Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 3 de octubre de 2011

AXUDAS: Este luns ábrese o prazo para solicitar as axudas do Plan Renove de electrodomésticos do INEGA

O Plan Renove de electrodomésticos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) abre este luns o prazo para solicitar as axudas para a substitución de equipos antigos por outros de etiquetaxe enerxética de clase A ou superior.


   Segundo informa a Xunta nun comunicado, todos os interesados poderán solicitar a axuda nalgún "dos máis de 800 establecementos que se adheriron ao plan", a lista da cal se atopa dispoñible na páxina web do Inega.
   Os beneficiarios --persoas físicas ou xurídicas residentes en Galicia-- poderán obter unha subvención máxima de 125 euros no caso dos frigoríficos e frigoríficos-conxeladores con clasificación enerxética A++ ou superior; e un mínimo de 50 euros para as placas de gas, sen superar o 25 por cento do seu prezo.

   Cada persoa poderá dispoñer, como máximo, dunha axuda por cada unha das cinco tipoloxías de electrodomésticos --frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouza, fornos e placas--, sempre que sexan de clase A ou superior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario