- O reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos
- A conselleira Ángeles Vázquez presentou hoxe aos alcaldes da provincia o plan de acondicionamento de vías elaborado polo seu departamento para mellorar a calidade de vida dos veciños, propiciar a cohesión territorial e fixar poboación
Os concellos de Pontevedra
recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de
camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles
Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores
Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou
esta mañá os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia. Ángeles
Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral
do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos
seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros
obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun
total de 231 millóns de euros.
A posta en valor de vías rurais permitirá
actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous
anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo,
de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como
aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns
de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos
subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.
A titular de Medio Rural explicou ademais que o
reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e
Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a
ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia de
Pontevedra:
Arbo
|
44.247,06 €
|
Barro
|
41.742,46 €
|
Baiona
|
38.509,02 €
|
Bueu
|
47.676,42 €
|
Caldas de Reis
|
49.124,79 €
|
Cambados
|
43.045,99 €
|
Campo Lameiro
|
39.552,48 €
|
Cangas
|
52.024,80 €
|
Cañiza, A
|
77.743,71 €
|
Catoira
|
41.193,60 €
|
Cerdedo Cotobade
|
103.929,81 €
|
Covelo
|
68.402,75 €
|
Crecente
|
45.094,50 €
|
Cuntis
|
54.752,50 €
|
Dozón
|
41.726,85 €
|
Estrada, A
|
123.814,94 €
|
Forcarei
|
69.325,14 €
|
Fornelos de Montes
|
37.200,24 €
|
Agolada
|
72.809,69 €
|
Gondomar
|
50.480,10 €
|
Grove, O
|
41.399,42 €
|
Guarda, A
|
41.673,85 €
|
Lalín
|
101.342,34 €
|
Lama, A
|
57.726,80 €
|
Marín
|
40.567,23 €
|
Meaño
|
43.251,81 €
|
Meis
|
56.446,50 €
|
Moaña
|
45.999,36 €
|
Mondariz
|
48.514,95 €
|
Mondariz-Balneario
|
24.689,61 €
|
Moraña
|
40.255,38 €
|
Mos
|
44.936,10 €
|
Neves, As
|
52.697,70 €
|
Nigrán
|
45.653,06 €
|
Oia
|
45.923,13 €
|
Pazos de Borbén
|
41.193,60 €
|
Pontevedra
|
64.099,63 €
|
Porriño, O
|
54.232,20 €
|
Portas
|
47.752,65 €
|
Poio
|
43.732,06 €
|
Ponteareas
|
63.151,11 €
|
Ponte Caldelas
|
42.164,10 €
|
Pontecesures
|
40.095,89 €
|
Redondela
|
49.429,71 €
|
Ribadumia
|
45.923,13 €
|
Rodeiro
|
73.527,10 €
|
Rosal, O
|
38.509,02 €
|
Salceda de Caselas
|
45.584,45 €
|
Salvaterra de Miño
|
53.390,70 €
|
Sanxenxo
|
47.093,81 €
|
Silleda
|
83.980,78 €
|
Soutomaior
|
36.700,29 €
|
Tomiño
|
59.152,30 €
|
Tui
|
50.202,90 €
|
Valga
|
43.183,21 €
|
Vigo
|
73.826,58 €
|
Vilaboa
|
43.457,63 €
|
Vila de Cruces
|
66.376,97 €
|
Vilagarcía de Arousa
|
47.848,48 €
|
Vilanova de Arousa
|
39.569,31 €
|
Illa de Arousa, A
|
40.164,50 €
|
TOTAL
|
3.207.816,21 €
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario