MIL TITULADOS ESTÁN XA INSCRITOS PARA AS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS, QUE MANTÉN ABERTO O PRAZO ATA O 12 DE NOVEMBRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

domingo, 10 de noviembre de 2013

MIL TITULADOS ESTÁN XA INSCRITOS PARA AS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS, QUE MANTÉN ABERTO O PRAZO ATA O 12 DE NOVEMBRO


A Deputación cubrirá todos os custes salariais dos bolseiros, así como os de recoñecemento médico e formación en prevención de riscos
Mil mozos e mozas titulados están xa inscritos para acceder ás bolsas do Plan de Práctica Laboral en empresas posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Os bolseiros teñen de prazo ata o vindeiro 12 de novembro para presentar as súas solicitudes e acceder a unha das 424 bolsas convocadas, que lle darán acceso a un ano de traballo nunha das 379 empresas que participan no programa.
A Administración Provincial, tal e como anunciou esta mañá o seu presidente, Rafael Louzán, non só cubrirá todos os custes laborais dos bolseiros, senón que tamén sufragará os gastos dos recoñecementos médicos e dos cursos de formación en prevención de riscos laborais que deben realizar.
A necesidade de cubrir estes gastos púxose sobre a mesa na xuntanza que onte mantivo Rafael Louzán cos responsables das empresas participantes no plan, na que o titular da Deputación pediu a “confianza” dos empresarios nesta administración á hora de adecuar o perfil dos bolseiros ás necesidades da empresa.
Nesta liña, o presidente da Deputación amosouse convencido de que se cubrirán con éxito todas as prazas (malia que hai casos coma os de técnicos informáticos para os que se solicitan 8 bolseiros e só hai 1 inscrito nas oficinas de emprego da provincia) e o programa rematará coa contratación laboral de bolseiros.
Na xuntanza, tamén se lle explicou ás empresas que no caso de que o bolseiro que se lle adxudique renuncie á praza, o posto será cuberto polo seguinte aspirante a ese mesmo posto e que quedara en lista de espera, mentres que se é a empresa a que renuncia ao bolseiro, este poderá ser recolocado noutra se hai un posto que se adapte ao seu perfil.
En canto á posibilidade de que algún posto quede sen cubrir por falta de candidatos co perfil demandado, a empresa afectada poderá elixir outro perfil, sempre e cando corresponda cunha das titulacións para a que se convocaron prazas.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario