos de grao medio; e no IES Ramón Cabanillas (Cambados), que comeza a impartir o superior de Vitivinicultura e deixa de ofertar o medio de Aceites de oliva e viños. Ademais, e polo réxime rotatorio que teñen estes ciclos, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa incorpora o ciclo de grao medio en Operacións subacuáticas e hiperbáricas.

No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao superior de Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns no CIFP Manuel Antonio (Vigo) substitúese polo devandito de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, ambos de grao superior. Na modalidade a distancia, deixa de ofertarse no CIFP Manuel Antonio de Vigo o ciclo de grao superior en Laboratorio de análise e de control de calidade, que si se ofrece en presencial.

Por outra banda, deixa de ofertarse por falta de alumnado, no réxime modular para adultos presencial o ciclo de grao medio de Instalacións de produción de calor do IES Chan do Monte (Marín) e o de grao superior de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario