Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 30 de noviembre de 2013

Volve o "Nadal Solidario en Barro". Campaña de Recollida de Alimentos.

Volve o "Nadal Solidario en Barro". Campaña de Recollida de Alimentos.


A DEPUTACIÓN DESTINA NOS SEUS PRESUPOSTOS 93,4 MILLÓNS € PARA INVERSIÓNS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA



  • ·       51,7 millóns proceden da incorporación de Remanentes
  • ·       E 41,7 son para Gastos Correntes dos concellos, investimentos neles e transferencias

A Deputación de Pontevedra destina, nos presupostos que mañá serán aprobados inicialmente, a cantidade de 93,4 millóns de euros para inversións nos concellos da provincia.
A citada cantidade desglósase en dous grandes capítulos. Dunha banda, os investimentos xestionados para concellos procedentes da incorporación de Remanentes da institución provincial supoñen 51,7 millóns. E, doutra banda, a cantidade procedente de Gastos Correntes para concellos, Investimentos neles e Transferencias para eles suponen unha cantidade de 41,7 millóns.
Nos investimentos derivados da incorporación de Remanentes, destacan 12,4 millóns para estradas provinciais, 9,7 para o Plan de Investimentos (PID), 11,5 para desenvolver os proxectos municipais de DepoGap e DepoTic _a implantación da Administración Electrónica_, 12,8 millóns para o Plan de Obras e Servizos Municipais (POS) e 4,9 para instalacións deportivas e recreativas.
Pola súa banda, os investimentos xestionados pola Deputación para os concellos acadan a cifra de 26,4 millóns. Neste capítulo destacan melloras, proxectos e expropiacións en estradas provinciais (10 millóns), instalacións recreativas e de ocio (2,5) e obras en concellos (12,5 millóns). A cantidade restante (1,4 millóns) son inversións relativas a temas medioambientais, arqueoloxía e turismo.
Finalmente, os presupostos da Deputación de Pontevedra inclúen 15,3 millóns para Gastos Correntes e Transferencias para investimentos dos concellos en capítulos como servizos comunitarios básicos (2,2 millóns), Plan de Emprego (3,2), actividades (1), grupos de emerxencias, obras municipais, conservatorios, escolas de música, e outros.


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRETENDE QUE A PROVINCIA RECUPERE O LIDERADO FORESTAL, COA REPLANTACIÓN DE 4.000 HECTÁREAS DE MONTE


Da man da Fundación Española da Madeira, súmase ao proxecto El árbol es vida

·        Rafael Louzán incidiu na relevancia do sector, ao que cualificou de “vital para a economía da provincia”
·        Francisco Huidobro, presidente da Fundación, destacou que se trata dunha “iniciativa pioneira”
·        A de Pontevedra é a primeira Deputación que se adhire a este proxecto
·        “Trátase –afirmou Louzán- de recuperar a cadea de emprego e economía do sector forestal
A Deputación de Pontevedra toma de novo a iniciativa para que a provincia de Pontevedra recupere o liderado forestal e volva poñer en valor un sector que “resulta vital para a nosa economía”. Así o afirmou esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, no acto de sinatura do convenio coa Federación Española da Madeira (da que é membro Confemadera-Galicia) polo cal a Deputación se suma ao proxecto El árbol es vida.
Trátase, tal e como sinalou o presidente da Fundación, Francisco Huidobro Burgos, da primeira Deputación Provincial de España que se suma a este proxecto, co que se pretende plantar 10 millóns de árbores en toda España.
No caso de Pontevedra, o convenio establece como obxectivo replantar 4.000 hectáreas de terreo, aínda que a cantidade final dependerá das doazóns e patrocinios que se consigan.
A este respecto, Rafael Louzán incidiu en que a intención da Administración provincial é acadar cantas máis hectáreas e árbores plantadas mellor.
Con esta finalidade, a Deputación reunirase con empresas para captar donantes e patrocinadores, negociará con propietarios forestais a cesión de terreos, achegará as árbores destinadas á plantación da rede de viveiros que existe na provincia, responsabilizarase da redacción dos proxectos de plantación e da contratación dos traballos. Neste caso, á hora de resultar adxudicatarios das tarefas de plantación terán preferencia as empresas de inserción social, as persoas en risco de exclusión social e as empresas locais, xa que se trata de favorecer a xeración de emprego local.
Mecenado ambiental
Louzán incidiu en que as empresas patrocinadoras poderán desgravar do Imposto de Sociedades ata o 90% do importe doado a este proxecto, ao que se sumará o beneficio que, segundo recalcou o presidente da Federación Española da Madeira, obterán en termos de imaxe, visibilidade e publicidade.
Huidobro Burgos subliñou que El árbol es vida é un proxecto pioneiro en España e a primeira gran iniciativa de mecenado ambiental, dado que só houbo unha experiencia previa pero de moi curta duración.
O proxecto busca a alianza entre a iniciativa privada e a pública para poñer en valor a cultura da madeira e recuperar a capacidade de dinamización económica, social e ambiental que dá a explotación, conservación e mantemento do sector forestal, a maiores da súa contribución á prevención de incendios e á mellora ambiental.
Neste sentido, non só se trata de plantar 10 millóns de árbores, senón que crear explotacións forestais ben estruturadas e que sexan xestionadas de forma sostible. Os cálculos dos seus impulsores establecen que permitirá a creación duns 1.000 postos de traballo e permitirá a redución das emisións de CO2 en 2,2 millóns de toneladas en 40 anos.
Pola súa banda, o presidente da Deputación situou esta iniciativa na aposta que a Administración Provincial vén facendo polo medio ambiente e, especificamente, pola posta en valor dun recurso propio e no que a provincia é especialmente rica, como son os montes.
Este proxecto é outra das liñas que a Deputación impulsa para poñer en valor uns montes que, na actualidade, están en boa medida infrautilizados ou abandonados. Súmase así ao programa de eficiencia enerxética presentado onte aos concellos, que pode servir de estímulo para a explotación da biomasa en Pontevedra.
“Trátase –afirmou Louzán- de recuperar a cadea de emprego e economía do sector forestal”, nunha provincia na que este ten un gran peso.



viernes, 29 de noviembre de 2013

A DEPUTACIÓN BUSCA REDUCIR NUN MÍNIMO DUN 40% A FACTURA ENERXÉTICA DOS CONCELLOS, POR MEDIO DA INSTALACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA



O proxecto que lidera a administración provincial permitiría eliminar a emisión de 3.000 toneladas de CO2 á atmosfera

· Louzán destaca que se trata dun “plan ambicioso” que “non suporía custe” para os concellos
· A Deputación ten xa instaladas dúas caldeiras en Príncipe Felipe e o obxectivo é estendelo a todos os centros de titularidade provincial


Substituír por caldeiras de biomasa as 102 caldeiras de gasóleo que abastecen de calefacción e auga quente sanitaria a outras tantas instalacións de titularidade municipal permitiría aos concellos aforrar un mínimo do 40% da súa factura enerxética, ademais de reducir en 2 gigawatios a enerxía consumida e eliminar a emisión de 3.000 toneladas de CO2 á atmosfera.

Uns obxectivos ambiciosos que poden acadarse cun procedemento sinxelo e sen custe para os concellos, se estes se suman ao proxecto que a Deputación Provincial lle vén de presentar esta mañá aos 54 alcaldes e técnicos municipais de concellos de menos de 50.000 habitantes que na actualidade utilizan caldeiras de gasóleo.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, expúxolles aos rexedores locais o exhaustivo estudo realizado pola Administración provincial, segundo o cal a substitución das 102 caldeiras suporía un aforro mínimo de 800.000 euros ao ano.

Sen investimento por parte dos concellos
Louzán subliñou que a substitución das caldeiras non requirirá de investimento por parte dos concellos, dado que o asume directamente a Deputación por dúas vías: por medio da colaboración co INEGA e con financiamento privado a través da adxudicación do proxecto a unha empresa de servizos enerxéticos por medio de concurso público.

Este é o mesmo modelo que se está a aplicar en Príncipe Felipe, onde se instalaron dúas caldeiras de biomasa que se abastecen de astilla e que os rexedores municipais tamén tiveron ocasión de visitar esta mañá para comprobar o seu funcionamento.

Segundo subliñou Rafael Louzán, o plan de eficiencia enerxética de Príncipe Felipe, que foi adxudicado á empresa Valoriza, está supoñendo uns aforros de entre o 60 e o 70% da factura e a intención é estender este modelo ao Pazo Provincial e ao Edificio Administrativo e, posteriormente, a todos os inmobles da Deputación.

A capacidade de aforro das caldeiras de biomasa foi corroborada polo rexedor local de Coca (Segovia), Juan Carlos Álvarez, que lle expuxo aos alcaldes as vantaxes acadadas no seu concello coa substitución das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa; e polo presidente da Asociación Española para a Valorización Enerxética da Biomasa (AVEBIOM), Javier Díaz González, que lembrou que, ademais das vantaxes ambientais e de aforro económico, a aposta pola biomasa é tamén un camiño idóneo para reducir o déficit das administracións públicas (ao reducirse a dependencia externa) e para a xeración de emprego local.

No caso do concello de Coca, a substitución de 8 caldeiras permitiulles un aforro do 86% da factura enerxética, ademais de poñer en valor os seus montes (de titularidade municipal), dado que toda a astilla que consumen as caldeiras é de produción propia.

Xeración de emprego local
Este foi precisamente un dos factores nos que tamén incidiu o presidente da Deputación, ao lembrar que Pontevedra é unha das provincias con maior potencial forestal de España e, en consecuencia, con mellores condicións para a xeración de biomasa e, non entanto, sitúase “en postos de cola” no uso deste tipo de enerxía.

Por iso, reiterou na necesidade de que as administracións dean exemplo para sacarlle proveito a “un recurso que temos no entorno no que vivimos, que é o monte e que se está desperdiciando”.

Neste sentido, lamentou que nestes momentos o subministro de astilla teña que vir de Lugo e amosouse confiado en que, co proxecto que lidera a Deputación, active a posta en valor do monte, dado que a biomasa xera 135 postos de traballo local por cada 10.000 habitantes, fronte aos 9 que xeran as enerxías fósiles.







Taller de fotografía Xoan Arco da Vella. 13 e 14 de Decembro en Barro, organizado pola AC Fervenza da Barosa.

Taller de fotografía Xoan Arco da Vella. 13 e 14 de Decembro en Barro, organizado pola AC Fervenza da Barosa.


Accidente con varios heridos en la carretera entre Barro y Curro

Una colisión frontal entre dos vehículos, registrada ayer a las 14.12 horas en la carretera entre Barro y Curro, a la altura del desvío hacia San Amaro, se saldó con varios heridos que tuvieron que ser hospitalizados. Tras el accidente, hasta el lugar acudieron varias ambulancias, así como agentes de Tráfico, quienes procedieron a cortar durante varios minutos el carril de circulación.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/11/29/accidente-heridos-carretera-barro-curro/923410.html 


jueves, 28 de noviembre de 2013

Accidente de dous vehículos no cruce da carretera de San Amaro (Conjusa) na Portela con feridos.

Hoxe á última hora da mañán na parroquia da Portela á altura da fábrica Conjusa, no cruce das estradas da Portela e San Amaro, produciuse un accidente que deixa feridos,

Ata o lugar desplazouse unha ambulancia medicalizada do 061 despois de ser alertado 112 Galicia.

No accidente víronse implicados dous vehículos, un Ford Mondeo e un Peugeot 206 Cabrio.

Non dispoñemos de máis información agora mesmo. En canto a teñamos irémola publicando.


Festas de Santo André de Valiñas. 30 de Novembro.

Festas de Santo André de Valiñas. 30 de Novembro.

O BARRO CF participa. O ORGANISMO PROVINCIAL REALIZOU O SORTEO COPA DEPUTACIÓN NO QUE PARTICIPAN 65 EQUIPOS



·       A Deputación dota de 80.000 euros a esta competición, que se distribuirán en función dos partidos celebrados por cada equipo

O organismo provincial realizou hoxe o sorteo dos equipos que participarán na “Copa Deputación de Pontevedra”. Son 65 clubes pertencentes ás categorías de terceira división, preferente, e primeira, segunda e terceira autonómica.

A Deputación dota de 80.000 euros a esta competición, que se distribuirán en función dos partidos celebrados por cada equipo. A competición se disputará polo sistema de eliminatorias a un so encontro celebrándose en todas eliminatorias no campo de fútbol de menor categoría e no caso de coincidencia, no citado no primeiro lugar.

A Final se celebrará na data a determinar pola Deputación e a Federación Galega de Fútbol e os Clubes contendentes. En caso de empate se resolverá o mesmo mediante regramentario lanzamento de penaltis, incluída a Final.

En canto aos participantes, os clubes presentarán para cada encontro 16 xogadores como máximo coa posibilidade de realizar 5 cambios en cada partido (todos os xogadores que interveñan no certame deben estar regramentariamente inscritos nos seus respectivos Clubes). No relativo á arbitraxe, serán designados polas delegacións do Comité Territorial Gallego de Árbitros de Pontevedra e Vigo, segundo corresponda.



A DEPUTACIÓN BUSCA FINANCIAMENTO EUROPEO PARA AMPLIAR O PROXECTO VIÑAS ATLÁNTICAS ÁS 5 SUBZONAS DA D.O. RÍAS BAIXAS DA PROVINCIA


Rafael Louzán reuniuse onte cos adegueiros para explicarlle o proxecto
·        Os adegueiros amosaron un grande interese nos dous aspectos principais do proxecto: o referido á xestión das explotacións e o específico de control das pragas
·        Louzán subliñou o “gran éxito” do programa e incidiu na notable redución do uso de produtos fitosanitarios que permite
·        A vindeira semana a Deputación porá en marcha unha nova ruta do viño no Condado
A Deputación de Pontevedra solicitará financiamento do programa Life da UE para unha segunda fase do proxecto Viñas Atlánticas, co obxectivo de estendelo a toda a provincia e darlle cobertura a todos os viticultores das cinco subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Así llo comunicou onte pola mañá aos adegueiros da provincia, cos que se reuniu no Edificio Administrativo para darlle a coñecer o proxecto.
Rafael Louzán valorou o “gran éxito” do programa e incidiu na utilidade da plataforma creada no marco de Viñas Atlánticas á hora de minimizar o uso de produtos fitosanitarios, algo que reporta uns notables aforros económicos e tamén ambientais.
Así, afirmou que o obxectivo é que este proxecto, agora circunscrito á zona de O Salnés e Soutomaior (aínda que conta cun perfil público con certas utilidades para o público xeral) e desenvolvido pola Deputación da man das cooperativas Paco & Lola, Condez de Albarei e Martín Códax, “se abra a aqueles que non están nas tres cooperativas, para que calquera viticultor se poida adherir a este sistema”.
Interese xeralizado entre os adegueiros
No transcurso da xuntanza, os adegueiros amosaron un elevado interese nas aplicacións e ferramentas creadas no marco de Viñas Atlánticas, tanto no que respecta aos instrumentos destinados a unha xestión máis eficaz das explotacións como na parte específica orientada á redución da aplicación de produtos fitosanitarios por medio dun sistema de modelado matemático que permite coñecer o risco de aparición de enfermidades (fundamentalmente mildiu) e establecer o mellor momento para tratar as viñas.
Esta predición realízase en base ás estacións meteorolóxicas instaladas nas parcelas do Salnés, á situación concreta do fungo, ás condicións do viñedo e, incluso, aos tratamentos previos que se teñan dado na parcela.
Con estes datos, ofréceselle aos viticultores un aviso do risco de que a súa parcela sexa atacada polo mildiu, indicándolle se convén ou non dar tratamento. Desta forma, redúcense as aplicacións de fitosanitarios ao mínimo necesario.
De feito, os 450 viticultores que participaron no proxecto en 2012 rebaixaran a aplicación de fitosanitarios entre un 15 e un 20%, porcentaxe que este ano se superará sensiblemente.
Cobertura das 5 subzonas
Aínda que na actualidade xa existe un perfil público ao que todos os viticultores da provincia poden acceder, para obter información e recomendacións exactas e concretas para cada parcela, é preciso estender a rede de sensores meteorolóxicos e lograr a implicación dos produtores e técnicos, que son os que deben incluír os datos particulares da viña –tratamentos, tarefas de poda, aboado, …- no libro dixital de explotación, dado que algúns deles son fundamentais para o cálculo da necesidade ou non de tratamento (dado que, por exemplo, pode que na zona da parcela haxa un elevadísimo risco de mildiu, pero que a viña en cuestión fose tratada uns días antes e aínda lle dure a protección).
Por iso, a Deputación optará a unha nova fase deste proxecto na nova convocatoria do programa Life, co obxectivo de acadar o financiamento necesario e darlle cobertura ás 5 subzonas da D.O. Rías Baixas existentes na provincia: Ribeira do Ulla, Val do Salnés, Soutomaior, O Rosal e Condado do Tea.
Ruta do viño do Condado
Rafael Louzán aproveitou tamén para anunciar a inminente posta en marcha, por parte da Deputación, dunha nova ruta do viño nas comarcas de O Condado.
O presidente da Administración provincial incidiu en que a nova ruta, que se presentará no mes de decembro e que terá como base Ponteareas, vai permitir que, ao igual que xa se está facendo en O Salnés, tamén O Condado se beneficie dunha maior proxección turística co viño e a cultura vitivinícola como base.


Xunta de Galicia:COMPARTE SAUDE.DOA SANGUE.SEMANA 25 NOVEMBRO Ó 30 DE NOVEMBRO 2013.PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Seguindo coa nosa colaboración co Centro de Tranfusión de Galicia, dentro da campaña "COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE", publicamos a ubicación das UM de Doazón de Sangue para esta semana. E xa sabedes, doade sangue.É compartir saude.